Paises Comunistas
xabis16 de Abril de 2014
1.090 Palabras (5 Páginas)368 Visitas
¿Os ideais comunistas de Marx utilízanse nos países comunistas?
Actualmente só hai catro países que se declaren abertamente comunistas, istos son China, Vietnam, Corea do Norte e Cuba. Neste traballo quero responder á pregunta sobre si as nacións que din ser comunistas, actúan coma tal. Os países comunistas en sí, na actualidade non existen, poderse dicires que o derradeiro fin do comunismo foi a caída do muro de Berlín e da URSS. Debido á caída da URSS, os partidos comunistas do mundo enteiro aturaron grandes reformas. A maioría destes partidos pasaron a seres socialistas, que ten ideas semellantes ao comunismo.
¿Cales son as bases do comunismo? :
• ““As condicións materiais e económicas determinan a estrutura social e política dunha comunidade.
• A industrialización provoca o triunfo e dominio da burguesía, pero tamén o desenvolvemento de proletariado, numeroso e sometido.
• Toda a historia da humanidade é unha loita de clases, de oprimidos contra opresores. Esa loita de clases é a que debe transformar o sistema vixente. Na sociedade industrial, as clases enfrontadas son a burguesía e o proletariado.
• Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e conquistar o poder mediante a revolución
• Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando a propiedade privada, e os medios financeiros e de produción, que pasarán ao estado.
• Unha vez eliminadas as condicións que permiten o dominio da burguesía e que toda a produción estea concentrada en mas do estado, desaparecerás as diferenzas de clase e opresión, quedando establecida a nova sociedade comunista””
• Teoría do valor-traballo: catro conceptos distintos de valor: individuais (serve para comparar o valor directo e o valor de produción), directos (só ten en conta a competencia intrasectorial), de produción (ten en conta a competencia intrasectorial e intersectorial) e efectivos (o prezo da realidade mercantil).
• O home fai a relixión, a relixión non fai ao home
• Materia é una categoría filosófica que denota a realidade obxetiva, a cal é dada ao home a través de sensacións, e a cal é copiada, fotografada e reflexada por as nosas sensacións, mentres que existe independentemente destas.
China: Cada vez estase a afastar máis e máis dos ideais comunistas, estase a facer un oco nos grandes mercados mundiais. O benestar social está moi deteriorado e a educación e a sanidade é para moita xente, nula. O nivel de vida é moi baixo, a educación é privada e os nenos teñen que traballar para poder pagala. A xornada de traballo anda entre as dez e as doce horas diarias. A liberdade de expresión non existe, os medios informativos non poden publicar todo o que eles queren. A nivel cultural todo ten que pasar polo ollo vixía do goberno. Polo PIB é a segunda potencia mundial e a primeira con maior crecemento económico. A privatización está ao orde do día e non existe a propiedade colectiva. Militarmente China non segue ao Imperialismo e non invadiu nin invade países africanos en busca de petróleo e outros elementos. China atópase bastante afastada da ideoloxía que transmitiu Marx e Engels.
Vietnam: só ten un 2% de tasa de desemprego, é un dos países con maior crecemento económico. A educación é pública e gratis, cada vez o porcentaxe de nenos non escolarizados é menor cada ano. Aínda que existe un alto nivel de censura por parte do goberno. O índice de pobreza é do 15% e o de pobreza extrema dun 2%. O sector privado ten moito influxo na economía do país. Non é
...