ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Vida Das Mulleres Na Galicia Medieval


Enviado por   •  13 de Diciembre de 2011  •  1.772 Palabras (8 Páginas)  •  815 Visitas

Página 1 de 8

A VIDA DAS MULLERES NA GALICIA MEDIEVAL

INTRODUCIÓN

Antes de encamiñarnos a facer unha historia das mulleres na Galicia da Idade Media, debemos de explicar certos puntos. En primeiro lugar, que cómpre falarmos de mulleres, en plural, pola diversidade social que obviamente existe entre o sexo feminino. E en segundo lugar explicar a necesidade de facer historia explicitamente de mulleres, punto este bastante discutido e con diferentes visións dentro da historiografía actual. Non obstante, este deber noso de poñer á muller en pé de igualdade vese con grandes atrancos polas dificultades da propia investigación e estudo histórico. Hai unha inexistencia da muller no documento histórico, fonte que é sempre androcéntrica e con claros prexuízos cara o sexo oposto (teríamos que esperar ao século XII para ver un incremento na participación das mulleres -Cristina de Pizan). Este problema global da historiografía temos que matizalo aínda máis no caso galego, pois aquí vemos a practica total inexistencia de fontes, reducíndose estas ao ámbito legal e normativo.

CAPITULO I. O DEREITO E MAILA IGREXA.

A MULLER PERANTE AS LEIS:

Arrancamos dende o principio coa mala posición que ocupan as mulleres nos textos normativos de Alfonso X (Las Partidas, El Fuero Real e El Espéculo). Nestes textos incídese constantemente na inferioridade da muller no xeral, algo que se traslada a manifestacións concretas tales como a imposibilidade de testificar ou de testamentar (a muller herdeira de Eva e o seu engano). Tamén se incide na febleza da muller e na necesidade da titoría do sexo feminino (á necesidade de casar con consentimento, etc...).

En canto á educación, a muller desempeñará funcións moi determinadas e sempre de acordo ás etapas que se lle supoñen: a de virxe, a de casada e a de matrona (ligada esta última fase á reprodución). Desta forma encontrámonos coas diferenzas ao vestir dependendo da etapa da vida que ocupe unha muller (a cabeza cuberta como posesión do home, ou sen cubrir se está solteira). O home debe amar, gardar e honrar á súa muller, pois esta é unha prolongación do propio home.

A MULLER VISTA POR PENSADORES E CANONISTAS

Existe neste punto a mesma inferioridade ca explicada anteriormente. Os canonistas e homes da Igrexa farán unha interpretación das fontes bíblicas sempre tradicional e conservadora en canto ao sexo feminino, tratando sempre a muller como posíbel herdeira de Eva (que non olvidemos, sería creada cunha costela masculina). A lectura da igualdade que ofrece a biblia non ten consecuencias inmediatas, e as propias mulleres serían excluídas da propia Igrexa como institución, quedando sempre relegadas ao plano da clausura, da custodia (as mulleres son “mudables de corpo e inquedas de alma”), o que implica perfilárense como seguidoras da Virxe María e da propia virxindade, que é algo sagrado. Porén, hai que indicar que ademais destes dous posíbeis camiños, a Igrexa tamén perfila a figura intermedia de Magdalena, unida intimamente ao purgatorio.

En canto a esta discriminación e a explicación da mesma, varios pensadores ofreceron hipóteses como a da muller temida (Duby) ou a da impotencia masculina (Marta Madero).

A MULLER NA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

Pese aos intentos de buscar semellanzas entre a lírica galego-portuguesa e a lírica provenzal, neste punto debemos especificar determinadas diferenzas. A primeira é a inexistencia da muller casada na cantiga de amor (posiblemente algo causado polo sistema de parentesco existente na nosa terra). En segundo punto que nas nosas cantigas non existe o desafío e o duelo provenzal, senón o xogo amoroso e mesmo a submisión do trobador ante a muller (que é tratada de senhor). O terceiro punto é a existencia da coita, da dor de amor, fronte ao joi ou goce provenzal. A muller é pois obxecto de dependencia, febleza e inferioridade.

CAPITULO II. AS OPCIÓNS DE VIDA DAS MULLERES

O MATRIMONIO

Son fundamentalmente tres: o casamento, o convento ou a instalación na marxinalidade. Para o casamento, institución primordial para o mantemento das sociedades e do seu propio autogoberno, era necesario cumprir cun dote necesario. A partir do s.XIII é licito falar dun modelo matrimonial cristián que continuaría vixente ata entrada a Idade Moderna, no que a procreación ocupa a posición nuclear do mesmo, e o reparto de papeis se asemella a unha relación feudal de vasalaxe. Temos que indicar tamén a existencia de dous tempos no matrimonio: o contrato de casamento e as vodas, así como a confirmación do matrimonio como un instrumento de troco e alianzas entre grupos familiares. O camiño da anulación e a posibilidade de novas nupcias estaba reservado á incapacidade de procrear, mais a existencia das relacións extraconxugais era obvia e algo posíbel, sempre nun claro contexto de desigualdade entre sexos. Así pois, o matrimonio, o adulterio e o amancebamento serían os marcos de relación de parella nos que a muller sempre vai ocupar unha clara posición de inferioridade.

O CONVENTO

Ante a imposibilidade de casar (ben pola falta de dote ou outras causas) a solución fronte á non desexada solteiría será o ingreso no convento, ante o que tamén se necesita un dote, pero máis sinxelo de reunir (nos conventos entraban as mulleres das clases máis favorecidas burguesas, e raramente pobres e mozas humildes). Cómpre dicir, ante todo isto, que non sempre a opción conventual é unha elección non desexada, pois moitas veces o móbil desta escolla e a verdadeira vocación relixiosa. En canto ás regras polas que se rexían, facer fincapé no gran interese por garantiren o illamento

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (11.3 Kb)  
Leer 7 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com