ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

O Vixía No Centeo


Enviado por   •  17 de Marzo de 2012  •  604 Palabras (3 Páginas)  •  450 Visitas

Página 1 de 3

1. Describe a personalidade de Holden Caulfield apoiándote en detalles da súa relación con outros personaxes.

Holden Caufield, o protagonista do Vixía no centeo, demóstrame que é unha persoa moi envidioso pola razón de cómo describe a algúns rapaces. Polo que conta parece parece que non lle gusta o mundo, a xente…, é dicir, e chámalle a case todos fillos de puta e cando fala de compañeiros de colexios ós que foi, sempre ten que dicir algo negativo deles. Da única xente que falaba ben é dos seus dous irmáns, Alli e Phoebe. Sobre Alli sábese que está morto de leucemia e Holden, parece ser que o admiraba. Sempre tiña boas palabras para el, e tanto disgusto levou pola morte do seu irmán que fixo sangrar a súa man xa que os pais encerrárono no garaxe e comezou a romper cristais. A outra irmá, de 10 anos, era coa única que quería falar dende a súa marcha de Pencey. Sempre que Alli e el ían ó parque acompañábaos Phoebe, a irmá, e escoitaba todas as súas conversacións. El falaba de ela moi ben e dicía que bailaba ben, xa que para el as persoas que o facían ben eran boas persoas. A parte dos seus irmáns tamén lle gustaba Jane, unha rapaza que de vacacións vivía no piso do lado do de Holden e eran bos amigos.

Unha cualidade da que destaca ben é a de ser mentireiro. En case todas as situacións na que se encontraba tiña que inventar unha troula. El xa admitía esta cualidade. No texto aparecen moitas referencias sobre isto, por exemplo, cando no tren coñece a nai dun compañeiro seu e este invéntalle o nome de Ruddolf e en varias situacións cambia de nome. Pero a mentira máis grande para min foi os días que marchou do instituto antes das vacacións e non foi a súa casa ata o mércores, o día que comezaban estas, para que os seus pais non se enteraran.

No texto o que máis se demostra del é a súa xenreira ó colexio e ós seus compañeiros. Xa no comezo do libro comeza explicarnos que imaxe da Pencey ós demais e a realidade desta escola. Polo que se vía non era moi bo nos estudos e só o era en inglés., xa que dera varias cousas noutras escolas. De cinco asinaturas deixou catro agás inglés. Por iso o director de Pencey tiña decidido votalo pero a el non lle importaba porque non lle gustaba estar alí, ata intentaba pensar nos bos momentos a ver se sentía pena, pero o seu aborrezo polos estudos e a escola en si supera eses momentos. Aínda que fora unha persoa que non lle gustaba a maioría da xente debía ser unha boa persoa e ata se levaba ben con algúns mestres como o Mr. Spencer e o Mr. Antolini, aínda que cando se encontra con eles, ó final ten ganas de marchar de onda eles.

Por último, cabe rematar que aínda que fose un adolescente de fai 50 anos, pola súa forma de pensar e a súa actitude, adaptaríase ben a nosa época. Non era un deses rapaces obsesionados o sexo como o eran Standlater e Ackley, aínda que tamén lle importaba.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (3.3 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com