Resumen Beleza Vermella
Jaime Romero MartínezResumen20 de Octubre de 2022
654 Palabras (3 Páginas)1.792 Visitas
Beleza Vermella
Esta historia trata temas como o asasinato, os segredos, as relacións familiares, celos, envidia, odio, amor, arte...
A historia está ambientada durante os anos de publicación e transcorre en Galicia, Santiago de Compostela e tamén A Coruña.
Nesta historia, hai dous narradores, un en primeira persoa, Lia Somoza, unha recoñecida pintora e artista a cal transmite os seus sentimentos e pensamentos e outro en terceira persoa que nos presenta aos diferentes personaxes e informa sobre moitos demais detalles e vivencias.
Na introducción, o narrador comeza presentándonos a morte de Xiana Alen Somoza, unha nena de quince anos, que, castigada na súa habitación a noite de san Xoan, aparece morta chea de sangue no seu Chalet das Amapolas, unha urbanización as aforas de Santiago. Quen a atopou primeiro, foi a súa tía, Lía Somoza, a famosa pintora, quen quedou totalmente en shock e aturdida tras coñecer esta noticia. Esa noite, atopábanse celebrando o San Xoan, os pais da rapaza, Teo Alén e Sara Somoza, a súa tía e xemela de súa nai, Lía Somoza, a avoa, Amelia, e unha parella, Iñes Lozano e Fernando Ferreira, quen fora profesor de Xiana. Isto o empregan de base axentes encargados do caso, o inspector Santiago Abad e a oficial Ana Barroso.
No nó, comeza a investigación, debido a o estado do cuarto onde foi cometido o crime, o cal parecía unha especia de cadro artístico, as sospeitas inclínanse hacia a súa tía, Lía, quen a atopou. Con istas acusacións e como Sara pensaba que fora Lía quen matara a súa filla, non aguantou e intentou suicidarse días despois, máis non o conseguiu e a levaron a ser tratada nun psiquiátrico, onde o tratará Connor Bregan, o cal non termina de creer que fose Lía a asasina.
Os axentes, trataron de sacar información dalgunha maneira dos pais, mais non foron capaces, seguiron a súa investigación e Ana descubriu que a escena da morte de Xiana, semellábase a un dos cadros da avoa da falecida, e que esta, pasara por unha etapa na que tiña unha obsesión coa cor vermella nas súas obras. Mentras Santi foi a interrogar a posibles sospeitosos ou testigos, coma os veciños, máis estes non aportaron nada á súa investigación. Seguían os días de investigación e ocorre algo sorprendente, Amalia, a súa avoa, remata ca súa vida e suicidase, no acto, deixa unha carta onde conta que foi ela que matou a súa neta. Aínda así, estas afirmacións non sonaban nada creíbles, e, inda que aparentemente o caso deberia pecharse, non o foi, xa que Amalia tiña a súa movilidade reducida e sería moi complicado que fose capaz de acabar ca vida dunha rapaza e non deixar probas. Para os medios de comunicación o caso estaba finiquitado, máis non era así, os dous axentes, continuaron investigando o caso en segredo. Ata ese momento, Lía xa tiña avanzado bastante co seu psiquiatra Connor e este decide devolvela á súa vida normal. Connor, tivo un accidente e matou ás súas fillas por conducir ebrio, polo que comprende a Lía.
Pasados os días, investigando o diario de Xiana, averdugan que a rapaza estivera a manter unha relación con Fernando, seu profesor, polo que comezan a focalizarse en Inés, a muller de Fernando. Inés confesa que se decatara do falecemento da rapaza antes co resto, mais que calou por medo. Con isto, Continúan buscando e dan coa posibilidade de que pode que a última mensaxe de Xiana non o enviara ela, senón o asasino. Ao día seguinte, Lía, tras unha discusión coa familia Alen Somoza, volve a intentar suicidarse, tamén sen éxito. Desta maneira, grazas as cámaras de seguridade, conseguen chegar a conclusión de que a responsable do acto foi Sara, a súa nai, coa única intención de acabar con Lía, a súa irmá, xa que esta sentía envidia e celos de ela. Esto o confesou pensando que Lía suicidarase definitivamente, mais como non fora así, Lía acabou por enterarse das intencións da súa irmá.
...