Fundamentos da Economía
Zoe FerreirosApuntes23 de Diciembre de 2019
12.832 Palabras (52 Páginas)178 Visitas
ECONOMÍA
- CONCEPTOS BÁSICOS DE ECONOMÍA
Tema 1. Definicións, indicadores e magnitudes básicas en Economía
- A ECONOMÍA E A EVOLUCIÓN DO PENSAMENTO ECONÓMICO
Tema 2. A economía Clásica
Tema 3. A economía Marxista
Tema 4. A economía Neoclásica
Tema 5. A economía Keynesiana
Tema 6. A economía Schumpeteriana
- A NOSA CONTORNA ECONÓMICA
Tema 7. A economia galega contemporánea: mudanzas estruturais e situación actual Tema 8. A situación económica na actualidade: consecuencias da crise na economía galega, española, europea e mundial.
- O SECTOR DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA
ECONOMÍA
Tema 9. A sociedade da información e as industrias culturais: aspectos básicos
Tema 10. O sector da información e a comunicación na economía galega e española
Tema 1: DEFINICIÓNS, INDICADORES E MAGNITUDES BÁSICAS EN ECONOMÍA.
A) CONCEPTO
A economía é a ciencia que estuda ás persoas e ás sociedades, centrada no comportamento individual e tendo en conta factores non só económicos (economía política), senón que tamén ten en conta elementos culturais (hábitos, costumes, etc.). Por iso, plánteouse o seu carácter científico:
PENSAMENTO CLÁSICO: que atende ao período comprendido entre finais do século XVIII e o século XIX, así como ás teorías recollidas en “Riqueza das nacións”, de Adam Smith. Enténdese a economía no período clásico como unha ciencia que estuda os factores que inciden no crecemento económico e na distribución da riqueza.
Desde o punto de vista marxista, a economía política é a ciencia que estuda as leis que rigen a producción, a distribución, circulación e o consumo dos bens materiais que satisfacen as necesidades humanas. O foco de interese é explicar a riqueza dos países e a distribución da riqueza entre as distintas clases sociais, en conxunto. Os bens materiais son desiguais aos servizos, que non eran importantes, non tenían valor nin atención
ENFOQUE NEOCLÁSICO: Establece a definición máis extendida atende ao período que comeza a finais do XIX e se estende ata a actualidade. Atende á definición estándar do que é a economía, que Robbins define como: ciencia que analiza o comportamento humano ante a relación entre uns fins determinados e uns medios escasos que teñen usos alternativos.
Enténdese este enfoque cos axentes económicos como suxeitos que esixen unha elección, que ao seu tempo se ve influída por un obxectivo, que é maximizar a utilidade e satisfacción ou beneficios, e unha restricción (medios escasos).
Illa de todo elemento social e cultural. A unidade de análise é o individuo ou axente individual (inclúese empresa). Esta definición levou ao economicismo ou imperialismo económico, é dicir, á imposición desta maneira de entender a economía sobre outras ciencias sociais. Polo tanto, a análise custo-beneficio é levado a outros campos.
B) INDICADORES PARA MEDIR O CRECEMENTO ECONÓMICO
O indicador máis común para medir a riqueza dos países e o Produto Interior Bruto (PIB). Mide o valor de mercado de todos os bens e servizos finais (destinados ao consumidor final) que se producen no interior dun país no período dun ano, sen importar a propiedade dos medios de produción. O PIB per cápita é o PIB do país dividido entre a poboación do mesmo, que xunto a este último indicador permite a comparación da riqueza entre países. Pola contra, o PNB recolle o valor dos axentes nacionais (ex.: non recolle a produción de Pescanova no estranxeiro). (Desde un punto de vista clásico a riqueza dun país depende da súa capacidade de producir.)
Considérase de maneira habitual que o PIB non consegue medir o benestar ou riqueza dun país.
Desenvolvéronse outros indicadores críticos co anterior concepto. Un exemplo é o IDH (Índice de Desenvolvemento Humano) que ademais de considerar o PIB per cápita, incorporan aspectos sanitarios ou de saúde (esperanza de vida ao nacer) e de educación (anos medios de escolarización).
Pódese calcular o PIB dende distintas perspectivas: a da oferta, a da demanda e a das rendas. Dende a perspectiva da oferta fai referencia aos axentes que ofrecen productos ao mercado, calcúlase como a suma do valor engadido dos axentes produtores.
Dende a da demanda, atende á suma dos distintos compoñentes da demanda final (axentes que demandan productos do mercado) (consumo nos fogares, empresas que fan investimentos, administración pública), tendo en conta a demanda externa.
Dende a das rendas, calcúlase mediante a suma a renda do traballo (salarios) e a renda do capital (beneficios empresariais).
O crecemento do PIB no período dun ano fai referencia á diferenza entre o valor económico dos bens producidos a 31 de decembro dese ano e o valor económico dos bens e servizos producidos a 31 de decembro do ano anterior. Débese ter en conta a variación de prezos que experimenta a economía nese ano. A avaliación do PIB xorde da diferenza entre o PIB final e o PIB inicial, dividida pola inicial, e multiplicado o conxunto por cen. APIB = [(PIBt1 – PIBt0) / PIBt0] x 100.
A variación interanual fai referencia a como evoluciona o PIB en relación á mesma data do ano anterior.
Crecemento económico vs. Desenvolvemento económico. O crecemento económico atende unicamente ao
PIB e o seu crecemento (afirmación que se ten cuestionado por aspectos en relación coa sustentabilidade (ex.: crecente tendencia á economía medioambiental e/ou circular: reciclaxe de materiais en tódolos sectores económicos) trala catástrofe do Prestige houbo que mobilizar unha grande cantidade de recursos económicos, polo que medrou o PIB); o desenvolvemento, pola contra, implica a mellora de outras moitas variables (educación, sanidade...), sendo un proceso máis de medio e longo prazo.
Para medir o crecemento económico temos que expresar o valor do PIB en termos reais (PIB expresado en prezos constantes; ten en conta a variación dos prezos) e non en termos nominais (PIB expresado en prezos correntes).
Para poder comparar países e mesmo rexións (inda que neste último caso non hai datos), non podemos utilizar unicamente o PIB per cápita, posto que temos que ter en conta as diferenzas no nivel de vida de cada país. Para iso, calculamos o PIB per cápita expresado en Paridade de Poder de Compra, que aplica un índice que dá conta da diferenza de prezos entre os mesmos cestos de compra en diferentes países.
O crecemento da economía mídese tomando como referencia a tasa de variación do PIB, pero hai que expresar esta variación do PIB en términos reais e non nominais (descontar o efecto da variación dos prezos, conocido como deflactor do PIB). O seu cálculo realízase anual e trimestralmente ou tamén por variación interanual (entre os trimestres de 2 nos diferentes):
O PIB per cápita emprégase para medir e comparar o nivel de riqueza dos distintos países e rexións. Primeiro hai que expresalo nunha moeda común ou de referencia, é decir, homogeneizalo. Pero para poder comparar países e mesmo rexións non podemos usar únicamente o PIB per cápita, posto que temos que ter en conta as diferenzas no nivel de vida. Para iso, calculamos o PIB per cápita expresado en paridades do nivel de compra (índice que da conta da diferenza de prezo).
*Paridad: valor que ten unha moeda respecto doutra ou da unidade de referencia.
C) INDICADORES DE PREZOS E INFLACCIÓNS
O prezo é o valor monetario que se lle aplica a un ben ou servizo.
A inflación é, en economía, un aumento sostido e xeralizado do nivel de prezos de bens e servizos medido fronte a un poder adquisitivo estable. Mídese mensualmente. É consecuencia en moitas ocasións do crecemento económico, sempre ante o temor de que se disparen os prezos. O indicador máis utilizado para medila é o IPC (Índice de Prezos de Consumo), que mide o custe medio ponderado dunha cesta fixa de bens xeralmente adquiridos por un consumidor medio. No IPC considéranse só bens de consumo (arrendar unha vivenda), non bens de investimento (mercar unha vivenda). A taxa de inflación é o incremento porcentual do IPC nun determinado de tempo. O deflactor implícito do PIB...
A deflación, por contraposición, é unha caída xeralizada do nivel dos prezos. Considérase un proceso negativo.
D) INDICADORES DE MAGNITUDES DO MERCADO DE TRABALLO
Dende o punto de vista laboral, a poboación dun país ou territorio determinado divídese entre: poboación en idade laboral (+16 anos) e poboación en idade non laboral (-16 anos). A que se atopa en idade laboral pode ser: activa (maior de 16 anos, está dispoñible e fai xestións/está en disposición de incorporarse ao mercado laboral – pode ser ocupada (persoas que durante a semana referente tiveron traballo ben po conta propia ou allea. Ou parada (persoas que durante a semana referente non traballaron, pero estiveron disponibles para ello ou estiveron na búsqueda de traballo.) ou inactiva (maior de 16 anos que se atopa nas seguintes situacións: estudantes, pensionistas, xubilados, incapacitados, traballadores do fogar, poboación que non procura traballo). A EPA (Enquisa de Poboación Activa) segue un estrito (?) criterio. Publícase trimestralmente, realizado por institucións como o IGE (nivel nacional, autonómico e provincial) ou INE (Instituto Nacional de Estatística).
...