ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Historia Económica. Cuestionario.


Enviado por   •  26 de Febrero de 2016  •  Tareas  •  664 Palabras (3 Páginas)  •  256 Visitas

Página 1 de 3

Práctica 1. Historia e Historia Económica: caracterización e función.

1. Qué é a Historia? Cal é o seu obxecto? Cal ou cales son os seus suxetos?

A historia é a ciencia social que estuda os acontecementos pasados da humanidade que marcan o seu desenvolvemento desde os orixes ata a actualidade co fin de coñecer os feitos pasados, entender o presente e situarse no futuro. O suxeto da historia é a sociedade, de forma colectiva ou individual, xa que son as acción que unha persoa ou un grupo de persoas levan a cabo as que van constituíndo a nosa historia.

2. Qué feitos son relevantes para a Historia? Qué é un feito histórico?

Son relevantes para a historia aqueles feitos que dalgún xeito marcan o desenvolvemento dunha sociedade e que son considerados polos historiadores como relevantes. Polo tanto, un feito histórico é aquel un acontecemento do pasado que os historiadores consideran relevante.

3. As fontes históricas: Cómo se coñecen os feitos históricos? (o problema das fontes)

As fontes históricas son todos os testimonios que permiten reconstruir, analizar e interpretar os feitos históricos. O problema das fontes históricas é que unha vez que se atopan estes testimonios non é suficente crelas sen máis, senón que hay que comprobar a súa autenticidade posto que algunhas das cousas que se mostran poden ser falsas ou dar lugar a erros de interpretación.

4. As fontes da Historia Económica: cales son ou cales poden ser? As fontes da Historia Económica varían ao longo do tempo?

Pódense diferenciar entre distintos tipos de fontes históricas: orais, escritas (como os artigos de prensa, publicacións oficiais, etc.), materiais (como fósiles, ferramentas...) ou tamén vídeos e fotografías.

Co paso dos anos a tecnoloxía vai avanzando polo que tamén o fan as fontes das que obter información, posto que as novas tecnoloxías permítennos obter moitas máis fontes que hay miles de anos, onde as únicas fontes eran as orais.

5. É ou pode ser obxectiva a Historia?

A historia debe ser obxectiva dado que o seu fin e contar os feitos transcorridos no pasado. Sen embargo, dado que a historia non é só unha narración de acontecementos senón tamén unha interpretación dos mesmos, as interpretacións de distintos historiadores dun mesmo documento poden ser moi distintas debido a súa perspectiva persoal e cultural, educativa etc.

Co fin de obter unha maior obxectividade, lévanse a cabo continuas revisións das interpretacións entre distintos historiadores.

6. A Historía é unha ciencia? (si, non, por que?)

A ciencia é o conxunto de coñecementos

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (4.2 Kb)   pdf (56.6 Kb)   docx (10 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com