ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Topografia


Enviado por   •  9 de Noviembre de 2013  •  5.709 Palabras (23 Páginas)  •  216 Visitas

Página 1 de 23

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía.

SUMARIO

1.1. Topografía. Definición. Medicións para a representación gráfica de puntos e para o cálculo de superficies.

1.2. Clasificación dos ángulos. 1.3. Esquema de aplicacións ó campo profesional.

1.3. Unidades de medida usadas en Topografía 1.4. Fórmulas importantes a recordar.

Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.

Topografía de Obra. EC Profesor: José Antonio Pardiñas García.

TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 1

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

Con este Tema de Introducción o que se pretende é establecer unha dinámica de relación aprendizaxe / utilidade para provocar, dalgún xeito, a necesidade de saber, seguindo o esquema do Curso, que consiste en determinar: a) Que traballos se poden facer coa Topografía. b) Con que se fan (Descrición e manexo de aparatos). c) Como se fan (Explicación da Metodoloxía a seguir).

1.1 TOPOGRAFÍA:

1.1.1. Definición.

A palabra Topografía, composta de dúas palabras gregas,- topos = lugar e graphos = escribir- é a Ciencia que se ocupa da medida e representación gráfica dunha porción de terra limitada en extensión para que se poda considerar plana sin erros apreciables. Máis ampliamente, a Topografía estudia a Metodoloxía para a toma de datos en campo, os instrumentos e o seu manexo, e o conxunto de principios e procedementos para representar graficamente, con formas e detalles, naturais e/ou artificiais, unha parte da superficie terrestre, dabondo pequena, para que se poida considerar substituída polo plano tanxente á mesma no seu centro, sen erro apreciable. A Topografía considera a Terra plana, para determinacións planimétricas (forma, posición e dimensións), nuha extensión aproximadamente igual á dun triángulo xeodésico de terceiro orden. Un triángulo deste tipo ten uns lados cunha lonxitude entre 10 e 15 Km. O obxecto da topografía é establecer os COÑECEMENTOS, fixa-los MÉTODOS e ensina-la PRÁCTICA para conseguir a representación de determinadas zonas de terreo, con tódolos seus detalles. Os obxectivos da Topografía son moi variados e podemos esquematizar as partes que compoñen a súa docencia nos seguintes apartados:

• Coñecementos xeráis da materia. • Metodoloxía ou coñecemento científico dos procedementos de medición ou toma de datos

de campo. • Instrumentación: descripción e procedementos de uso dos aparatos para as medicións de

campo. • Metodoloxía ou coñecemento científico dos procedementos de cálculo, para a xestión dos

datos de campo e a xeneración dos resultados. • Sistemas de representación gráfica e interpretación para a elaboración da Cartografía.

Metodoloxía para os replanteos e as aplicacións. Este concepto clásico e parcial da Topografía foi perdendo parte da súa vixencia, co

Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Topografía de Obra. EC. Profesor: José Antonio Pardiñas García.

TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 2

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.

desenvolvemento de outras Técnicas coma a Fotogrametría, que permiten obter unha información moi precisa sobre grandes extensións, á vez que introduce unha documentación informativa complementaria, a través da imaxen, que posibilita a realización de cartografía temática máis rica que a que pode acadarse cun levantamento topográfico. Pero a aparición de instrumentos electrónicos como a Estación Total, que facilita enormemente a utilización de aplicacións informáticas e que introduce unha precisión nos traballos topográficos que, ata a súa aparición, na década dos oitenta, só estaba reservada ás técnicas da Xeodesia, devolven un papel trascental á Topografía, para tódalas medicións de detalle, para Cartografía de escala grande e, sobre todo para a execución de proxectos por medio do replanteo. Ademáis, cada vez existen máis programas informáticos de cálculo topográfico que realizan cálculos e axustes de gran precisión e dispoñen de potentes editores gráficos ou están asociados con programas de DAO, que permiten a elaboración de Cartografía a escalas grandes, axeitada para estudios de detalle, proxectos e preparación de replanteos. Ó longo dun Proxecto de Enxeñería a Topografía está presente de comenzo a fin. Vexamos, en Proxectos de Vías, Obra Civil, Concentración Parcelaria, Ordenación do Territorio, vemos a Topografía para:

• Cartografía de detalle a escalas grandes. • Cálculos e medicións de proxecto. • Replanteos. • Seguimento e execución da obra. • Control de calidade.

A necesidade da Topografía ven marcada polos diversos fins que persigue a actividade humana, en tódolos seus campos, tanto públicos , como privados, militares ou civís. En esquema, podemos ver as principais aplicacións:

 DEFENSA MILITAR. Servicio Xeográfico do Exército.  MAPA NACIONAL. Instituto Xeográfico Nacional.  CATASTRO. Fotogrametría. Parcelación.  CONSTRUCCIÓNS PÚBLICAS. Estradas. Aeroportos. Embalses.  CONCENTRACIÓN PARCELARIA.  EXPLOTACIÓNS MINEIRAS.  EXPROPIACIÓNS. Deslindes, etc...

Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.

Topografía de Obra. EC Profesor: José Antonio Pardiñas García.

TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 3

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (30 Kb)  
Leer 22 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com