ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Atención a las unidades de convivencia

Sabela019Apuntes16 de Enero de 2020

4.980 Palabras (20 Páginas)227 Visitas

Página 1 de 20

UNIDADE DE TRABALLO 1: UNIDADES DE CONVIVENCIA

QUE SON AS UNIDADES DE CONVIVENCIA?

As Unidades de Convivencia son espazos de socialización, humanización e de solidariedades interpersoais.

Conxunto de persoas que viven habitualmente baixo o mesmo teito e que poden estar ligadas ou non por lazos de parentesco, afectividade ou amizade.

Comparten un espazo común onde as interaccións entre os membros se producen de forma continuada.

características:

  • Todos os membros comparten un mesmo espazo físico
  • Cada membro debe ter o seu lugar
  • Cada membro relacionase cos demais formando o grupo convivencial
  • Cada membro e portador de moitas influencias que deben encarreirarse para manter o equilibrio da unidade de convivencia

Podemos diferenciar dous tipos de unidades de convivencia:

  • Aquelas nas que a convivencia depende da vontade das persoas
  • Aquelas nas que a convivencia depende da sociedade

CONCEPTO DE FAMILIA

A Organización Mundial da Saúde(OMS) di que a familia son os membros do fogar emparentados entre sí, ata un grao determinado, por sangue, adopción e matrimonio. O grao de parentesco dependerá dos usos os que se destinen os datos.

A efectos censuais defínese a familia como persoas vinculadas xeralmente por parentesco que fan vida en común e ocupan a totalidade dunha vivenda. Así a familia é unha institución transcultural cunha dobre función: a biolóxica da supervivencia e a sociocultural de transmisión de valores, coñecementos.

O análise da institución familiar, lévanos a 3 elementos clave do sistema familiar:

  • A estrutura familiar: Son os elementos que compoñen o sistema familiar e a vinculación entre eles e como se organizan.
  • A dinámica familiar: É a interacción (sentimentos, motivacións, calidade de comunicación, pautas de conduta, etc).
  • O ciclo vital; Son as distintas etapas da vida dunha familia e as crises que aparecen en cada unha delas.

 A FAMILIA COMO INSTITUCIÓN SOCIAL

A familia  ten como fin primordial a socialización dos seus membros, a autonomía e a identidade.

Podemos dicir, que satisfai as seguintes necesidades:  

  • Sexual: Encontro afectivo coa parella, ademais de ser a base reprodutiva.  
  • Económica: A familia desenvolve as súas capacidades e habilidades para satisfacer e manter as necesidades materiais.  
  • Educativa e social: Transmítese a cultura, os valores, as tradicións, as normas e os principios base para a integración na sociedade.  
  • Afectiva: Exprésanse sentimentos de amor, lealdade, e recoñecemento.  
  • De apoio e seguridade: A familia é o refuxio onde se atopa axuda nos momentos de crise

A familia cumpre unhas funcións básicas cara os individuos coma cara a sociedade. Cando estas funcións non se cumpren xorden unha serie de problemas: abandono dos fillos, malos tratos, hábitos inadecuados,etc. As funcións da institución familiar son:

  • Control: modo de impoñer un orden e unha disciplina que axude a conseguir as metas establecidas.
  • Asignación de roles: Cada membro ten un papel que cumprir
  • Resolución de conflitos: Poden xurdir por diferentes actitudes en canto a valores, regras ou normas introducidas polos membros da parella dende a súa familia de orixe, así como por unha comunicación inadecuada entre eles, etc.
  • Desenvolvemento persoal: Cada membro necesita que se lle proporcionen as posibilidades para desenvolverse individualmente.

EVOLUCIÓN DA FAMILIA

A evolución tanto económica como sociolóxica das sociedades determinou os cambios na vida social, laboral e familiar. O grupo familiar contemporáneo caracterízase pola súa continua renovación, debido aos cambios de mentalidade, a laicización da sociedade, a lexislación, a mobilidade laboral e xeográfica.

A familia tradicional caracterízase, pola existencia dunha estrita diferenciación de funcións baseadas no sexo e a idade dos seus compoñentes. O pai traballa fora da casa e a muller compaxina o coidado das persoas maiores coas tarefas domésticas.

Na familia moderna, os roles familiares son mais flexibles, a autoridade paterna e marital debilítase porque é compartida polos cónxuxes e prodúcese unha relación de igualdade entre o home e a muller.

A familia esta a sufrir importantes transformacións que afectan ao concepto de si mesma. Así o seu valor explicativo para a intervención social esta a perder forza, sendo substituído progresivamente polo novo concepto de Unidades de convivencia, que de algún xeito da cabida a todas esas situacións convivenciais difíciles de encaixar no concepto legal de familia.

As causas deste proceso de desinstitucionalización da vida familiar son diversas:

  • a) O nivel ético das relacións afectivas e de convivencia.
  • b) A democratización, flexibilización e negociación nos roles familiares.
  • c) A diminución e o atraso da nupcialidade.
  • d) A progresiva incorporación da muller ao mercado laboral remunerado.
  • e) Divorcio coma elemento regulador da vida en parella, co conseguinte incremento das familias monoparentais ou reconstituídas.
  • f) A caída da natalidade.
  • g) Maior permanencia da xente nova no fogar.
  • h) A maior autonomía dos anciáns.
  • i) Aumento dos fogares unipersoais.

 TIPOS DE FAMILIA

Na familia nuclear só entra o pai, a nai e os fillos que viven con eles. É o tipo de familia mais estendido en España. Dentro deste tipo de familia, atopámonos diferentes acepcións:

  • Familias cun só fillo
  • Familias numerosas (3 ou mais, 2, un deles con discapacidade, etc.),  
  • Familia uninuclear, referida ao matrimonio sen fillos ou que están emancipados.

A Familia extensa pode ser polinuclear, cando agrupa varios núcleos familiares ou cando conviven varias xeracións.Tamén pode ser ampliada cando se engaden outros parentes. Se encargan de realizar a maior parte das funcións asistenciais e educativas.

Familias agregadas: Parellas que conviven xuntas pero sen legalizar o matrimonio(parellas de feito).

Familias monoparentais: Convivencia dun só membro da parella (home ou muller) con fillos non emancipados. (por ex: nai solteira, divorciado/a, viúvo/a,etc.)

Familias educadoras: Persoa ou familia que realiza unha acollida familiar como medida de protección dun menor ou un maior.

Familias reconstruídas: Prodúcense por unha nova relación con outra persoa por un só dos cónxuxes, despois da separación. Nesta familia xúntanse fillos de diferentes pais, para facilitar a convivencia.

Familias monofiliares: Cando os fillos son adultos e conviven cos pais, ben porque opte por quedarse a vivir cos pais maiores, por falta de recursos económicos,etc.

FAMILIAS MULTIPROBLEMÁTICAS

Familias illadas: Non reciben axudas nin apoio por parte da súa familia extensa.

Familias excluídas: Fora do contexto social e institucional.

Familias desorganizadas: Caracterizadas pola falta de comunicación entre os membros, que produce unha disfuncionalidade nas relacións interpersoais.

A familia multiproblemática distínguese por unha serie de elementos:

  • Comportamentos problemáticos en dous ou mais membros da familia.  
  • Incapacidade para exercer os roles e as xerarquías.
  • Incapacidade parental no coidado filial, tanto nas necesidades básicas coma nas afectivas.  
  • Existencia de límites familiares débiles que fan a familia accesible a persoas alleas (veciños, amigos...), que acaban asumindo roles familiares.
  • Desenvolvemento de certos comportamentos sintomáticos (alcoholismo, drogadicción...)
  • A dependencia dos servizos ou profesionais externos.

Algúns Indicadores de familia multiproblemática

Indicadores básicos:

  • Illamento ou exclusión do entorno social e/ou comunitario
  • Dependencia de SS,SS.  
  • Relacións inestables cos diferentes servizos.
  • Existencia de expedientes e protección de menores ou xulgado.

Indicadores complementarios:

  • Economía somerxida ou actividades marxinais.
  • Violencia entre cónxuxes.
  • Deficiencias na administración económica.
  • Desorganización doméstica
  • Problemas coa xustiza.
  • Internamento dalgún menor ou cambios de tutela e garda.
  • Deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.

 POLÍTICAS FAMILIARES

As políticas teñen como obxectivo protexer, estimular ou reestruturar as formas particulares de vida familiar respondendo as súas necesidades e instalar á familia na axenda pública do sistema político. 

Políticas familiares en distintas rexións de Europa:

  • Os países escandinavos: Presentan unha política activa e diversificada, menos centrada na familia como grupo e mais sobre os dereitos e necesidades das persoas de maneira individualizada.
  • Países do sur: Predomina un modelo de familia nuclear, xogando un rol moi importante a muller nas redes de parentesco e solidariedade.
  • Países anglosaxóns: Corrente de pensamento liberal que considera que non se debe intervir nos espazos privados salvo en situacións de emerxencia. Non se desenvolveu unha rede de servizos públicos senón que imperan os servizos familiares en Organizacións Non Lucrativas.
  • Países francófonos: Desenvolveron unha política familiar a partir de axudas directas e a posta en marcha de múltiples servizos.
  • Países xermánicos: Desenvolven unha política familiar mais conservadora con menos posibilidades de conciliación entre familia e emprego.

 PROPOSTAS DO INSTITUTO DE POLÍTICA FAMILIAR

O obxectivo que se marca é: Impulsar o desenvolvemento de políticas públicas con “perspectiva de Familia” en Europa e implantar unha política integral de Familia de carácter universal.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (35 Kb) pdf (124 Kb) docx (24 Kb)
Leer 19 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com