ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

MAX SCHELER (1874 – 1928) (autor de entre séculos)


Enviado por   •  20 de Febrero de 2016  •  Apuntes  •  1.238 Palabras (5 Páginas)  •  249 Visitas

Página 1 de 5

TEMA 5

MAX SCHELER (1874 – 1928) (autor de entre séculos)

Crise neste período:

  • Crise das ciencias humanas e biosociais.
  • Crise das ciencias exactas.
  • Crise da cultura.

O paradigma obxectivista do XIX foi probado durante todo o século e acabou sendo rexeitado posto que este se dedicaba a estudar exclusivamente ó obxecto, sen prestar atención ó suxeito. Aparecen autores nos diferentes campos, por exemplo Hussel en Filosofía.

A situación foi de paz nos seguintes anos, polo que ninguén agardaba que no 1914 estallase a Primeira Guerra Mundial (até 1918). Este feito destruíu cidades, países, natureza... grazas ó uso da ciencia. Sempre se pensou que a ciencia traería a felicidade e comeza a cuestionarse o límite do ser humano, qué pode chegar a facer.

A razón (intelixencia) pasará a empregarse para contribuír co avance da ciencia (“razón instrumental” da Escola de Frankfurt). En Alemaña nace a Antropoloxía Filosófica Moderna (actual) grazas a Max Scheler, debido á necesidade de crear unha materia en Filosofía que trate ó ser humano como tal, e non desde un punto de vista, estético, ético, metafísico, etc.

                              [pic 1]

Cada nivel do esquema de Scheler está diferenciado por contar cunha estratexia vital distinta e añadida: (1) impulsos; (2) instinto; (3) memoria asociativa; (4)intelixencia práctica; (5) espírito.

A complexidade vai aumentando; súmase unha nova estratexia a cada nivel e tamén aumenta a intesidade dos que estaban.

Os seres vivos están en continuo cambio. Moitos dos cambios autoxenéranse (fisiolóxicos). Tódolos cambios se levan a cabo nun entorno físico, e teñen lugar tamén reaccións motivadas polo entorno. Estas reaccións teñen lugar porque a) o ser vivo percibe estas reaccións. Este b) procesa a información percetiva e en consecuencia c) actúa.

NIVEL 1

Os vexetais e o entorno están en contacto. Hai elementos do entorno que afectan ó vexetal, lle chama a atención, dáse conta, e reacciona fronte a este elemento. Isto é coma un proceso interno que acompaña sempre a materialidade do ser vivo.

Para el, tódolos seres vivos están conectados e todos teñen psiquismo. As plantas teñen impulsos, en forma de estratexia vital que lles permite reaccionar para sobrevivir. É un momento pulsional, simple, que non varía e ponse automaticamente en marcha ante un estímulo.

Este impulso vai en dobre dirección: parte da planta vai cara a luz (phototropismo) e a outra parte, a raíz, vai cara abaixo (xeotropismo).

A planta cando comeza a medrar, xermina, médralle un tallo, del saen follas, nas cales se realiza a fotosíntese (transfórmase materia inorgánica en orgánica). A raíz ha de estar húmida e nutrirse dos minerais que hai na auga.

O esquema do impulso vexetal resúmese como: a) ir cara o beneficioso e b) fuxir do perxudicial.

NIVEL 2

Animais invertebrados. Cando aparecen, xorde con eles a súa característica distintiva: os instintos, estratexia instintiva para a supervivencia e a reprodución. A finalidade dos instintos é a de perpetuar a vida do conxunto dos individuos da especie. Importa máis o conxunto que o individuo particular.

Tódolos individuos da mesma especie teñen os mesmos instintos, sen que poida haber diferenzas significativas entre os individuos no comportamento instintivo. Este hérdase, está determinado pola xenética do individuo, que se pon en marcha automaticamente.

Todo isto significa que a conduta dos individuos xa está deseñada, non require aprendizaxe. Aínda así, isto non quita que o instinto precise un certo tempo de práctica para realizar o movemento, ou o que sexa, correctamente. Pode ter éxito ou non o comportamento instintivo. Sempre sigue unha secuencia rítmica e é un comportamento ríxido, inalterable, inmodificable entre os individuos da especie. Os invertebrados son incapaces de aprender novos comportamentos de forma permanente.

NIVEL 3

Vertebrados. Os hábitos son condutas non naturais, non programadas xenéticamente, son adquiridas grazas a procesos derivados da experiencia, e que requiren tempo. Un proceso causa-efecto que se memoriza.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (8.1 Kb)   pdf (94.6 Kb)   docx (22.6 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com