ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Comentario Platon


Enviado por   •  31 de Marzo de 2013  •  1.299 Palabras (6 Páginas)  •  383 Visitas

Página 1 de 6

COMENTARIO DUN TEXTO FILOSÓFICO: TEORÍA POLÍTICA

CLARA ORTEGA FERNÁNDEZ

O autor do texto é Platón (s. V a.C – s. IV a.C), un dos filósofos mais ifluíntes na Historia. Foi discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles. Fundou a súa propia Academia en Atenas. Os textos platónicos caracterízanse por estar escritos en forma de diálogo, debido á forte influenza da maiéutica socrática.

Platón naceu en Atenas, unha das polis mais importantes da Grecia Clásica. As polis gregas xurdiron trala fundación de pequenas comunidades que foron evolucionando no s. VII a.C e que se converteron en cidades-estado, ou polis. O centro da polis era a ágora (praza púbrica e mercado permanente). Os cidadáns acudían á ágora para comerciar, relacionarse entre eles e intercambiar ideas. A polis estaba rodeada por unha ampla área rural onde se cultivaban e producían os produtos necesarios para a supervivencia da polis. Pero, mais que o feito de ser cidades autosuficientes económicamente falando, o rasgo característico mais importante das polis era a súa autonomía política. Cada polis posuía unha forma de goberno e unha lexislación independente do resto de polis. Constutuíronse como a unidade política, económica e social de Grecia. Compartían lingua, relixión e lazos culturais, mais entre elas existía unha gran rivalidade, polo que non chegaron a formar un estado unificado. Ao longo do periodo arcaico dúas polis con modelos políticos diferentes: aristocrático en Esparta, e democrático en Atenas.

Durante a Grecia Arcaica (s. VIII a.C – s. V a.C) a sociedade era de carácter aristocrático, cuxas ocupacións principais eran a agricultura e a guerra. Estaba composta por dúas clases sociais: a nobreza (grandes terratenentes) e o pobo. Co desenvolvemento do comercio, a situación política das polis irá evolucionando pouco a pouco. A aparición de xentes enriquecidas polo comercio e a industria provocará a caída do goberno dos terratenentes e a implantación dun novo sistema de goberno no s. VI a.C: a Democracia.

Ó longo do s. V a.C a democracia foi reformada e consolidada por Pericles no que se chamou o Século de Pericles, a etapa de esplendor da polis ateniense. O mundo grego e da cultura en xeral acada o seu máximo da man de Platón, Sócrates, Aristóteles e os Sofistas.

A Democracia ateniense era un tipo de democracia no que tódolos cidadáns estaban implicados nas cuestións que afectan á comunidade. É o que se chama Democracia directa. A institución principal era a Asemblea Popular, constituida por tódolos cidadáns en lugar dunha serie de representantes elixidos por votación. Nela, todos podían intervir e decidir sobre as cuestións tratadas. Todos os cidadáns de Atenas posuían os mesmos dereitos, sen distinción entre os habitantes da cidade ou os do campo circundante.

Aínda así, non tódolos habitantes da cidade eran considerados cidadáns, senón que únicamente o 20% deles a posuía. As mulleres, os estranxeiros (metecos) e os escravos non posuían dereitos políticos, polo que non podían participar na vida política da cidade.

Durante o s. VI a. C, as polis gregas de Asia Menor sufriron a invasión dos persas. Este ataque foi contrarestado pola unión do resto das polis. Son as Guerras Médicas, que rematarán coa victoria dos helenos e o fortalecemento de Atenas e Esparta, as dúas polis mais importantes. Por outra banda, o esforzo militar e económico foi moi grande, polo que se tivo que chear unha alianza (Liga de Delfos) co fin de sufragar gastos e poder facer frente a un novo ataque. Atenas é a cidade que lidera a liga délica, o que será cuestionado por outras polis e desembocará na Guerra do Peloponeso, que remata coa victoria de Esparta sobre Atenas.

A mediados so século IV Alexandre Magno, Rei de Macedonia decatouse da debilidade e falta de unidade política grega, e propúxose a conquista e reorganización do mundo heleno e a súa expansión polo Imperio Persa, tanto a nivel político como cultural. A súa morte, o Imperio dividiuse en tres estados (Macedonia, Exipto e Siria). Estes estados gobernáronse mediante

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (8.1 Kb)  
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com