Resumen Del Libro O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (Agustín Fernández Paz)
maritech22 de Mayo de 2013
6.518 Palabras (27 Páginas)2.822 Visitas
O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (Agustín Fernández Paz)
UN RADIANTE SILENCIO
Narra a historia de Sara, executiva capaz e competitiva que busca unha pequena saída á rutina diaria cambiando a cafetería habitual pola dunha nova librería que acaban de abrir ó pe do banco onde traballa.
Cando entra por primeira vez asómbralle a cantidade de libros que había e tamén lle asombra unha especie de pequena cafetaría na que a xente toma o seu café mentres len un libro. Curiosea polos andeis e compra algúns libros que le con ansia. Tamén vai atopando polos andeis tarxetas con citas de libros, coma se fosen expresamente deixadas para ela, coma se alguén estivese a manter unha charla con ela,
co cal pensa que algún dos habituais do local pode ser o seu admirador e os seguintes días trata de des-cubrir quen. Xorde o namoro ás cegas, pero como non descobre quen é o seu admirador deixa de ir á li-braría. Pablo, o libreiro, apesárase enormemente ao decatarse de que Sara non é tan lista como el imaxi-naba e non puido descubrir que él era o seu admirador secreto e que deixando de ir lle rompera o cora- zón. Decide queimar as tarxetas que lle tiña preparadas, coma se fosen cartas de amor, para irllas deixan do días vindeiros.
A miña opinión sobre este conto é que é unha historia moi pasteleira pero á vez bastante tenra porque mostra a parte cariñosa das persoas nesta sociedade gris e negra.
AMOR DE AGOSTO
Esta historia trata dun rapaz que aos dezasete anos traballaba nun taller mecánico chamado Bordelle, en Vilarelle, que se namora de Laura, a filla do seu xefe, á cal invita a bailar nas festas de Vilarelle. Tras bailar sepáranse do grupo de amigos e vanse á carballeira do pobo a ver a chuvia de estrelas fugaces e liáronse, razón pola cal o pai de Laura despediu o rapaz que marchou a traballar a Barcelona co seu pri-mo. Pero non se esqueceu de Laura e escribíalle cartas. Moitos anos despois Laura mandoulle unha últi-ma carta que dicía que deixase de mandarlle cartas, pois o seu prometido podería decatarse e ela non quería que tal cousa sucedese. Despois de moitos anos voltou ao pobo pero ela xa estaba con outro e xa queimara as súas cartas. Agora….casado e con fillos volve só outra vez a Vilarelle á carballeira onde descubriu o seu primeiro amor para queimar as cartas nas que puxera tanto cariño e aprezo.
A miña opinión sobre este conto é que se pode sacar unha gran lección coma non renderse nunca, pero coa parte negativa, que neste caso é que se non te rendes e é un amor non correspondido,
arráncanche o corazón e patéancho ata que pareza unha uva pasa.
O conto tamén nos presenta o panorama da emigración dentro do Estado: o asentamento e crea-ción dunha familia noutro lugar, a falta de raíces da parella e dos fillos na terra, o esforzo do emi-grante saudoso por manter algún lazo, aínda que sexa remoto, co lugar onde naceu.
ESTA ESTRAÑA LUCIDEZ
O que conta a historia é un can, Argos, e conta que todalas noites ve coma o seu amo olla as ventás da casa dunha muller. Lembra cando o seu amo a coñeceu paseando cun can e namorárase d' Ela o día que a viu lendo un libro sentada nun banco da praia. Esquecíase algo do seu can pero él estaba felíz posto que seu amo tamén o estaba. Pero un día o dono xa non volveu con ese brillo nos ollos; é máis veu moi triste e meteuse no seu cuarto. O can consolouno moito naqueles difíciles días pero os paseos eran máis curtos e pouco divertidos. O amo provou sorte con outras tres mulleres pero non puideron reemprazar o espazo baleiro que deixou aquela moza no seu corazón. Un día foron a vila na que nacera, e despois de comer foron en busca dun lugar que o seu amo recordaba de pequeno. Cando se dispuñan a volver a casa comezou a chover, montáronse no coche, tronaba e chovía con moita intensidade e non se vía ben, só puido ver unha brillante luz acercándose ao coche que terminou coas súas vidas. Agora son fantasmas e teñen que vivir un ano no mundo dos vivos, el mira o seu amo que supervisa todos os movementos da rapariga da que estivera namorado, o fox terrier dela intenta cheiralo mais non pode velo nin el pode ladrar. Hoxe acabase o ano do que dispoñen para estar no mundo dos vivos, o can mira como o seu amo vai desaparecendo entre a néboa.
Este conto gustoume moito en especial pola ficción de que despois de morrer se pode seguir sen-tindo e porque, á parte diso, a historia pareceume mellor enfocada dende o punto de vista do can que se a tivese contado o amo.
UNHA HISTORIA DE FANTASMAS
A narradora acórdase de cando, facendo o camiño de Santiago dende Pamplona, un señor contoulle, mentres estaban nunha velada nocturna dunha posada, o conto dun accidente de coche que deixou viúva a unha muller. No hostal xa ben entrada a noite un compañeiro de viaxe decide que sería divertido contar historias e cada un conta unha ou algunhas rimas dalgún libro que lles gustase. Entón un home conta a
traxedia que sucedeu alí a menos dun quilometro. Era a tráxica historia dunha parella que casara hai pouco, e que nunha noite, volvendo en coche por unha estrada e cruzando por esa ponte, o marido perdeu o control do vehículo por culpa dunha mancha de aceite que deixara o camión facía unhas horas. O marido morreu no acto pero a súa muller logrou salvar a vida. Despóis daquel tráxico suceso a pobre muller estaba triste todo o día e, as veces, con calquera ruido facíase a ilusión de que o seu marido seguía na casa. Refuxiouse na lectura e pasou bastante tempo buscando un libro de segunda man que lle regalara o seu home do mesmo autor que o poema da nosa protagonista. Pero un bo día, despóis de comer cos seus páis, ocultando a tristeza que seguía tendo, volveu a casa e esta estaba impregnada do olor do perfume do seu marido. Este cheiro facíase moito máis forte no seu dormitorio onde atopou o seu libro, pero o máis curioso e que tiña a sensación de que non estaba soa na casa a parte do seu can. Despóis da fantasmagórica historia de este home todos marcharon para cama e a nosa protagonista quedouse coas ganas de preguntarlle un montón de cousas. Á mañá seguinte agardou bastante rato a que o home ao que buscaba saíse pero no foi así. Preguntoulle ao dependente sobre o accidente que lle contara e iste respondeulle e trouxolle os periódicos que relataban a historia, posto que ese mesmo día abriran o restaurante. Non tardou en atopar a noticia na que aparecían unha foto do accidente e outra do home que perdeu a vida. Era o mesmo que lle contara a historia.
Este conto non me gustou moito porque non fun capaz de palpar o sentimento de desamor e pena.
RÍOS DA MEMORIA
Conta a historia dunha parella que ían de viaxe camiño de Bilbao. María, obriga o seu marido a desviar-se para visitar a vila onde vivira de pequena. Alí recordou a súa adolescencia, onde coñecera ao seu primeiro amor, o río no que se bicou con él e do que tivo que despedirse, porque a vida a obrigou a sepa-rarse del. Busca o río, pero xa non existe, desapareceu canalizado. Todolos lugares estaban só na súa memoria posto que as construcións que fixeran na súa ausencia destruíran eses lugares.
Este conto apenas me gustou non me chegou de todo ningún sentimento de pena ou frustración.
LOANZA DA FILATELIA
Este conto trata dun home chamado Ernesto que coleccionaba caixas de mistos desde cativo e que casou cunha fermosa muller chamada Margarita Vilar. Tiña a costume de coleccionar caixas de mistos de todo tipo. Cando casou no 79, a muller non lle puxo mala cara; mais comezou a vela con malos ollos cando decidiu que lle estorbaba na casa. Por culpa dunha pequena liorta que tiveran, as caixiñas trasladáronse ata o escuro armario de abaixo. Ao cabo duns anos, Ernesto morreu aos 59 anos dun infarto e en nadal, a súa muller decidiu queimar toda a colección porque lle parecía que non valía para nada... sen saber que tamén queimaba un magnífico diamante de vinte e catro quilates engarzado no anel de ouro branco" que tiña pensado regalarlle nas vodas de prata.
Na miña opinión este conto á par que corto de paxinas é curto de sentimento aquí non se palpa nin amor nin desamor non se sente nada cando les esta historia.
UNHA FOTO NA RÚA
Daniel atopa tirada nas rúas de Vigo unha foto de carné dunha muller moi guapa, detrás da foto pon solo o nome de Diana. Namórase da moza e comeza unha busca desesperada. Diana é unha administrativa que se dedica a viaxar dende que lle tocara a lotería. Xoga a deixar oito fotos en cada cidade que visita coa ilusión de que, se cadra, alguén que as atope se entreteña en imaxinar historias. Pasa un mes bus- cándoa por todas partes pero non a encontra polo que se da por vencido. Despois o narrador é a propia Diana que conta que vai subirse a un vagón de volta a casa e tirar a derradeira foto, despois dunhas va-cacións, xa que desde que gañara a lotería dedicárase a viaxar.
Este conto é o meu favorito porque se pode sentir a frustración de Daniel fronte a desesperación de non atopar a Diana e o seu sufrimento.
MEDITACIÓN ANTE O ÁLBUM DE FOTOS FAMILIAR
Fala do preludio de outro libro de Agustín Fernández Paz no que un home narra a súa infancia e adoles-
cencia xunto coa súa familia en especial coa súa tía e os seu curmáns en verán no pazo da súa avoa en Vilalba. Co paso dos anos as familias fóronse distanciando comezando coa morte da avoa co que a súa tía herdou o pazo. Máis tarde e ca morte desta tía repartíuse o diñeiro entre os curmáns que xa non tiñan a mesma amizade que de cativos. O noso protagonista xá casado e con dúas fillas quixo quedar co pazo que tan bos recordos lle trouxera e
...