ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Cine Gallego


Enviado por   •  20 de Marzo de 2023  •  Documentos de Investigación  •  3.753 Palabras (16 Páginas)  •  37 Visitas

Página 1 de 16

[pic 1]

Índice

Índice        1

Xustificación Elección do Traballo        2

Corpo do Traballo        3

Cine Km0: Cine Galego        3

Film a analizar: MALENCOLIA        12

Sinopse:        13

Datos do autor e sobre o film de interese:        13

Análise do filme:        14

Críticas:        14

Conclusión        15

Fontes        16

Xustificación Elección do Traballo

A miña elección sobre o tema de este traballo foi bastante complexa á vez que larga. Cando se nos propuxeron os temas para falar non me remataba de convencer ningún, non sabía como enfocalo e non sabía por onde avanzar. Tras bastante tempo de meditación decidín o cine galego, por dous motivos principais: Primeiro, non era o tema común do que todo o mundo falaría, como podería ser o Neo-Hollywood ou o Neorrealismo, se non que é un tema menos tocado, tamén máis difícil de elaborar, pero máis interesante xa que son elementos menos coñecidos; En segundo, non hai apenas información do tema, como mencionei antes, é un tema bastante pouco tratado, e, que na miña consideración, creo que é o suficientemente interesante como para falar máis en profundidade del.

Unha vez seleccionado o tema do cine galego quedabame saber como enfocalo. Probablemente este proceso foi o que máis tempo levoume, xa que estaba bastante perdido. O feito de non existir moita información e tamén o problema de eu descoñecer o tema, facía que estivese bastante perdido, á vez de querer cada vez máis realizar un bó traballo.

Tras falar bastantes veces co profesor da materia e tras ler documentos, webs, blogs e arquivos relacionados co tema, acabei decidíndome de falar sobre o cine galego, pero o cine galego como tal, a súa esencia, non o cine en Galiza, se non o cine propio do país, o cine que nos distingue.

Parecíame moi importante falar disto, xa que as demais etapas do cine no resto do mundo tiñan unhas características en concreto fáciles de coñecer e explicar, en cambio o cinema galego apenas tiña información e ninguén falaba del, por lo que quixen aportar o meu gran de area.

Corpo do Traballo

Cine Km0: Cine Galego

Para falar do cine galego hai que ter varios conceptos claros e preconcebidos para poder analizalo dunha maneira clara e sensata. O primeiro e fundamental, e ter en conta que, cando se fala do desenvolvemento do cine en Galiza, hai que ter clara a diferenciación entre a implantación dunha actividade cinematográfica e ,a que sería, unha propulsión dun cine específico feito dende o propio país.

En canto a actividade cinematográfica se refire, evolucionou rápido, apareceron case de inmediato exhibidores e incluso filmadores. Referente a este cine propio do país, o procedemento foi moito máis lento e complexo. Extendeuse, através do sistema cultural propio e chegando ata a sociedade galega, a idea de acadar un audiovisual normalizado e pleno. Na actualidade, na miña opinión personal non se ten acadado este obxectivo, pero sí que avanzouse moitísimo en comparación co punto de partida.

Este cine galego comeza como tal bastante máis tarde, aproximadamente no último cuarto de século. Isto é debido a dous factores importantes: Por unha banda, as limitacións económicas, xa que non se investía na creación dun audiovisual propiamente galego; e pola outra banda, o mal posicionamento fronte a infraestructura industrial audiovisual. Este último punto sucede pola supremacía da industrias cinematográficas norteamericanas, as cales abarcan o mercado limitando a exposición do audiovisual galego, creando así unha situación de desprazamento e “censura”

Aínda así non considero que este todo perdido, xa que, aínda que existan unhas limitacións en canto infraestruturas e investimento e se loite dende a posición de país sen Estado, a súa condición autóctona, diversa e rica culturalmente falando, xera unha variedade de vantaxes fortes que poden levar o cine galego a desenrolarse favorablemente.

Volvendo ao principio, antes de falar da actualidade, temos que falar e entender as orixes. Situámonos a finais do século XIX onde, Galiza, convive coa situación de ser un territorio periférico nunha españa absolutamente centralista, e a súa situación socio-económica, digamos que non era del todo doada.

En setembro de 1896, da man de exhibidores deambulantes, entra no país, polo Teatro Circo da Coruña, o cinematógrafo. Nese tempo era todo un símbolo de modernidade. Máis tarde, en abril de 1897, serán os portugueses César Marques e Alexandre Azevedo, quenes, através do Teatro Principal de Pontevedra, introduzcan o aparello dos Lumière na Galiza. Finalmente, sería José Sellier (fotógrafo de orixe francesa), quen o 20 de xuño de 1897 realizaría o primeiro filme con data precisa: El entierro del General Sánchez Bregua.

[pic 2]

Fig. 1: Fotografía del entierro del General sánchez Bregua (1897)

Un dato curioso sobre isto, é que, antes, o inicio do cine en España no se consideraba en Galiza, se non en Aragón. A obra de Gimeno (Salida de misa de 12 del Pilar de

Zaragoza) era considerada el primer filme español. Grazas a dous especialistas, José Castro de Paz e José María Folgar de la Calle, coa colaboración do Vasco Jon Letamendi, descubríuse que a obra do fotógrafo Coruñés foi gravada dous anos antes á do Aragonés. Foi de gran axuda a Universidade de Santiago para establecer unha especie de precine ou paleocine galego.

Por outra banda cabe destacar a tamén pioneira Carolina Otero, que tras aparecer en varios films, coma Danza Andaluza (1895) e Le Valse Brisante (1898), entendese como a primeira estrela española do cine. Tamén cabe destacar, esta vez no ámbito da exhibición, a Isaac Fraga Penedo. Este carballiñés chegou a explotar medio centenar de salas nos anos vinte, destacando a sala viguesa o Teatro-Cine Fraga.

Nos anos vinte, moito cine silente español de éxito rodouse en Galiza. Obras coma La

Casa de Troya (Alejandro Pérez Lugín e Manuel Noriega, 1924) ou Carmiña, flor de Galicia (Rino Lupo, 1926). Estas obras tiñan unha particularidade, eran basadas en obras literarias. Xa en 1930, dende a propia Galiza, José Signo ensinaba a súa comedia costumista La tragedia de Xirobio, basada nun dos contos de Cousas, de

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (23.9 Kb)   pdf (702.5 Kb)   docx (629.4 Kb)  
Leer 15 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com