ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Cantigas de Santa María


Enviado por   •  30 de Diciembre de 2016  •  Apuntes  •  519 Palabras (3 Páginas)  •  185 Visitas

Página 1 de 3

Cantigas de Santa María

Afonso X promoveu una obra que o dereito as ciencias, o xogo e a historia. Foi quen dotou o castelán das bases necesarias para ser lingua e estado e de cultura. Durante o seu reinado a lírica galega alcanzou o seu máximo esplendor.

A el atribúese a autoría das cantigas de Santa María pero el non escribiu as 427 composicións. Xa que foron compostas moitas das pezas polo seu equipo de colaboradores.

Hai que ter en conta o seguinte:

  • Algunhas cantigasescribiunas o rei como se indica nas frases ‘eu fige’ ou ‘eu fiz’
  • Na obra interveñen varios trobadores entre os que destacan Airas Núñez.
  • O rei coñecía a arte de trobar e o idioma galego

Para elaborar estas cantigas Afonso X e os seus colaboradores utilizaron distintas fontes como:

  • As coleccións de milagres da Virxe, escitas en latín e linguas romances
  • Coleccións de milagres relacionadas con santuarios, lendas orais ou sucesos presentados como persoais do rei

Os motivos polos que mandou componer estas cantigas foron políticos (para prestixir a corte castelá e reforzar o feudalismo cristián) e de tipo relixioso ( a devoción do rei á Virxe)

As cantigas de Sta María consérvanse en catro códices que proceden da corte do rei Afonso X.  O códice Toledano está na Biblioteca Nacional de Madrid, dous códices conservados na Biblioteca do Mosteiro do Escorial e o cuarto gárdase na Biblioteca Nacional de Florencia, Italia.

TEMAS DAS CANTIGAS.

As 427 composicións que forman as cantigas de Sta. María poden agruparse en dúas clases

  • Cantigas Narrativas, que relatan os milagres da Virxe con intención didáctica. Teñen todos a mesma estructura: Introducción, Presentación do protagonista nun perigo, a intervención da Virxe e a ensinanza.

Cada cantiga consta das seguintes partes:

  • Unha epígrafe ou razón que resume o contido da cantiga
  • Un refrán coa ensinanza a transmitir
  • As estrofas que desenvolven o relato

  • Cantigas Líricas: Loan (alaban) as calidades da Virxe. Os motivos que tratan son:
  • O contraste entre o amor mundano e o amor divino
  • A contraposición entre o pecado e a salvación ( Eva e María)
  • Exaltación da figura da Virxe
  • Os loores ( as alabanzas) dos dons maternais e a capacidade de intervir ante Deus
  • A glosa do significado das letras que forman o nome da Virxe

Nestas cantigas hai un grupo formado polas cantigas das festas que engloban as cinco festas do noso señor e as cinco festas de Sta. María, un cantar dos sete pesares e unha maia que celebra a chegada da primavera.

As cantigas de Sta. María ábrense cun prólogo poético onde o rei declara a intención de cantarlle á Virxe e péchase cunha petición de recompensa pola composición do libro.

A obra organízase agrupando as composicións en series de nove cantigas narrativas e uha décima de loor.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (3.2 Kb)   pdf (79.1 Kb)   docx (10.3 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com