ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Thompson - La Media y la Modernidad - Comentario (Gallego)


Enviado por   •  16 de Enero de 2018  •  Tareas  •  1.358 Palabras (6 Páginas)  •  115 Visitas

Página 1 de 6

Ari Santiago Martínez

2º Comunicación Audiovisual

John B. Thompson – Los Media y la Modernidad

Nesta obra, mediante a raíz dun profundo e minucioso estudo que comprendeu numerosos e relevantes autores (dos cales podemos destacar a Karl Marx, Weber, Habermas ou Bordieu), o sociólogo John B. Thompson expon os seus fundamentos para unha teoría social dos medios e fae un recorrido que abarca desde o nacemento e especialmente a evolución da imprenta ata a televisión es as novas tecnoloxías. Pero non só se vai a centrar nese punto, se non que ao longo da obra tamén vai tratar o impacto que tiveron estes medios na vida social e no sen desenrolo.

O autor considera que conferíuselle moi pouca importancia ao desenrolo dos medios de comunicación ao longo da historia, pero que especialmente, o feito de que os medios poidan ter un papel nas transformacións culturales que contribuíron á formación das sociedades modernas é algo que pasou totalmente desapercibido. Moitos dos pensadores clásicos que intentaron tratar estes diveros temas non prestaron atención ao desenvolvemento dos medios, realizando un análise para Thompson algo incompleto.

Isto ademáis é a razón para Thompson da pasividade da audiencia ante tal tema, xa que debido a que non se realizaban temas ou artigos sobre esta cuestión, a audiencia non podía realizar ningún tipo de feedback e comezar a interesarse polo tema en cuestión. Isto tamén provocou que moitos teóricos sociais non tratasen estes determinados temas precisamente polo punto anterior, formándose unha especie de círculo vicioso, donde a falta de temas alimentaba a falta de interese da audiencia e viceversa.

É moi importante superar a creenza de que os medios difundan información simbólica sen modificar ningún elemento do proceso comunicativo. Hai que aceptar o feito de que estes provocan a creación de novas formas de interacción social así como novas formas de relacionarse entre os suxeitos dunha determinada sociedade.

Neste punto da obra, pódese visualizar como Thompson vai a oporse a definición de comunicación de masas de Janowitz. Isto ven dado especialmente porque este último considera que os medios de comunicación comprenden institucións e técnicas en virtude das cales os grupos sociais especializados difunden contidos simbólicos. Pero, pese a difundir este tipo de contidos, non xeran novas formas de interacción social, sendo o punto principal no que o sociólogo vai a diferir con Janowitz.

O desenvolvemento mediático, ao desenrolarse de forma paralela a outros procesos, constitui xunto a estes o que coñecemos como modernidade. Unha sociedade moderna non se entende en este desenvolvemento mediático. Debido a este último punto, para comprender a natureza e as características destas sociedades modernas, debemos concederlle un papel primordial o desenrolo e ao impacto dos medios de comunicación. O que o sociólogo demonina como media.

O autor vai a destacar o concepto de ''poder'' como ''a capacidade para acutar dacordo á consecución dos propios intereses de cada un, como a capacidade de intervir no curso dos acontecementos e afectar os seus resultados''. Polo tanto, un dos valores do libro é propor unha teorización necesaria para pensar nas formas de relación dos diversos medios de comunicación coa complexidade política, económica e cultural pola cal se ven formando a sociedade actual.

Debido a este último punto, distingue entre diversos tipos de poder. O primeiro sería o poder político, que como o seu nome indica, fae referencia especialmente ás diversas institucións políticas que se encontran nunha determinada sociedade. Despois fala do poder coercitivo, referíndose aquí ás diversas institucións penitenciarias da sociedade e como estas actúan. A posteriori menciona a existencia do poder económico, consitituído polas institucións económicas que regulan a economía dun determinado territorio. E para finalizar, fala do poder simbólico, facendo referencia ás institucións culturais.

Esta división de poderes realizada por Thompson recorda á clasificación funcionalista das diferentes institucións sociais. Estas institucións non se poden aislar dunha maneira total, é algo imposible, porque entre estas institucións existen relaciones recíprocas entre estas, provocando a imposibilidade xa mencionada.

Por outra parte, o desenrolo dos medios produciu novas exisencias para o entendemento dos mensaxes que se transmiten e para a súa utilización. Desta forma, os individuos, aqueles que son os receptores no sistema de comunicación, deben emplear diversas habilidades e facultades para codificar e decodificar a través dun código os diversos soportes técnicos, así como as formas de coñecemento e as presuposicións. Estas formas e presuposicións veñen dos emisores, que son os medios de comunicación que existen nunha determinada sociedade. Estes medios dan forma á maneira na que se entenden as transmisións, que serían as mensaxes.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (9.1 Kb)   pdf (90.7 Kb)   docx (13.2 Kb)  
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com