ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Requerimientos para la constitución de una Sociedad Limitada


Enviado por   •  25 de Abril de 2018  •  Trabajo  •  1.501 Palabras (7 Páginas)  •  234 Visitas

Página 1 de 7

[pic 1]


[pic 2][pic 3]

INTRODUCCIÓN

Este traballo consiste na creación dunha empresa de Sociedade Limitada no que desarrollaremos os procedementos necesarios para a súa constitución coa axuda dos artículos 22 e 23 do Real Decreto de Ley de Sociedades de Capital do 2 de xullo de 2010. Esta empresa denominarémola como Marsoli, S.L.

Así mesmo, unha sociedade limitada é un tipo de sociedade de carácter mercantil na que a responsabilidade está limitada ao capital aportado, que ten un mínimo de 3.000 €. Este capital estará integrado polas aportacións de todos os socios, dividido en participacións sociais, indivisibles e acumulables. Solo poderán ser aportacións sociais os bens ou dereitos patrimoniais susceptibles de valoración económica, pero en ningún caso o traballo ou servizos, así como tampouco poderán ser representadas por medio de títulos ou de anotacións en conta, nin denominarse accións. Esta transmisión das participacións sociais, deberá formalizarse nun documento público.

Para a creación dunha Sociedade Limitada é moi importante tanto a nacionalidade como a denominación social, o tipo de negocio ou mesmo o domicilio. Tamén haberá que recoller a información dos socios como DNI, o número da Seguridade Social, número de teléfono e domicilio. O procedemento a seguir cando queremos abrir un novo negocio (neste caso Marsoli S.L.) consta de tres partes esencias:

  • Proceso de Constitución
  • Posta en Marcha
  • Inicio da Actividade

Un claro exemplo é a nosa sociedade, no que os datos principais son os seguintes:

  • Denominación Social: Marsoli, S.L.
  • Nome comercial: Marsoli, S.L.
  • Forma Xurídica: Sociedade de Responsabilidade Limitada
  • Tipo de negocio: tenda de roupa de vestir
  • Domicilio:

C/Fray Rosendo Salvado, nº12

CD: 15884 – Santiago de Compostela

Teléfono: 981547586 – FAX: 981547586

Web: www.marsolituropa.com

Correo electrónico: marsoli.ropa@gmail.com

CIF: B45856574

Ademáis dos anteriores datos, sería necesario os datos dos socios (nome, dirección,DNI,…)


PROCESO DE CONSTITUCIÓN

Para dar comezo ao proceso de constitución existen unha serie de pasos a seguir rigorosamente:

  • CERTIFICACIÓN NEGATIVA DO NOME DA SOCIEDADE

O primeiro paso será solicitar a certificación negativa no Rexistro Mercantil xa sexa directamente nas oficinas do propio Rexistro, por correo, vía telemática ou por mediación do notario autorizante da escritura de constitución da sociedade.

 Permite a obtención dun certificado acreditativo de que non existe outra Sociedade co mesmo nome a que se pretende constituír.

A reserva da denominación ten que facela un dos socios e mantense durante un período de tres meses.

  • SOLICITUDE DO CIF PROVISIONAL

O obxecto do C.I.F. é identificar as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica como a Comunidade de Bens e a Sociedade Civil, a efectos fiscais.

Débese solicitar antes de realizar calquera entrega, prestación ou adquisición de bens ou servizos, percepción de cobros, abono de pagos ou contratación de persoal laboral.

Realízase na Administración da Axencia Tributaria correspondente ao domicilio fiscal da sociedade ou entidade dentro do mes seguinte a data de constitución da sociedade ou da entidade sen personalidade xurídica, pero sempre antes de realizar calquera operación económica, financeira ou laboral.

Para obter o NIF provisional será preciso presentar o modelo 036 persoalmente na administración ou delegación correspondente ou por correo certificado.

Se hai acordo de vontades ou o documento no que conste a cotitularidade, ten que recoller unha serie de características que se esixen, como:

  • Denominación social e anagrama (se o houbese)
  • Forma xurídica
  • Domicilio fiscal e social
  • Obxecto social
  • Data de peche do exercicio social
  • Cifra de capital social prevista
  • NIF dos socios fundadores, domicilio fiscal e porcentaxe de participación
  • Identificación dos administradores e/ou representantes
  • Firma dos socios, administradores e/ou representantes


  • DEPÓSITO BANCARIO DO CAPITAL SOCIAL

Con anterioridade ao outorgamento da escritura Pública, hai que realizar o ingreso do Capital esixido (mínimo 3.000,00€) en unha conta bancaria (que elixan os socios) a nome da sociedade e solicitar á entidade bancaria un certificado de haber efectuado dito depósito.

Para realizar este ingreso hai que presentar o C.I.F provisional.

  • ELABORACIÓN DOS ESTATUTOS

Os Estatutos son as normas confeccionadas polos promotores da sociedade, no dereito da autonomía de vontade, respectando a normativa vixente. Neles deberán constar:

  • A denominación da sociedade
  • O domicilio
  • Obxecto social
  • Duración da sociedade
  • Capital aportado por cada socio e o número de participacións en que se divide
  • Dereitos e deberes dos socios
  • Outros

Realízase ante un Notario antes do outorgamento da Escritura pública presentando o documento da identidade dos socios, a certificación negativa da denominación social e acreditación do desembolso do capital social.

  • OUTORGAMENTO DA ESCRITURA PÚBLICA

É o acto polo que os socios fundadores proceden a firma da escritura da Constitución da sociedade.

Realízase obrigatoriamente ante Notario, e a súa inscrición deberá (por regra xeral) facerse dentro do mes seguinte ao outorgamento dos documentos necesarios para a práctica dos asentos.

Por tanto os documentos a presentar serán os seguintes:

  • Documento de identidade dos socios
  • Certificación negativa da denominación social
  • Estatutos sociais
  • Acreditación do desembolso de capital social
  • Datos da sociedade

  • LIQUIDACIÓN DO ITPYAJD

Grava as transmisións patrimoniais onerosas, operacións societarias e actos xurídicos documentados.

Debe ser realizada nas Consellerías de Facenda das Comunidades Autónomas onde se atope domiciliada a empresa.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (11 Kb) pdf (121 Kb) docx (18 Kb)
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com