ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A Orixe Da Vida


Enviado por   •  6 de Febrero de 2013  •  1.737 Palabras (7 Páginas)  •  626 Visitas

Página 1 de 7

A ORIXE DA VIDA

Hai varias hipóteses sobre a orixe da vida :

XERACIÓN ESPONTÁNEA : Antigamente críase que os seres vivos xurdían por xeración espontánea, a partir da materia orgánica en descomposición. O primeiro científico en cuestionarse a xeración espontá-nea foi Fancesco Redi. No seu experimento colocou un anaco de carne nun recipiente aberto e outro cubriuno cunha reixa, ao pasar un tempo, decatouse de que o anaco de carne que había no recipiente aber- to descompuxérase, e afirmou que as larvas que naceran na materia orgánica foron polos ovos postos polas moscas. Pero esta teoría non rexeitou totalmente a xeración espontánea. No S. XVII Louis Pasteur foi quen rexeitou totalmente a xeración espontánea e demostrou co seu experimento (puxo caldo en dous matraces de colo longo e estreito, que curvou co calor dunha chama, ferveu o líquido dos matraces para esterilizalos, varios días despois comprobou que o caldo non se estragara, cortou o colo dun deles e ao cabo duns días viu que se descompuxera) que son os microorganismos do aire os que descompoñen a materia orgánica, querendo dicir que todo ser vivo procede doutro ser vivo.

HIPÓTESE DA PANSPERMIA : a vida orixinouse no espazo e viaxou en forma de esporas.

HIPÓTESE DA SÍNTESE PREBIÓTICA :a vida provén de moleculas orgánicas xurdidas no planeta a par- tir de materia inorgánica. Síntese prebiótica : Oparin e Haldane propuxeron que puideron formarse unha serie de moléculas orgánicas simples a partir de gases presentes na atmosfera primitiva. Baseáron-se en : - que o planeta estaba rodeado dunha atmosfera sen osóxeno (atmosfera redutora), consti-tuída por metano, hidróxeno, amoníaco e vapor de auga – cando a temperatura da terra descendeu o vapor de auga condensouse formando as nubes que deron lugar á chuvia que orixinou os océa-nos – a enerxía que chegaba do sol e as descargas eléctricas provocaron que os compostos in-orgánicos interactuaran orixinando compostos orgánicos, estes precipitaron sobre a superficie te-rrestre e forn arrastrados pola chuvia ata os océanos formando a sopa primitiva. Oparin propuxo que nesta sopa primitiva, estas moléculas asociáronse en esferas ocas chamadas coacervados que en-cerrarían no seu interior ácidos nucléicos. Estas esferas serían as precursoras das primeiras células. Stantley Miller comprobou a hipótese de Oparin e Haldane, creando unhas esferas como a terra primiti-va, nelas introduciu auga e quentouna e viu que ao arrefriarse precipitaba e se creaban moléculas orgánicas sinxelas.

A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA. A ORIXE DA BIODIVERSIDADE

A evolución biolóxica é o proceso continuo de transformación das especies ao longo do tempo. Hai va-rias teorías sobre a evolución :

FIXISMO : pensaban que os seres vivos non cambiaban. As especies permanecían invariables ao longo do tempo. O naturalista Carl Von Linneo defendeu o fixismo.

CREACIONISMO : pensaban que as especies fóran creadas por Deus e que se mantiñan inmutables (baseánbanse na biblia).

CATASTROFISMO : Georges Cuvier dicía que antigamente había seres vivos, que se fóron extinguindo por catástrofes naturais. Tras a desaparición destas especies eran creadas outras distintas.

EVOLUCIONISMO :os seres vivos cambiaron ao longo do tempo. Existen distintas teorías evolucionistas:

- O LAMARKISMO OU TRANSFORMISMO : primeira teoría sobre a evolución proposta polo naturalista Jean Baptiste Lamarck. A súa teoría baseábase en 3 puntos : - Os organismos mostran unha tendencia cara á complexidade - O uso repetitivo dun órgano produce o seu desenvolvemento, a función crea o órgano (unha xirafa ía forzando o colo ata telo grande e logo os seus fillos tiñan o colo alto, algo que non é certo) - Os caracteres adquiridos son herdables (incorrecto, só se herdan aqueles caracteres cuxa información está nos xenes).

- TEORÍA DE CHARLES DARWIN E ALFRED RUSSEL WALLACE : Ambos os dous científicos chega- ron ás mesmas conclusións para explicar a orixe da gran diversidade de seres vivos. No seu libro “A ori- xe das especies” Darwin propuxo que a evolución das especies se produce por selección natural (meca- nismo polo que as especies cambian). Na súa obra influíron varios feitos como por exemplo a súa via- xe arredor do mundo (nas illas Galápagos atopou numerosas probas que foron claves para elaborar a súa teoría), e a partir de obras doutros ilustrados coma a do economista Thomas Malthus (deulle a idea da loita pola supervivencia) e a do xeó logo Charles Lyell (deulle a idea da sucesión e cambio

gradual ao longo do tempo). A teoría da evolución por selección natural ou darwinismo pódese resu-mir nos seguintes puntos : - existe entre os organismos unha loita pola supervivencia (os recursos do medio, coma o alimento e o espazo, son limitados. Se nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, entre eles prodúcese unha loita pola supervivencia) – entre os individuos dunha poboa- ción existe variabilidade (non todos son exactamente iguais) - o medio selecciona aos organismos mellor adaptados (aqueles individuos que presenten unha variación vantaxosa terán unha maior probabilidade de sobrevivir e reproducirse. Deste xeito, as especies van cambiando de forma con-tinua e gradual).

O EQUILIBRIO PUNTUADO : os paleontólogos Eldredge e Gould expuxeron esta teoría e tratan de ex-plicar a desaparición repentina dalgunhas especies e a aparición súbita doutras novas. Segundo esta teo- ría, non todos os cambios evolutivos son graduais, existiron períodos de curta duración (especiación),nos que se producen rápidos cambios e aparecen moitas especies novas. A especiación é o conxunto de pro cesos que conducen á formación dunha nova especie a partir doutra

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (11.1 Kb)  
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com