ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Historia Movimiento obrero


Enviado por   •  21 de Mayo de 2017  •  Apuntes  •  2.409 Palabras (10 Páginas)  •  208 Visitas

Página 1 de 10

Tema 5: Economía e movemento obreiro

Movemento obreiro:

A Revolución Industrial modificou as relacións sociais.

Redistribuíu a riqueza en función da posesión dos bens de producción: capital, maquinaria, enerxía, materias primas e instalacións.

E potenciou o desenvolvemento de dúas clases sociais enfrontadas: burguesía e proletariado.

Burguesía:

Os empresarios, pertenecentes ao grupo burgués, teñen os medios de producción.

Os seus valores son: traballo, esforzo, aforro, risco, propiedade, herdanza, familia, e orde establecido.

Hay diferentes subgrupos:

Alta burguesia emparentada, en moitas ocasións, coa aristocracia. Son os donos dos medios de producción: terras, empresas, bancos…

Burguesía media que ocupa profesións liberais (avogados, médicos…)

Pequena burguesía formada por artesáns e comerciantes.

Proletariado:

É a forza de traballo.

As súas condicións de traballo e vida son moi duras xa que non existe lexislación laboral, a lo menos no inicio da Revolución Industrial.

Longuísimas xornadas laborais, infravivendas.

Analfabetismo.

Elevada mortalidade e curta esperanza de vida.

Traballo infantil

Cando se fan conscentes da explotación que sofren e comezan a organizarse podemos decir que se inicia o movemento obreiro.

O movemento obreiro:

O comezo 1ºMet. S. XIX

2ªMet. S. XIX

A vía sindical:

Ludismo

Trade Unións

Sindicalismo

A vía política:

Cartismo

Socialismo Utópico

Socialismo científico: Marxismo

Anarquismo

A VÍA SINDICAL

Ludismo

Movemento de protesta que consiste na destrución das máquinas.

O precursor foi o texedor Ned Ludd, que en 1779 destruiu o tear mecánico que manipulaba.

Entre 1800 e 1830 o movemento desenvolveuse en Inglaterra.

Os detidos foron duramente reprimido e moitos deles condenados morir aforcados.

Trade Unions

Asociacións de traballadores que naceron na Inglaterra de finais do século XVIII para defenderse dos abusos dos empresarios capitalistas.

En principio foron sociedades de axuda mutua. Os socios contribuían a facer unha caixa de resistencia fronte a enfermidade ou o desemprego. Foron prohibidas entre 1799 e 1800 tras a promulgación das “Combination Laws”.

Unha vez derrogada esta lei en 1824 formáronse os sindicatos de oficio ou Trade Unións.

Primeiro, organizados por oficio e localidade, e logo de ámbito estatal e interprofesionais.

Sindicalismo

Nacen dun xeito organizado a partir de 1871.

No último tercio de século adquire importancia en toda Europa. En España fúndase a Unión Xeneral de Traballadores (UXT) en 1888 e a Confederación Nacional do Traballo (CNT) en 1910.

Fixéronse imprescindibles nas relacións laborais, están cada vez mellor organizados e contan con:

Financiación.

Locais.

Importantes líderes.

A folga como arma de loita

A VÍA POLÍTICA

1. Cartismo

É unha manisfestación do inicio do movemento obreiro de caracter político en Inglaterra.

A través da “ Carta do pobo” a clase proletaria pretende acadar o poder para conquerir unha trasformación social.

Algunhas das súas reivindacacións son:

Sufraxo universal.

Supresión do certificado de propiedade para ser parlamentario.

Soldo para os deputados

2. Socialismo utópico

Desenvólvese, sobre todo, na Europa continental.

Os pensadores son heteroxéneos pero teñen en común o seu idealismo (de ahí o termo “utópico” fronte ao socialismo “científico” de Karl Marx)‏

Buscan a sociedade ideal.

Os métodos para conquerilo deben ser pacíficos.

Ainda que condenan os efectos negativos do capitalismo non propoñen cambios radicais.

Queren paliar as inxustizas a través da solidaridade, a educación e o amor ao próximo, etc.

-Saint-Simon

Renunciou ao seu título nobiliario en 1792.

Propugnaba a idea de que a propiedade privada sería boa en canto cada individuo recibise a súa retribución en función da súa capacidade.

O primeiro obxectivo político do Estado tiña que ser o desenvolvemento da produción, o seu goberno debía estar constituído por industriais de toda índole, obreiros, campesiños e propietarios.

Propuxo que os científicos ocupasen o lugar dos clérigos na orde social; a función da relixión sería guiar ás clases máis baixas da sociedade na súa loita para mellorar as súas condicións de vida.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (17.6 Kb)   pdf (67.6 Kb)   docx (24.2 Kb)  
Leer 9 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com