Acerca del alma - Aristoteles
ekhidalgo4 de Julio de 2012
4.952 Palabras (20 Páginas)798 Visitas
A TEORÍA ARISTOTÉLICA DA ALMA
INTRODUCCIÓN.
No mundo grego clásico atopamos dúas formas diferentes de entende-la alma:
Unha é como aquello que nos permite alcanza-lo coñecemente e a ciencia, aquello que nos acerca ós deuses e nos diferencia do resto dos seres (incluidos os animais). Isto é a alma como principio de racionalidade.
A outra forma de entendela é como aquello que se atopa nos serse vivos, gracias ó cal, ditos seres son capaces de realizar as actividades vitais, e diferéncianse por isto dos seres puramente inertes. Esta é a alma como principio de vida.
Tódolos filósofos gregos aceptaron estas dúas dimensións na alma humana, pero uns subrayaron un aspecto e outros o outro. Na doctrina de Platón, por exemplo, destaca a primeira dimensión. Platón defendeu sobre todo na súa teoría o carácter divino e inmortal da alma humana. Este consideraba a alma separable e separada do home de carne e oso, e a súa teoría seguía un camiño que ven poderiamos chamar relixioso. O famoso dualismo platónico do mundo material / mundo inmaterial afondaba na antropoloxía a contraposición corpo / alma, ata o punto de considerar a alma como unha habitante orixinaria do mundo inmaterial, e o corpo como a súa cárcere.
Aristóteles en cambio vai subraya-la sengunda forma, e propón a cuestión da alma de unha maneira radicalmente diferente a doctrina platónica. Este desenténdese de todo o ámbito relixioso que envolvía o tema, e no tratado aristotélico “acerca da alma”, onde aborda esta difícil cuestión, é o biólogo, ou mellor dito, o filósofo da vida o que se pregunta pola alma. O obxeto da psicoloxía (termo que deriva da palabra grega psyche) é para Aristóteles non só a natureza superior do ser humano, senón todo o ámbito da vida, pois todo o que ten alma ten vida, e viceversa.
¿Qué é, entón, exactamente a alma?
LIBRO I
O tratado Aristotélico sobre a alma comeza, como é habitual no Estagirita, cun capítulo que resume tódalas preguntas que deberemos respostar e tódalas custións nas que deberemos afondar para chegar á súa definición mais exacta posible.
Despois de precisar estas cuestións a debatir que propón no primeiro capítulo do tratado, Aristóteles céntrase na descripción, reflexión e crítica de tódalas teorías acerca da alma feitas por outros filósofos do seu tempo, os que Aristóteles denomina como “os meus predecesores”.
Aristóteles disponse a repasar estas teorías poñendo atención naquelo que os pensadores toman como a esencia da alma, e dase de conta de que moitos de eles opinan que a característica primordial, a mais importante que a alma posúe e a do movemento: tanto o movemento que ela posúe por si mesma como o movemento do que dota os seres corporais que a posúen. Nesta liña desenrólanse doctrinas como a Pitagórica, o pensamento de Demócrito e de Anaxágoras (no que a principal diferencia entre os dous filósofos é que o primeiro, Demócrito, cree que alma e intelecto son a mesma cousa, e Anaxágoras opina que son cousas diferentes), de Alcmeón, Leucipo ou Tales de Mileto. Aínda que con algunhas diferencias nas súas teorías, todos eles tratan ó MOVEMENTO como a esencia da alma.
Tamén comenta a opinión de outros pensadores remitíndose a cuestións diversas, como o problema da composición da alma, onde as posturas sobre o tema distan moito unhas de outras. Empédocles, por exemplo, propón que a alma está composta de tódolos elementos, sendo cada un deles almas en si. Da mesma forma, platón describe a orixe da alma na súa obra “Timeo”, no que tamén constrúe a alma a partir dos elementos.
Tamén oubo pensadores que identificaron a alma cun elemento en particular, como Demócrito, que di que esta é lume, ou unha especie de elemento candente; Diógenes, o cal afirma que é aire, xa que é algo incorpóreo; Hipón, que defende que a alma é auga en relación a humedade do semen en todos animais, ect... Non hai ningun que identifique á terra como esencia da alma.
O filósofo Critias, pola súa parte, defende outra característica da alma como esencia de esta: o SENTIR. Na súa teoría afirma que a alma é sangue ou atópase nesto, pois a característica mais propia de esta é o sentir, e esto prodúcese en virtude da natureza do sangue.
En resumidas contas, Aristóteles conclúe que todos definen a alma por tres características: MOVEMENTO, SENSACIÓN e INCORPORIEDADE.
Nos sucesivos capítulos do libro primeiro, Aristóteles elabora as críticas a todas estas teorías particulares, mostrando a imposibilidade real de estas. Critica – centrándose na versión platónica – a teoría segundo a cal a alma se move por si mesma, a que identifica a alma como armonía, a que defende que esta está composta de elementos e tamén, a teoría que a concibe como número automotor (a cal Aristóteles denomina como “a mais absurda”, e refuta por medio de unha serie de problemas matemáticos e xeométricos que a fan imposible).
Todas estas teorías, ainda que nalguns aspectos das mesmas Aristóteles esté dacordo 8estes son poucos), o que fai é, namentres as desenrola e as explica detalladamente, vai desenmascarando os moitos problema que conlevan, facéndose preguntas de moi difícil resposta sobre diversos puntos da teoría, e finalmente desacredita a veracidade que estas poidan posuir para indicar a súa como verdadeira.
LIBRO II
É neste libro sengundo onde Aristóteles desenrola a súa interesante teoría sobre a alma, aplicando os conceptos fundamentais da súa física e a súa filosofía primeira
Aristóteles presenta a alma como unha entidade ou substancia. Para o pensador grego a entidade é un dos xéneros mais importantes dos entes, e estos son, todos eles, coñecidos por ese “algo” que posuímos os seres vivintes, ese “algo” que nos dota de vida. Seña o que seña exactamente esa substancia, iso é a alma.
A entidade pode comprenderse de tres xeitos diferentes:
- Como materia. É dicir, algo que non é nada por si mesmo, algo non determinado, simplemente materia.
- Como estructura e forma, en virtude da cal podemos decir desa entidade que “é algo”, algo determinado.
- Como un composto das dúas anteriores.
A alma é para Aristóteles os tres xeitos de entidade: á materia corresponde o corpo do ser vivinte e a alma correspóndese ca forma de entidade. O ser vivo é, polo tanto, un composto de materia e forma, un composto de corpo e alma.
Dadas estas diferentes concepcións de entidade, Aristóteles comeza a reflexionar sobre as entidades primeiras. Estas entidades primeiras serán necesariamente aquelas que son principios de tódalas demais: para Aristóteles as entidades primeiras correspóndense cos corpos naturais.
Dentro dos corpos naturais existen dous tipos claramente distintos, uns que están dotados de vida (e dicir, que realizan unha serie de funcións vitais como a autoalimentación, crecemento, envellecemento, reproducción...) e outos que son corpos inertes, sen vida. Pois ben, Aristóteles indica que o que diferencia a estes corpos é precisamente a alma.
Aristóteles predica unha certa prudencia á hora de diferenciar as funcións característica de cada un dos compostos do ser vivo (do corpo e da alma), xa que aínda que son dúas sustancias diferentes que actúan de xeito distinto, “a alma nin se da sen un corpo nin é en si mesmo un corpo”, afirma. A alma NON é un corpo, senón algo do corpo, por iso non se pode falar da alma dun xeito illado e independente de este, pois a alma precisa do corpo para actuar e o corpo necesita da alma para posuír vida.
En resumo, o ser animado é un conxunto de corpo e alma na que as dúas “partes” do ser viviente precísanse mutuamente. Namentres que o corpo é a materia e a potencia (é a entidade que ten vida en potencia – NON EN ACTO -), a alma é a súa esencia, é a forma específica do corpo. De este xeito Aristóteles di que “a alma é entelequia e forma de aquel suxeito que ten a posibilidade de convertirse nun ser de tal tipo”. O ser animado (conxunto de corpo e alma) diferénciase do ser inerte porque este realiza unha serie de funcións ou actos propios do vivir.
Para Aristóteles os sers humanos NON SON OS UNICOS seres que posúen alma (como dicía Platón), senón que a posúen tódolos seres vivos, dende as margaridas e os moluscos ata os seres mais complexos. A alma é o principio da vida, a fonte das actividades propias de cada ser vivo.
A alma realiza diversas funcións: nutrición, sensación, apetito, pensamento... Estas funcións para Platón correspondían a tres alma distintas. Aristóteles nega esto e suprime a multiplicidade de almas. Sustitúeas por cinco de potencias ou principios distintos accidentais ou de operación, que se diversifican en funcións dos seus actos e dos seus obxetivos: Vexetativa, sensitiva, intelectual, apetitiva e locomotiva. As dúas últimas funcións, apetitiva e locomotiva constitúen o fín dos seres vivos, pois ó ser a concepción aristotélica da natureza unha concepción teleolóxica , estas dúas funcións que implican o apetito e a facultade de moverse teñen como función intentar a finalidade
...