ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A musica como expresión da verdade


Enviado por   •  20 de Junio de 2018  •  Documentos de Investigación  •  2.390 Palabras (10 Páginas)  •  293 Visitas

Página 1 de 10

[pic 1]

         Bruno Dacosta Fernández 1ºE

Índice

Introdución | Páxina 2                                        

A Música Programática e a música absoluta | Páxina 3                                          

O músico e a verdade | Páxina 4  

A verdade da filosofía na música | Páxina 5 e 6

A verdade tonal e a educación musical | Páxina 6                                  

A música como expresión da verdade

Introdución 

A verdade, así como a súa relación coa realidade, os seus tipos e formas de recoñecela, constituíron un dos problemas fundamentais da racionalidade teórica e, polo tanto, da filosofía. Consideramos que hai feitos e obxectos que son verdadeiros ou auténticos pero, tamén, consideramos que as nosas afirmacións ou proposicións poden ser certas ou verdadeiras. Existen moitos tipos de verdade pero os máis importantes son a verdade de feitos e a verdade de proposicións. Na verdade de feitos para algúns filósofos é preciso distinguir entre auténtica realidade: obxectos e feitos do mundo tal como son realmente e a realidade aparente: forma como aparece ou se manifesta esta realidade. Na música podemos vincular estes dous tipos de realidade a distintas obras , por exemplo a realidade aparente na obra “A illa dos Mortos” de Serguéi Vasílievich Rachmaninov (1873-1943) , para cada persoa pode ser relacionada cun sentimento diferente, eses sentimentos serán a verdade de cada individuo. Neste caso o compositor inspirouse nun cadro co mesmo nome da obra, pero unha persoa axea pode enlazala a outro cadro. Unha das razóns da existencia dos musicólogos, é a súa tarefa de procurar a verdade como un proceso de desvelamento do auténtico, como no caso do gran musicólogo Antonio Gallego que tivo a honra de recibir o encargo de catalogación e reconstrución dunha das obras nacionais mais importantes “O Amor Bruxo” de Manuel de Falla. Poderiamos dicir que na música a verdade das proposicións formais non existe xa que a única regra que ten son as súas excepcións e, é aí onde se recoñece. Na música tonal existen regras harmónicas que non sempre se cumpren, nos tratados falan das oitavas paralelas, as quintas directas e de moitas restricións que moitos compositores saltan para dotar a música de máis beleza. Un claro exemplo refléxase na imaxe de arriba que é un fragmento da “Sonata K 96, cc. 58-64” de Alessandro Scarlatti (1660-1725) na que se salta moitas regras tonais. Isto noutros campos como a física ou as matemáticas non ocorre xa que están cheas de proposicións formais. Na música popular existen proposicións formais non escritas para que se poda recoñecer a procedencia da música, no caso do flamenco utilízase por tradición o modo frixio coñecido como “cadenza andaluza”. Na miña opinión encontrar a verdade na música é unha tarefa individual na que cada persoa debe pensar o sentimento que lle transmiten as ondas que se moven polo aire chamadas sons.[pic 2][pic 3]

A música programática e a música absoluta

A música programática é unha música que ten como obxectivo evocar ideas e imaxes na mente do oínte, representando musicalmente unha escena, imaxe ou estado de ánimo. Pola contra, a música absoluta enténdese como aquela que se agradece por si mesma, sen ningunha referencia particular ao mundo fóra da música.

 O termo aplícase exclusivamente na tradición da música clásica europea, particularmente na música do período romántico do século XIX, durante o cal o concepto terá gran popularidade, converténdose nunha forma musical autónoma, aínda que antes xa existían pezas de carácter descritivo.

Na música programática existe unha verdade que é creada e plasmada na peza polo compositor, intentando transmitir o seu mensaxe sentimento ou ideas a través da peza. Esta verdade non sempre é recibida polo oínte xa que este, debido a distintos motivos; como por exemplo vivenzas ou experiencias, pode percibir matices que o compositor non pensaba transmitir. A música programática está dividida en tres grandes bloques dependendo da verdade que o compositor quera compartir.

·Música Descritiva esta música suxire musicalmente fenómenos da natureza como o mar, a choiva…Unha das obras mais exemplares é “As catro estacións” de Antonio Vivaldi (1678-1741). O que podemos escoitar na composición  é a verdade que sentía, e as sensacións que  o maestro Vivaldi tiña en cada estación. Cada persoa pode decidir se o seu sentimento polas estacións coincide có que Vivaldi transmite.[pic 4]

·Poema Sinfónico é unha obra de orixe extra musical de carácter poético literaria, cuxa finalidade é mover os sentimentos e despertar sensacións a través da música. Neste caso poño como exemplo “O holandés errante” de Richard Wagner (1813-1883) A historia da obra é moi interesante xa que no seu estreno Wagner afirmou que para crear a obra inspirouse nunha tormentosa viaxe que fixera polo mar desde Riga ata Londres. Pero na sua autobiografía de 1843 recoñece que tomara a historia da historia que Heinrich Heine fixo da lenda na súa novela satírica de 1834 The Memoirs of the Lord of Schnabelewopski. Esta curiosa anécdota nos permite facer unha pregunta ¿Pode unha obra musical conter dous verdades para o propio compositor? Na miña opinión penso que si, a persoa que a compón nun momento da súa vida pode transmitirlle un sentimento de morriña e noutro momento tristeza.

·Música Incidental A música incidental é a que acompaña un traballo teatral, un programa de televisión, un programa de radio, unha película, un videoxogo ou outras formas que non son, en principio, musicais. Neste tipo de música é moi dificil que unha persoa a relacione cunha verdade extra musical xa que a música xa esta relacionada có tema da peza teatral ou doutros campos artísticos. Neste tipo de música destaca Egmont de  Ludwig van Beethoven (1770-1827) escrita  para a representación da traxedia do mesmo nome escrito por Johann Wolfgang von Goethe en 1788.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (14.3 Kb)   pdf (891.3 Kb)   docx (1.4 Mb)  
Leer 9 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com