ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

FILOSOFÍA ANTIGA E MEDIEVAL

Pablo RamírezApuntes2 de Octubre de 2021

43.515 Palabras (175 Páginas)102 Visitas

Página 1 de 175

[pic 1][pic 2]

HISTORIA DA FILOSOFÍA. 2º BAC.

BLOQUE PRIMEIRO: FILOSOFÍA ANTIGA E MEDIEVAL

ESQUEMA DOS APUNTES BÁSICOS

UNIDADE 1: O NACEMENTO DA FILOSOFÍA

—A ORIXE DO «COSMOS» NA CORRENTE PRESOCRÁTICA

—DIALÉCTICA SOCRÁTICA E RELATIVISMO DOS SOFISTAS

UNIDADE 2. AS TEORÍAS DE PLATÓN

—ONTOLOXÍA: A REALIDADE

—EPISTEMOLOXÍA: O COÑECEMENTO

—ANTROPOLOXÍA: O SER HUMANO

—ÉTICA: A CONDUTA MORAL

—POLÍTICA: A SOCIEDADE

UNIDADE 3. AS TEORÍAS DE ARISTÓTELES

—ONTOLOXÍA: A REALIDADE

—PSICOLOXÍA: A PSIQUE

—ANTROPOLOXÍA: O SER HUMANO

—EPISTEMOLOXÍA: O COÑECEMENTO

—ÉTICA: A CONDUTA MORAL

—POLÍTICA: A SOCIEDADE

UNIDADE 4: O PENSAMENTO NA IDADE MEDIA

A FORMACIÓN DO CRISTIANISMO: A PATRÍSTICA E AGOSTIÑO DE HIPONA

—A CUESTIÓN FE-RAZÓN NA PATRÍSTICA

O ASENTAMENTO DO CRISTIANISMO: A ESCOLÁSTICA E TOMÉ DE AQUINO

—A CUESTIÓN FE-RAZÓN NA ESCOLÁSTICA.


HISTORIA DA FILOSOFÍA. 2º BAC.

BLOQUE PRIMEIRO: FILOSOFÍA ANTIGA E MEDIEVAL

UNIDADE 1: O NACEMENTO DA FILOSOFÍA

APUNTES BÁSICOS

_________________________ESQUEMA DOS CONTIDOS DA UNIDADE________________________

1. A ORIXE DO «COSMOS» NA CORRENTE PRESOCRÁTICA

Introdución: AS «POLIS» GREGAS

1.1. O PASO DO PENSAMENTO MÍTICO AO PENSAMENTO RACIONAL

1.2. O PROBLEMA DA «FISIS» NO PENSAMENTO GREGO

1.2.1. O nacemento do concepto de «fisis»

1.2.2. (Primeira fase:) A busca da orixe da «fisis»: O «arché»

1.2.2.1. O «arché» sensible: os filósofos milesios

1.2.2.2. O «arché» intelixible: os filósofos pitagóricos

1.2.3. (Segunda fase:) A explicación do funcionamento da «fisis»: ser e cambio

1.2.3.1. A dicotomía ser—cambio: Heráclito e Parménides

1.2.3.2. A solución pluralista: Empédocles, Anaxágoras e Demócrito

1.2.3.3. A solución dualista: Platón

1.2.3.4. A reunificación dos procesos de ser e cambio: Aristóteles

2. DIALÉCTICA SOCRÁTICA E RELATIVISMO DOS SOFISTAS

Introdución: O XIRO ANTROPOLÓXICO DO PENSAMENTO GREGO

2.1. O DEBATE SOBRE A VERDADE (relativismo fronte a antirrelativismo)

Os sofistas: relativismo e escepticismo—Sócrates: a verdade por indución

2.2. O DEBATE SOBRE A ORIXE DO «NOMOS» (convencionalismo fronte a naturalismo)

Os sofistas: convencionalismo—Sócrates: naturalismo

2.3. O DEBATE SOBRE A FUNCIÓN DO COÑECEMENTO (utilidade fronte a sabedoría)

Os sofistas: retórica e persuasión—Sócrates: a sabedoría e o método maieútico

Epílogo: PLATÓN E ARISTÓTELES: O ASENTAMENTO DO ANTIRRELATIVISMO


A ORIXE DO «COSMOS» NA CORRENTE PRESOCRÁTICA

AS «POLIS» GREGAS

A Grecia anterior ao século VIII a. C., era un conxunto de pobos pequenos e pouco artellados. A partir dese século produciuse un agrupamento en pequenas comunidades políticas independentes, as «polis». Nelas nacerá a filosofía no século VII a. C.

        Cada «polis» considerábase a si mesma como unha especie de nación separada e independente xa que tiña leis propias sobre asuntos relixiosos, administrativos e militares. Non estaban moi poboadas: tiñan entre 3.000 e 5.000 habitantes, e só Esparta e Atenas acadaron poboacións máis amplas. As «polis» loitaban entre si, facendo alianzas ocasionais entre elas. Pero malia ese antagonismo e malia o autónomas que eran as «polis», a súa poboación considerábase como parte da mesma civilización grega ou helena. Compartían a lingua, a relixión, e unha tradición artística, literaria, filosófica e científica. No século IV a. C. Filipo II, rei de Macedonia, ao norte da Grecia, aproveitando o debilitamento das «polis» pola chamada Guerra do Peloponeso, conquistou as «polis», eliminando a súa autonomía e formando un estado unificado que o seu fillo, Alexandre Magno, asentou e ampliou. Así comezou unha nova época coñecida como «época helenística».

        As «polis» tiñan unha estrutura semellante. No centro, onde se xestionaban as cuestións políticas e administrativas, estaban a acrópole e a ágora. Aproveitando algunha elevación do terreo construían a acrópole (significa «cidade alta») e alí situaban os principais edificios políticos, económicos e relixiosos. Fortificada con muros, a acrópole servía de refuxio para a poboación en caso de conflito bélico. O centro da actividade comercial e o lugar de reunión da poboación era a ágora ou praza. Rodeando as «polis» había unha área de cultivo que podía estenderse varios quilómetros. Nesa área vivía a poboación campesiña que só acodía ao centro para resolver asuntos administrativos ou para defenderse en caso de guerra. Esa área rural daba ás «polis» a independencia económica que facía posible a independencia política e militar.

        Había tres estratos de poboación segundo foran ou non libres e segundo o tipo de dereitos e responsabilidades que tivesen:

1. A condición de cidadán conseguíase por nacemento. Os cidadáns tiñan dereitos pero tamén responsabilidades coa «polis»: pagaban impostos, formaban parte do exército cando se lles requería, e participaban na administración de xustiza e no goberno, votando cargos ou sendo elixidos para eles.

2. Os estranxeiros que vivían e traballaban nas «polis» eran libres pero non tiñan dereitos nin obrigas cidadás. En Atenas chamábanos «metecos».

3. Os escravos formaban o gupo maioritario da poboación. Carecían de liberdade e de dereitos cidadáns. Había escravos privados e públicos. Os privados eran propiedade dos cidadáns libres e os públicos pertencían ao estado. Sobre eles recaía grande parte do traballo manual. Había escravos traballando en todo tipo de industrias, nas minas, no comercio, dentro das casas, no campo ou nos servizos públicos. En caso de guerra podían ser recrutados. Un ser libre convertíase en escravo case sempre como forma de castigo (por formar parte dos vencidos nunha guerra, por incumprir determinadas leis...). Os escravos podían comprar a súa liberdade ou obtela do seu amo.

O PASO DO PENSAMENTO MÍTICO AO PENSAMENTO RACIONAL

Os seres humanos podemos ter dúas actitudes fronte á realidade: (1) aceptar que non podemos comprendela máis que en parte, ou (2) crer que toda ela é comprensible.

        A primeira actitude dá lugar a unha división da realidade en dúas dimensións: unha comprensible e controlable polos seres humanos, e outra incomprensible e que daquela non podemos controlar. Por exemplo: enténdese como construír unha casa, como sementar para producir comida, como fabricar armas, casas ou barcos, como defenderse do frío... Pero hai outros asuntos que se consideran fóra do alcance da comprensión humana: o que acontece despois da morte, por que chove, o amor, como comezou a existir a mundo, por que enfermamos... Esa forma de enfrontar a comprensión da realidade dá lugar ao pensamento mítico.

        Como o ser humano é curioso o pensamento mítico non pode deixar de ofrecer aclaracións sobre o incomprensible, pero por vez de ofrecer explicacións lóxicas busca narracións simbólicas: os mitos. Os mitos son narracións sobre seres sobrehumanos (divinidades, heroes, forzas, espíritos...) que inflúen constantemente nos asuntos humanos sen que poidamos facer nada para entendelo e moi pouco para evitalo. Os mitos transmítense oralmente xeración tras xeración polo que se van enriquecendo e completando sen que nunca estean totalmente rematados.

        A segunda actitude dá lugar ao pensamento racional que interpreta que a realidade é unha totalidade ordenada, un «cosmos», perfectamente comprensible para o pensamento humano. Todo está sometido a leis que a razón humana, o «logos», pode captar. O pensamento racional segue principios lóxicos cos que se constrúen modelos da realidade que nos permiten anticiparnos ao que acontece (aos terremotos, á diminución da auga potable, ás enfermidades, á morte, ao amor...).

        Todos os seres humanos, desde que existe a especie, usamos o pensamento mítico e o racional, pero até non hai moito todas as sociedades aceptaban que a visión correcta da realidade era a que ofrecía o pensamento mítico. A primeira sociedade que se guiou por principios racionais foi a grega no século VII a. C. Pasados os séculos, o pensamento racional transmitiuse á sociedade romana e de aí ao que chamamos Europa. No século XVII triunfou en case toda Europa unha forma de pensamento racional aínda máis estrita que a filosofía: o pensamento científico, que obriga non só a usar principios lóxicos senón tamén a seguir un método (o método científico) que permite facer modelos da realidade máis obxectivos e preditivos e, daquela, máis útiles para anticipármonos á realidade.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (263 Kb) pdf (701 Kb) docx (128 Kb)
Leer 174 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com