ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Glosario historia


Enviado por   •  26 de Marzo de 2020  •  Trabajos  •  1.634 Palabras (7 Páginas)  •  152 Visitas

Página 1 de 7

GLOSARIO

A.

AMNISTÍA: Perdón oficial dos delitos que exime de cumprir as penas ás persoas que os cometeron.

B.

BLOQUES: Cada un dos bandos en que quedou dividido o mundo durante a Guerra Fría: o bloque occidental e o comunista.

BRECHA DIXITAL: Separación que existe entre as persoas, comunidades ou países que utilizan as novas tecnoloxías da información como parte rutineira da súa vida, e aqueles que non teñen acceso a elas ou non saben como utilizalas.

BABY BOOM: Crecemento extraordinario da natalidade durante un período breve, de cinco ou dez anos.

C.

CARREIRA DE ARMAMENTOS: Rivalidade propia da Guerra Fría entre Estados Unidos e a Unión Soviética, en que ambas as superpotencias desenvolveron gran cantidade de armas, incluídas as nucleares, para intentar superar ao contrario.

CARREIRA ESPACIAL: Competencia tecnolóxica no período da Guerra Fría entre Estados Unidos e a Unión Soviética polo control do espazo.

COMUNISTA, SISTEMA: Sistema político caracterizado pola centralización estatal dos medios de produción e a existencia dun partido único, o comunista.

CONFLITOS DE BAIXA INTENSIDADE: Eran conflitos de carácter rexional que non poñían en perigo a paz mundial, pero en que se resolvía a pertenza dos contendentes a un ou outro bloque.

CONCORDATO: Acordo entre o Vaticano e outro Estado. No Concordato asinado en 1953 recoñecíanse os privilexios que o réxime franquista lle concedera á Igrexa.

COMPETITIVIDADE: Capacidade de competir con outros sectores e empresas rivais no mercado.

D.

DEMOCRACIA: Sistema político con tres características: os cidadáns elixen os seus representantes (no goberno e nas cámaras lexislativas), existe unha separación de poderes e un Estado de dereito.

DESLOCALIZACIÓN: Movemento que fan as empresas consistente en separar os procesos produtivos de tal xeito que os realizan na zona do mundo máis adecuada para os seus beneficios.

DITADURA: Sistema político en que unha persoa ou un determinado grupo (exército, grupo étnico, relixioso, político...) concentra todos os poderes do Estado. Nas ditaduras non adoitan respetarse os dereitos humanos e, se existen eleccións, estas adoitan estar limitadas ou manipuladas.

DIVISAS: Capitais procedentes do estranxeiro que se invisten no país propio.

E.

ECONOMÍA CAPITALISTA: Baséase en dous principios: o recoñecemento da propiedade privada e a existencia dun mercado libre, que funciona de acordo coa lei da oferta e da demanda.

ECONOMÍA COMUNISTA: Economía planificada e centralizada, baseada nos principios marxistas. O Estado é o único propietario, polo que pon en práctica a socializacións da industria, a colectivización da terra e o control da distribución da produción.

ESTADO DO BENESTAR: Sistema social creado polo Estado co fin de garantir aos seus habitantes un mínimo nivel de calidade de vida.

ESTADO CONFESIONAL: Estado que recoñece unha relixión oficial, e as leis axústanse á súa doutrina.

ESTADO DE EXCEPCIÓN: Orde do goberno que suspendía as escasas liberdades que a ditadura lle concedía á poboación.

F.

FASCISMO: Doutrina e réxime político totalitario, antidemocrático e anticomunista, nacionalista e militarista implantado en Italia por Benito Mussolini na década de 1920, e que durou nese país ata o final da Segunda Guerra Mundial.

FRANQUISMO: Réxime político de carácter ditatorial desenvolvido polo xeneral Francisco Franco tras a Guerra Civil española, e que se mantivo ata a súa morte, en 1975.

FUNDAMENTALISMO: Movemento relixioso que aplica o contido dos libros sagrados para regular a vida política, económica e social.

G.

GLASNOST: Política de <<transparencia>> ou <<apertura>> posta en práctica por Gorbachev, presidente da Unión Soviética de 1985 a 1991. Pretendía democratizar o sistema político, controlado polo partido comunista, e eliminar a censura nos medios de comunicación. Xunto coa perestroika, precipitou unha serie de rápidos cambios.

GLOBALIZACIÓN: Proceso cara a unha maior independencia e integración da economía e das formas de vida no mundo.

I.

ÍNDICE DE DESENVOLVEMENTO HUMANO (IDH): Índice elaborado pola ONU para medir o desenvolvemento dun territorio, tendo en conta aspectos económicos e sociais.

INTIFADA: Levantamento popular da poboación palestina de Gaza e Cisxordania contra a ocupación israelí.

INFLACIÓN: Subida dos prezos dos produtos.

M.

MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS: Aqueles medios de difusión da cultura e da información accesibles á gran maioría da poboación, como radio, prensa, cine e televisión.

MOVEMENTO DE PAÍSES NON ALIÑADOS: Organización constituída por un conxunto de países, a maioría xurdidos do proceso de descolonización, que tiña como obxectivo condenar o colonialismo, promover o desenvolvemento económico, preservar a independencia e non integrarse en ningún dos dous bloques de poder xurdidos na Guerra Fría. Estas formulacións quedaron reflectidas na Conferencia de Bandung de 1955.

MOVEMENTO FEMINISTA: Naceu e desenvolveuse nas décadas de 1950 e 1960 para loitar pola igualdade legal e laboral entre a muller e o home, polo dereito ao divorcio, ao aborto, etc.

MOVEMENTO HIPPY: Corrente xuvenil nacida na década de 1960 nos Estados Unidos que avogaba pola liberdade individual. Estivo caracterizado por un estilo de vida propio, manifestado tamén na moda e na música.

MOVEMENTO PACIFISTA: Integrados por grupos de protesta contra as guerras e a carreira de armamentos das dúas superpotencias na Guerra Fría.

MOVEMENTO POLOS DEREITOS CIVÍS: Xurdiu nas décadas de 1950 e 1960 nos Estados Unidos para combater a discriminación

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (11.4 Kb)   pdf (50 Kb)   docx (13.6 Kb)  
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com