ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Historia 4 eso (en catalán)


Enviado por   •  23 de Noviembre de 2021  •  Apuntes  •  1.246 Palabras (5 Páginas)  •  84 Visitas

Página 1 de 5

O absolutismo: sistema político vixente na maior parte de Europa do século XVIII. O rei concentraba todos os poderes e considerábase o representante de Deus na Terra. O seu poder era de orixe divina e estaba por enriba da lei. Para exercer o poder, contaba con funcionarios e un poderoso exército; tamén implantou novos impostos.

Mercantilismo: sistema económico que aplicaban os monarcas absolutos e que baseaba a riqueza dun país na cantidade de ouro e prata que posuía.

Parlamentarismo inglés: sistema político diferente do absolutismo debido á oposición da burguesía. O conflito entre os reis e a burguesía provocou as revolucións de 1642 e 1688, que remataron coa expulsión da dinastía Estuardo. O novo sistema baseouse na supremacía das leis e o monarca aceptaba o control do parlamento. A Declaración de Dereitos de 1689 indicaba que o rei garantía dereitos e liberdades, pero non podía aprobar leis nin crear outros impostos. É a base da división de poderes.

A Ilustración: corrente intelectual do século XVIII que cuestionaba o Antigo Réxime. Consideraba que a razón debía aplicarse en todos os ámbitos da vida; que as persoas tiñan uns dereitos naturais, como a liberdade individual, que o Estado non podía suprimir; que o ser humano podía alcanzar o coñecemento, que era a base da felicidade, e por iso lle daban moita importancia á educación; e que a tolerancia era a base da convivencia. As ideas ilustradas recóllense na Enciclopedia de Diderot e D’Alembert.

Pensadores ilustrados:

Montesquieu: defensor da división dos poderes do Estado. Obra: O espírito das leis.

Voltaire: partidario dunha monarquía con liberdades civís. Obra: Cándido.

Rousseau: defensor da liberdade e da igualdade das persoas. Obra: O contrato social.

Despotismo ilustrado: sistema político que aplicaba ideas ilustradas desde a monarquía. Tomaron varias medidas: fundaron novas institucións educativas, modernizaron a burocracia, reforzaron a Administración central e trataron de levar a cabo desamortizacións (que os bens de mans mortas pasasen ao Estado para vendelos).

Carlos III: impulsor do despotismo ilustrado en España. Nomeou a ministros italianos para facer cousas en contra dos privilexiados, pero estes promoveron revoltas como o motín de Esquilache. Tras este, chegaron outros ministros que intentaron modernizar o país: aplicaron unha política regalista que implicaba o sometemento da Igrexa ao poder real; potenciaron o desenvolvemento económico; fomentaron a educación; e impulsaron a creación de Sociedades Económicas de Amigos do País, para intercambiar ideas sobre varios temas. En política exterior, España non recuperou Xibraltar, pero si Menorca.

Galicia no s. XVIII: en política, creouse a Intendencia, que contribuíu ao control de Galicia por parte do Estado cunha nova centralización do poder e a división en sete provincias; o poder da monarquía alcanzaba as cidades, porque no campo o poder tíñano a Igrexa e a fidalguía. En economía, a base era a agricultura, pero a maior parte das terras pertencían a relixiosos e nobres, que a arrendaban á fidalguía e esta, mediante o foro, subarrendábaa aos campesiños; introducíronse novos cultivos, como o millo e a pataca, e logo chegaron novos métodos de pesca e conserva e construíuse a base naval en Ferrol, xunto coa siderurxia en Sargadelos e o impulso da industria téxtil. Na sociedade, as melloras fixeron aumentar a poboación; houbo emigración a Castela, Portugal e América debido á presión demográfica, pero tamén transformacións económicas e ideolóxicas, e consolidáronse a fidalguía e os comerciantes. A maioría da poboación era campesiña e a sociedade, agraria.

Revolución americana: en América, estaban as Trece Colonias fundadas por colonos ingleses; as do norte baseaban a súa economía na agricultura e no comercio, e as do sur no cultivo de tabaco. Reino Unido quería dispoñer das materias primas americanas e reservábase o monopolio comercial, o que dificultaba o comercio entre as Colonias, e a tensión foise agravando porque tiñan bastante

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (8.2 Kb)   pdf (46.8 Kb)   docx (10.8 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com