“Historia de una maestra”
lucia maneiroApuntes14 de Abril de 2020
3.234 Palabras (13 Páginas)379 Visitas
índice
1. Ficha técnica 2
2. Biografía 2
3. Xustificación da elección do libro 3
4. Introdución do libro e contexto histórico 3
5. Explicación do libro 4
6. Resumo 4
7. Valoración crítica 8
8. Conclusión e opinión persoal 10
Ficha técnica
Título | “Historia de una maestra” |
Xénero | Narrativa |
Editorial | Alfaguara |
Ano de edición | 2018 |
ISBN | 9788420469638 |
Idioma | Español |
Autora | Josefina Aldecoa |
Número de páxinas | 237 |
Biografía
Josefina Aldecoa
Josefina naceu en La Robla, situado en León, no ano 1926. Doutorouse en Filosofía e Letras pola universidade de Madrid. Nos anos 40 comezou a formar parte de círculos literarios como os da revistas Españada e Revista Española. Casouse no 1952 co escritor Ignacio Aldecoa e tomou o seu apelido. No 1959 fundou o colexio privado, Estilo, ao que se adicou o resto da súa vida. [pic 1]
Enmarcada na Xeración dos 50, a súa
primeira publicación foi o libro de contos “A ninguna parte” no 1962.
No 1969, tras a morte do seu marido, fixo unha selección e edición critica dos contos do escritor e escribiu o libro de memorias “Los niños de la guerra”.
Falece en Santander o 16 de marzo do 2011.
Xustificación da elección do libro
A xustificación da elección do libro basease principalmente nas reseñas que hai deste nas diferentes páxinas de Internet. Pero primeiramente antes diso lin un breve resumo que aparecía en Internet e tamén o fixen do outro libro que se podía elixir “Viaje por las escualas de Galicia”.
Tras isto vin que o libro era de xénero biográfico polo que crin conveniente escollelo xa que pensaba que sería máis sinxelo de ler.
Polo que finalmente decidín que o libro “Historia de una maestra” fose meu libro obxecto de estudo.
Introdución do libro e contexto histórico.
“Historia de una maestra” foi publicada no 1990. Pertence a unha triloxía na que todos os libros que a compón son autobiográficos. Este libro é o primeiro da triloxía, sendo o segundo “Mujeres de negro” publicada no ano 1994, e a terceira “La fuerza del destino” no 1997.
Este libro é un libro feito en primeira persoa e esta baseado na vida de Gabriela, que nos conta a súa vivencia coma mestra dende os anos vinte ata o comezo da Guerra Civil.
Ao longo da novela situásenos en distintos contextos históricos como son a República, a Revolución de outubro e a guerra. Faise referencia á época de ignoranza, opresión e pobreza, intentando amosarnos o papel que tiñan os mestres e mestras daquel entón onde tiñan que loitar por educar ao país.
A historia esta contada dende o recordo, intentando levarnos a aqueles momentos. O período histórico vai dende os anos 20, ata que comeza a Guerra Civil, pasando pola etapa da República.
Explicación do libro
Neste apartado vou falar de como esta repartido o libro.
O libro comeza cunha breve biografía da autora, Josefina Aldecoa, proseguido dun breve prólogo.
A hora de falar do libro en si, mellor dito da historia, hai que dicir que esta dividido en tres partes, nas cales contásenos unha vivencia distinta, dunha etapa diferente. Polo que o libro queda dividido da seguinte maneira:
- Primeira parte: “El comienzo del sueño”, na que Gabriela cóntanos que remata os seus estudos, traballa en pobos e máis tarde prepara as oposicións. Tras aprobalas decide marchar a Guine Ecuatorial onde descobre moitas cousas e de onde ten que regresar por problemas de saúde.
- Segunda parte: “El sueño”, casa con Ezequiel e queda embarazada. Mudase a un pobo onde comezará unha nova vida.
- Terceira parte: “El final del sueño”: múdanse a un pobo mineiro onde o alcalde é republicano.
E por último o libro presenta o índice.
Resumo
Este libro cóntanos a historia dunha parta da vida dunha mestra. Este libro conta con 3 claras partes as cales irei resumindo unha a unha.
A primeira delas titulase “El comienzo del sueño”:
No ano 1923, concretamente no mes de outubro a protagonista da historia, Gabriela López Pardo, a cal tiña 19 anos da comezo a súa ocupación como mestra. O día que foi ver se estaba aprobada á Escola Normal presenciou unha voda na cal ningún dos dous noivos semellaba animado, os casados eran a Señorita Carmen Polo e Martinez Valdés e o Teniente Coronel Don Francisco Franco Bahamonde, pero a Gabriela non lle dicían nada estes nomes aínda que anos máis tarde oiríanse en todos os lares e marcarían o seu destino.
Gabriela cóntanos un pouco o que viviu nos seus dous primeiros traballos como mestra aínda que o fai cúrtamete xa que di non acordarse moito; pero a terceira das súas interinidades a conta con moito máis detalle.
En relación o seu primeiro pobo que lle destinaran dixéronlle nada máis chegar que a ían recibir a palos. Isto desconcertouna e o primeiro dia da escola cando preguntou quen sabia ler quedou abraiada cando descubriu que só un rapaz sabía facelo. Pouco tempo despois cando xa case todos sabían facelo o alcalde díxolle que tiña que marchar que ía ir outra mestra.
Do segundo dos pobos cóntanos menos ca do primeiro, pero cabe dicir que ían poucos rapaces a clase xa que tiñan que axudar a súa familia na vendima. Aquí so durou dous meses.
Na terceira das escolas xa durou máis tempo, esta estaba situada nunhas ladeiras dunhas montañas, lonxe do resto dos pobos. Neste pobo si que acudían bastantes rapaces a clase, ao redor de 30. A súa primeira impresión da escola non foi boa polo que ela quería arranxala un pouco para que así os rapaces estivesen en mellores condicións, cousa que lle resultou molesta ao alcalde. Outro dato deste pobo foi que primeiramente ninguén a quería acoller na súa casa pero cando Wenceslao, un señor maior do pobo, abriulle as portas da súa apareceu outra muller para acollela xa que consideraban mal visto que estivese na casa dun home. Máis tarde comezaron as persoas do pobo a pedirlle consellos de saúde xa que o médico pasaba cada moito porque tiña outros pobos máis ricos. Tras isto Gabriela comezou a dar clases tamén as mulleres do pobo, como era por exemplo a hixiene do fogar, e máis tarde clases de punto. A protagonista un día púxose enferma e avisaron o seu pai, quen foi ata o pobo e mandouna marchar para casa, que non seguira nese pobo dando clases.
Estivo enferma moito tempo pero cando recuperou preparou as oposición onde quedou de terceira das lista, polo que xa era mestra en propiedade; puidendo esta maneira elixir a súa escola.
Decide irse a Guinea Ecuatorial, onde todos os alumnos eran de cor, e a escola era nacional e de balde. Neste lugar as clases as impartía moi cedo xa que logo ca calor era imposible, nesta escola ningún rapaz tiña moito coñecemento de castelán, e cando viron o material escolar quedaron abraiados. Gabriela intentaba transmitirlles coñecementos a través de cancións. Cando xa levaba un tempo Emile, o médico que coñecera na viaxe, cambiouna de posada debido as condicións nas que se atopaba. Neste pobo había moi poucas mulleres brancas. Cabe dicir que foi neste pobo cando intentaron abusar dela sexualmente. Gabriela mensaxe base co pai e nunha carta escribiulle cun familiar duns coñecidos atopábase en Guinea e que pasaría a coñecela. Tempo despois volveu enfermar e Emile díxolle que tiña que voltear a súa casa, que era grave o que lle había ocorrido pero que tiña cura.
A segunda das partes do libro recibe o nome de “El sueño”.
Esta parte comeza contándonos a súa voda, cando ela tiña 25 anos, que tivo lugar na ermita do Santo Sendero, casou con Ezequiel (tamén era mestre), quen non tiña familia cercana polo que foron os seus pais os que elixiron para os papeis principais. Gabriela di que cando casou non tiña amor cara el pero que non se arrepentiu nunca.
Gabriela mandáballe todos os meses diñeiro a súa familia, pero neste punto de partida seu pai díxolle que o deixara de facer que o ía precisar na nova etapa. Tras casar pensaban que encontrar un piso lles resultaría máis sinxelo aínda que finalmente o atoparon a pesar de que lles resultara algo complicado. Tras tempo da relación Gabriela quedou embarazada.
...