ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Caso Industria de Deseño Téxtil S.A, Inditex


Enviado por   •  11 de Diciembre de 2016  •  Trabajos  •  1.470 Palabras (6 Páginas)  •  316 Visitas

Página 1 de 6

INDICE:

  1. PRESENTACIÓN DA EMPRESA..................………………………………………2
  • Facturación……………………........................……………………………..2
  • Beneficios………………………......................……………………………..3
  • Consello de administración………………………….......…………………..4

  1. INFORME SOBRE SU SITUACIÓN EN BOLSA………………………….………4
  • Evolución de presos…...……………………………………………….…….4
  • Comparativa Prezo – Beneficio Bruto (PER).............................................5
  1. FINANCIACIÓN A TRAVÉS DEL MERCADO DE VALORES........................6
  • Splits………………………..……………………………………………….6
  • OPVs…………………………………..…………………………………….6
  • Feitos relevantes  …………………………………………………………..6
  • Pago de dividendos………...........………………………………………….7
  •  Comparativa Dividendo – Beneficio (Pay-out)..........................................8
  1. ESTRUTURA DE CAPITAL....................................................................................9
  • Comparativa recursos alleos-propios..........................................................9
  1. PERFIL DA EMPRESA.

Industria de Deseño Téxtil S.A, máis comunmente chamado Inditex, é un grupo de distribución de moda nacido en 1963 como unha fábrica de roupa feminina que hoxe en día conta con máis de 7.000 tendas en cinco continentes.

En 1975 inaugura a súa primeira tenda Zara e é a partires de finais dos anos oitenta cando Inditex comeza a súa expansión a nivel internacional a través do lanzamento de novos formatos: Pull  & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe.

O obxectivo principal da empresa é : “escoitar atentamente aos clientes para ofrecerlles as propostas de moda que desexen”. Para poder lograr este obxectivo conta con 152.854 persoas de 90 nacionalidades e 45 idiomas de traballo (a data de 31 de xaneiro de 2016).

  • Facturación por ventas:

Analizando a facturación por ventas dos últimos 5 anos podemos observar que seguiu unha escala ascendente pasando de 13.793 millóns de euros no ano 2011 a 20.900 millóns de euros no ano 2015.

[pic 1]

Como podemos ver a continuación  experimentou  un crecemento importante en ano 2015; un 15,36% respecto ao ano anterior. É a maior subida rexistrada na facturación de Inditex desde o ano 2012.

[pic 2]

  • Beneficios:

En caso de los beneficios vemos experimentaron unha forte baixada no ano 2013, pero no ano 2015 vemos que xa empeza a recuperar a súa posición aínda que non alcanza o crecemento experimentado no ano 2012.

[pic 3]

[pic 4]

  • Consello de Administración.

  • Pablo Isla álvarez de Tejera: presidente
  • Amancio Ortega Gaona: vocal e fundador.
  • José Arnau Sierra: vicepresidente.
  • Pontegadea Inversiones S.L: vocal.
  • Baronesa Kingsmill CBE: vocal.
  • José Luis Durán Schulz: vocal.
  • Rodrigo Echenique Gordillo: vocal.
  • Carlos Espinosa de los Monteros: vocal.
  • Emilia Sarachez Rodríguez  de Torres: vocal.
  1. INFORMACIÓN SOBRE SU SITUACIÓN EN BOLSA.

Inditex cotiza en bolsa desde o ano 2001 e forma parte de índice bursátiles, tales como o Ibex-35 , FTSE, Eurotop 100 etc. e de índices de sostibilidade como Ftse4Good e Dow Jones Sustainability.

No momento da saída á bolsa (23 de maio de 2001) a empresa fixou en 2.446 pesetas (14,70 euros) o prezo da súa Oferta Pública de Venta das súas accións. Un 26,09 % das accións da sociedade matriz do grupo puxéronse á venda a través da OPV dirixida tanto a inversores particulares como institucionais. A acollida desta Oferta por parte dos inversores foi moi positiva, tanto a nivel nacional como internacional.

A día de hoxe a acción de Inditex cotiza a 33,23€, o que supón unha revalorización do 820,87%. A empresa é o valor do Ibex con maior capitalización, que agora conta cun valor de 103.551 millóns de euros.

  • Evolución do prezo:

Para analizar a evolución do prezo das acción de Inditex tómase como referencia os últimos 5 anos. Como observamos no gráfico o valor máis baixo foi o 25/11/2011 situado en 12,00€ pola contra, o valor máis alto foi o 2/12/2015 de 34,5850€

[pic 5]

  • Comparativa Prezo – Beneficio Bruto (PER):

El PER  é un dos indicadores máis utilizados para coñecer a valoración dunha acción e para avaliar la situación financeira da empresa en canto á cotización, accións e evolución no mercado.

[pic 6]

Neste caso observamos que o PER de Inditex é elevado por lo que implica grandes expectativas de crecemento dos beneficios futuros.

  1. FINANCIACIÓN A TRAVÉS DEL MERCADO DE VALORES.

  • Splits.

O split de accións consiste en dividir o valor nominal das accións dunha sociedade nunha proporción determinada. A finalidade desta operación é proporcionar maior liquidez aos títulos da sociedade, mellorar os seus volumes de contratación e reducir o valor das accións no mercado; é dicir, prodúcese un aumento da fraccionabilidade da inversión do accionista. Deste modo, o accionista posuirá maior número de títulos pero cun prezo proporcionalmente menor.

En 2014 Inditex realizou un split ou desdobramento de accións de cinco títulos novos por cada un antigo. É dicir, realizou un split de proporción 5 x 1.

O 15 de xullo o Consello de Administración propuxo o split á Xunta de Accionistas. Dez días despois, o 25 de xullo, levouse a cabo o canje de accións, cuxo valor nominal pasou de 0.15 a 0.03 euros. Ao cerre do mercado dese día, cada accionista recibiu cinco accións novas por cada unha antiga.

Outra data a ter en conta foi o 28 de xullo, o día que comezaron a cotizar as novas accións.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (12.3 Kb)   pdf (263.1 Kb)   docx (119.3 Kb)  
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com