HISTORIA CULTURAL DA FAMILIA E DA INFANCIA: SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (XIX-XX)
airun8Ensayo25 de Septiembre de 2014
532 Palabras (3 Páginas)423 Visitas
HISTORIA CULTURAL DA FAMILIA E DA INFANCIA: SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (XIX-XX)
• Nestes últimos douscentos anos a infancia dos nenos/as ten cambiado dunha maneira espectacular, de certo que máis ca nos vinte séculos anteriores
• A polémica sobre o recoñecemento da infancia como unha xeira con entidade de seu, con características propias, particulares e con necesidades igualmente específicas, desaparece de xeito definitivo: nas sociedades contemporáneas a infancia dispón dun espazo propio perfectamente recoñecíbel e perfectamente delimitado
• Até tal punto isto é así, que hoxe pódese afirmar que a infancia está situada case no centro das preocupacións das sociedades contemporáneas: ao neno/a hai que protexelo, coidalo, educalo, sacalo do traballo..., mais nada disto aconteceu dun xeito súpeto nos últimos douscentos anos nin, por desgraza, é unha realidade aínda en moitas zonas do planeta
• Respecto da infancia, o XIX (que aquí alongamos até 1914) é un século paradoxal. Por unha banda, e tanto dende a ciencia (medicina, psicoloxía, socioloxía, pediatría...), como dende a literatura como, en menor medida, dende os poderes públicos, a preocupación e o interese pola infancia cada vez é maior, mais ao tempo o XIX continúa a ser un tempo moi difícil para os nenos/as no que seguen a padecer unhas durísimas condicións de vida
• Realidades que veñen de atrás continúan a existir, como por exemplo a dos abandonos de nenos/as. Algúns datos son espectaculares: na cidade italiana de Milán, para 1860, varias investigacións sitúan a taxa de abandono no 30 %; entre 1800 e 1860, fálase de máis de 300.000 nenos/as abandonados nas tres principais cidades italianas; cada ano deixábanse en orfanatos franceses uns 44.000 nenos/as... Nada estraño que algúns historiadores falen dun “fenómeno de masas” para a primeira metade do século XIX. Algunhas testemuñas de nais obrigadas a abandonar seus fillos/as son arrepiantes: “Por favor, coide da miña filliña. A necesidade obrígame a deixala. Non podo seguir a ocuparme dela. Non podo criala. Virei recollela tan pronto como poida”, indicaba unha nota prendida nas roupas dunha nena deixada nun orfanato parisino a comezos do s. XIX; “Rómpeme o corazón, pero non resisto máis; gastei todo o que tiña e xa non podo dar de comer ao meu bebé. Por favor, teñan compaixón do meu filliño, porque do contrario morrerá de fame”, rezaba a nota que acompañaba un bebé entregado en Amsterdam en 1817. Xa que logo, nais obrigadas a abandonar seus fillos/as por necesidade, por pobreza; noutros casos por seren de nais solteiras (no Londres de comezos do século XIX case un 50 % dos nacidos procedían de unións fóra do matrimonio; en París eran o 33 %), ou por non poder atendelos (motivos laborais, por exemplo). En calquera caso, e como conclúe o historiador D.I. Kertzer, “As esixencias económicas, máis ca falla de agarimo maternal, levaban ás mulleres a abandonar os seus bebés”. Nenos/as depositados en orfanatos e hospicios nos que as condicións de vida resultaban dunha extrema dureza (entre o 50-65 % dos bebés morrían antes de cumprir un ano), e que só comezaron pouco a pouco a mellorar dende finais do s. XIX. Tamén dende entón dáse un descenso xeneralizado no número de rapaces abandonados, froito da lenta mellora nas condicións de vida das clases populares, así como dos fillos/as habidos fóra do matrimonio
...