ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Tratamientos Psicológicos 1


Enviado por   •  13 de Octubre de 2012  •  776 Palabras (4 Páginas)  •  432 Visitas

Página 1 de 4

1 Introdución á psicofisioloxía:

concepto e historia

ª Antecedentes históricos

A Psicofisioloxía nace coma ciencia experimental a finais do século XIX e comezos do XX co desenvolvemento do polígrafo ou oscilógrafo de varias canles, instrumento a través do que se leva a cabo os rexistros de variables fisiolóxicas. O polígrafo permite o rexistro simultáneo de distintas variables fisiolóxicas de resposta, entre os que destacan a electroencefalografía, a actividade eléctrica da pel, a frecuencia cardíaca, o volume do pulso periférico, a presión arterial, a frecuencia respiratoria, a electrooculografía e a electromiografía entre outras.

Algúns autores sitúan a orixe próxima da Psicofisioloxía en referencias a Erasístrato, Galeno e Avicena. Erasístrato interveu no caso do fillo dun xeneral enfermo logo de que o seu pai se casara en segundas nupcias. Este descubriu, por medio da observación das reaccións do fillo ante a entrada de diferentes persoas no seu cuarto, que este estaba namorado da segunda muller do seu pai, pero, evidentemente, ocultaba os seus sentimentos. Avicena diagnosticou a mesma “enfermidade” a un sobriño do emir, que neste caso estaba namorado dunha plebea, por medio da detección do pulso mentres se pronunciaban determinados nomes.

Estes relatos exemplifican unha aplicación psicofisiolóxica tipicamente clínica. O rexistro fisiolóxico emprégase coma índice dos procesos psicolóxicos alterados asociados a estímulos verbais, visuais, etc., que producen respostas fisiolóxicas, indicativas dun significado psicolóxico diferente do de outros estímulos.

O desenvolvemento histórico da psicofisioloxía é indisociable da súa aplicación clínica, deste xeito os avances relacionados co descubrimento de novas técnicas de rexistro constitúen unha das claves máis importantes para entender o seu desenvolvemento histórico.

A maioría dos métodos de rexistro psicofisiolóxicos son de natureza eléctrica, e por isto Galvani constitúe un dos primeiros antecedentes tecnolóxicos da psicofisioloxía por demostrar o carácter eléctrico a actividade dos músculos motores.

Durante o século XIX sucedéronse numerosos descubrimentos, coma por exemplo a electromiografía.

As aportacións de Matteucci, Du Bois-Reymond, Lippmann e D’Arsonval foron decisivas para a teoría da polarización do tecido muscular e para a construción dos primeiros instrumentos de rexistro electromiográfico.

A finais do século XIX descóbrese a actividade eléctrica da pel da man de Vigouroux e Ferè que descubriron a actividade eléctrica exóxena da pel; de Tarchanoff quen descubre a actividade endóxena da pel. Arredor do 1900 Einthoven descobre e rexistra a actividade eléctrica do corazón, asentando as bases da electrocardiografía. No 29 Berger rexistra por primeira vez a actividade eléctrica do cerebro en humanos colocando electrodos na superficie externa do coiro cabeludo, a este rexistro denomínao electroencefalograma.

As aportacións

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (5.9 Kb)  
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com