ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Islam Y Bizancio


Enviado por   •  7 de Enero de 2013  •  2.091 Palabras (9 Páginas)  •  252 Visitas

Página 1 de 9

JESUS GONZALEZ REQUENA

EL DISCURSO

TELEVISIVO:

espectáculo de la posmodernidad

Ediciones Catedra, S. A., 1995 Madrid

Asignatura: Perspectivas actuais en Filosofía da historia

Alumna: Leticia Salvado López

Jesús González Requena é un catedrático en Comunicación audiovisual que intenta, por medio de esta obra, mostrarnos a realidade da linguaxe televisiva que podemos vivir día a día nun mundo no que a televisión é un medio imprescindible en tódolos fogares. Inténtanos demostrar como a televisión se converteu nun fenómeno cunha personalidade propia que rematou por escapar ata ó control do seu propio creador.

É un libro moi técnico, con moitos conceptos sobre a linguaxe que se utiliza nos discursos televisivos, e como se dirixen a cada tipo de espectador. Explícanos un pouco como a televisión, como xa sabemos, busca atrapar ó televidente mediante un trato cercano e familiar; como o presentador ou presentadora debe mirar á cámara dunha determinada forma para que todos nos quedemos pasmados para determinado programa, que igual non nos aporta nada pero deixa a nosa mente en branco e iso é o que se precisa moitas veces.

Desenvolve tamén conceptos e influencia da publicidade na televisión, ata que punto están condicionados os contidos televisivos poñendo diversos exemplos así como a realidade e o análise do discurso dos informativos. Dicir que o libro é de 1995 e o seu discurso, lonxe de parecer atrasado mantense co tempo con moito máis poder e o certo é que fronte á televisión “inocente” que se facía nos inicios desta, os contidos e información que se nos dá non fixo máis que empeorar e o resultado é a opinión negativa que hai por parte da maioría da xente sobre este medio de comunicación a pesares de ser o máis utilizado.

Conceptos clave da linguaxe

O autor inténtanos explicar o difícil proceso da linguaxe e os seres comunicativos. Isto faino a través de Ferdinand de Saussure, pois con el rompeuse a evidencia do ser comunicativo do linguaxe á cal se acomodaban os filólogos e outros estudosos do linguaxe. Algo non demostrado en ningún caso cientificamente.

Sería con Saussure con quen se constrúe un novo concepto, o que faría posible a emerxencia dunha nova disciplina capaz de explicar o que sustentaba o proceso comunicativo lingüístico: a lingua, como sistema estruturado que rexía os actos da fala. Producíase así unha ruptura moi importante que causaría un impacto nas Ciencias Humanas e Sociais. A clave desta ruptura sería a semioloxía:

A lingua é un sistema de signos que expresan ideas, e polo tanto, comparable á escritura, o alfabeto dos sordomudos, ós ritos simbólicos, ás formas de urbanidade, ás señais militares, etc.

Pode, polo tanto, concibirse unha ciencia que estude a vida dos signos no seno da vida social; formaría unha parte da psicoloxía social e, por conseguinte, a da psicoloxía xeral; denominarémola semioloxía… A lingüística non é máis que unha parte desa ciencia xeral, as leis que descubra a semioloxía serán aplicables á lingüística…

Con este novo concepto chegábase a un problema, podíase utilizar de maneira exaxerada a noción de linguaxe, que non sempre estaba xustificado nunha previa identificación dos signos e códigos que o articulaban, co que o concepto mesmo de linguaxe ameazaba con quedar baleiro de contido rigoroso. Ante esta dificultade procedeuse a crear uns novos territorios semióticos en relación co linguaxe verbal, así quedaba dalgunha forma resolto o problema.

O autor fainos toda unha explicación da semiótica (concepto nada fácil si non tes nocións previas da estrutura da linguaxe) para despois poder aplicalo ó discurso televisivo. A investigación semiótica tratou de establecer a existencia dun linguaxe específico da televisión, homologable ó linguaxe verbal, esforzándose para iso por definir as característica dos signos e códigos específicos deste linguaxe. Pretendíase así, atopar na televisión estruturas de signos equivalentes á lingua, que puidesen xustificar a especificidade códiga e sígnica do linguaxe televisivo. Para isto acudo a unha cita para que sexa todo máis claro:

Chamar linguaxe a tódolos medios ou sistemas de comunicación… Ó facelo, postulaban e postulan, que, ademais do carácter común a todos estes medios e sistemas –a intención de comunicar-, os restantes caracteres xenéricos de ditos medios e sistemas son, a priori, do mesmo tipo que os das linguas humanas: que se trata de unidades da mesma natureza, combinadas entre si por regras da mesma natureza que as linguas naturais.

Aquí xa estamos a falar polo tanto de semiótica e signos que se entremesturan. Existe polo tanto, algo claro, a televisión é un medio de comunicación que traballa con linguaxes múltiples e que se mobiliza, nos seus diversos mensaxes, multitude de códigos preexistentes. Esta heteroxeneidade de códigos resulta evidente e é unha característica en todo discurso.

Ó mesmo tempo isto condúcenos á asombrosa variedade de xéneros discursivos televisivos e que constitúe non só un campo de actualización dun número moi elevado de sistemas semióticos externos e de integración de códigos e discursos preexistentes, se non tamén, e sobre todo, un campo de experimentación de múltiples e moi diferenciadas combinacións de estes códigos, sistemas e discursos previos.

Evidentemente, aínda que hoxe en día podería resultar así, non tódolos programas emitidos por unha emisora de televisión e que configuran a súa programación teñen posesión o carácter de mensaxes implicados nun ben do proceso comunicativo na medida en que interpelan ó destinatarios demandando de el unha resposta interpretativa (aínda que xeralmente sexa así).

O discurso televisivo

En canto á súa estrutura funcional é preciso mostrar en qué medida o conxunto da programación constitúe unha unidade discursiva de rango superior ás unidade que contén e é capaz de sometelas á súa propia lóxica. A actuación da institución emisora televisiva como destinatario do conxunto de mensaxes que constitúen a programación e que son ofrecidos como tal conxunto, (como poden ser as presentacións diarias da programación, ó igual que as despedidas que anticipan a programación do día seguinte), ós telespectadores permite recoñecer na programación televisiva esa función sociocomunicativa que caracteriza ó discurso unitario.

Algo moi importante no discurso televisivo é a coherencia. As investigacións deste momento, 1995, no campo da semiótica textual diferenciaban dous grandes niveis de estruturación do discurso:

Macrocomponente e microcomponente. O primeiro correspondería á estrutura profunda, e o segundo, á de superficie.

Das características macroestructurais dos discursos televisivos, é dicir, das programacións como grandes unidades textuais, depende o funcionamento comunicativo dos mensaxes que se inscriben no seu interior e, polo tanto, os efectos psicolóxicos, sociais, ideolóxicos, políticos, antropolóxicos… que estes grandes medios de comunicación poden provocar nas sociedades modernas.

Pero igual o aspecto máis sorprendente do discurso televisivo é a tendencia a negar toda forma de clausura e, por iso, a prolongarse ininterrumpidamente cara o infinito. Presentase así, como un discurso permanente, interminable. Para clarificar isto, solo fai falta mirar a realidade dos nosos informativos diarios, eles conteñen noticias, actualmente cos temas de moda: a crise, política, algún desastre natural…Neste momento case todas son malas pero o certo é que o peche dun informativo sempre ten unha noticia boa que darnos como para dicirnos que a pesar de todo o que estamos vivindo non estamos tan mal. Isto relacionase coa falta de clausura do discurso. Por iso que está tan de moda pechar o informativo cunha nota musical sobre o novo disco de tal cantante ou anécdotas sobre outros países con cousas superfluas pero que causan graza, isto fainos seguir o día ou irnos para a cama cunha boa sensación, aínda que no fondo sabemos que non é así, pero o discurso televisivo consigue o seu fin.

Interesante tamén resulta o capítulo que dedica o autor a explicar a teoría do espectáculo e como este se foi desenvolvendo ó longo do tempo. É complicado definir este, pois é listado aberto e caótico pero acaba por definilo como a poste en relación de dous factores: unha determinada actividade que se ofrece e un determinado suxeto que a contempla, e de aí nacería a relación espectacular, como a interacción que surxe da posta en relación dun espectador e de unha exhibición que lle ofrece . O espectáculo nun inicio utilizábase para falar do circo ou do teatro, polo que non formaba parte do noso día a día, pero isto mudaría coa televisión, produciuse unha cotidianiedade do espectáculo televisivo e este desvirtuou ós demáis.

So temos que observar a programación de cada día e ver o espectáculo constante e ver como o televisor se converte nunha peza clave do interior dos fogares e como o discurso deste se compatibiliza con todas as nosas actividades, dende a comida ó sono, dende ir ó baño ata unha mínima conversa cos nosos pais e amigos.

Comentario persoal

O libro resulta dun gran interese a pesar de ser demasiado técnico en canto a conceptos sobre a linguaxe, fainos reflexionar sobre a función que ten a televisión nas nosas vidas e que, a valoración persoal, penso que hoxe en día isto xa mudou e que a influencia da televisión nas nosas vidas xa é menor porque temos moitos máis medios informativos o certo é que segue a ter un lugar primordial nas nosas casas que en poucos fogares se está vendo desbancado polo ordenador.

É curiosa a forma en que nos mostra como a irrupción do televisor nas nosas casas mudou ata a forma de dispoñer os mobles, porque así como nun plató de televisión todo está disposto para captar a nosa atención, isto trasladase ás nosas casas e en tódalas habitacións nas que hai un televisor, este está disposto para que poida verse dende calquera lugar do cuarto, Requena fainos un esquema moi interesante disto e explicanos o efecto que a televisión produciu nas redes comunicativas intrafamiliares, que se ven interferidas por este elemento, a anterior “mesa redonda” vese agora rota.

Ó mesmo tempo, seguindo coa influencia da televisión, non debemos deixar atrás, e Requena insiste nisto, en canto á influencia que produce a publicidade nos contidos televisivos, hoxe en día están rexidos por esta e están condicionados pois os anunciantes financian as emisións da televisión comercial. Isto inflúe moito, comeza en EEUU e imponse en todo o mundo. O autor ponnos dous exemplos moi claros.

• Unha marca de patacas fritas pagou unha inxente cantidade de diñeiro a unha serie de televisión que nese momento estaba de moda para que esta sacase en cada capítulo da súa emisión a unha persoa comendo patacas fritas.

• A marca de tabaco Camel, pagaría tamén unha gran cantidade a outra serie de televisión a cambio de que esta mostrase ós personaxes positivos desta fumando nas súas escenas.

Isto ocorre día a día e cada vez invéntanse novas técnicas para que a publicidade nas series de televisión e películas non sexa tan evidente, pois co informados que estamos hoxe en día, xa vemos a televisión doutra maneira e podemos ver o evidente das marcas que intentan impoñerse.

Pero o que máis curioso me resultou de todo o libro foi como define o discurso en si a través de moitos autores e como despois nos di que,o discurso televisivo dos países totalitario, en canto a discurso de Estado é informativo (en tanto que censura) mentres que o que caracteriza ás democracias occidentais non porque o di dende tódolos ángulos, cunha opinión de cada medio e isto ó final non é algo informativo. O mesmo diríase dos estados de excepción televisiva; pensamos, por exemplo, no breve pero importante momento da tarde –noite do 23 –F. Isto é moi fácil observalo hoxe en día, xa non só na televisión si non en tódolos medios de comunicación; cando ocorre un acontecemento o espectador é informado de diferente forma dependendo o medio que escolla, a canle de televisión, o periódico, a páxina web…a información de hoxe en día pasou a ser tan libre que moitas veces é simplemente unha opinión persoal que non fai máis que confundir ó espectador, e isto é moi perigoso pois moitas veces adoctrina máis que calquera censura.

Ó final do libro Requena fainos unha breve síntese do que contén un discurso televisivo e vemos o tan diferente que é dos demais discursos e permite darnos conta de que, algo tan cotidiano e que moitas veces cremos inocente estanos a transmitir algo do que despois falaremos coas nosas persoas máis cercanas ou condicionará algo da nosa vida. O libro trata de descubrir e desmantelar un pouco a realidade televisiva á que nos enfrontamos tódolos días e non nos damos de conta. A cantidade de horas que pasa unha persoa diante da televisión é moi alta en comparación ó que en realidade esta lle transmite, tendo en conta que un 30% do tempo se gasta en publicidade, e si non hai publicidade o espectador non se levanta nin para ir ó baño, realmente son cousas que deberíamos plantexarnos cando a televisión ocupa nos nosos fogares o moble máis importante.

...

Descargar como  txt (13.2 Kb)  
Leer 8 páginas más »
txt