ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Cadena de suministros DIRECCIÓN DA CADEA DE SUMINISTROS


Enviado por   •  18 de Mayo de 2018  •  Resúmenes  •  2.129 Palabras (9 Páginas)  •  67 Visitas

Página 1 de 9

DIRECCIÓN DA CADEA DE SUMINISTROS

Unha cadea de suministros está formada por unha serie de procesos involucrados na acción de satisfacer ó cliente, xa sexa por bens de consumo ou mediante servizos. Estará formada por provedores, fabricantes e/ou provedores de servizos, distribuidores, maioristas e/ou minoristas que se encargan da obtención da materia prima, transformación dista en produtos intermedios e produtos terminados e a distribución destes produtos aos consumidores finais. Co obxectivo de conseguir que a mercancía sexa producida e distribuída nas cantidades correctas, aos lugares correctos e a tempo para lograr a satisfacción plena do cliente. Polo que as empresas intentarán optimizar o fluxo de materiais e información ao longo da cadea de suministros. Polo tanto a dirección da cadea de suministros detalla a coordinación das actividades dentro da cadea co fin de maximizala súa vantaxe competitiva e os beneficios dos consumidores finais, desta maneira potenciarase a rendibilidade da compañía.  

Antes de deseñar a cadea de suministros, as empresas deben decidir se un compoñente ou servizo é producido dentro da empresa ou é comprado a unha fonte externa(fabricación ou compra) ademais disto, se transfiren  actividades que tradicionalmente eran internas a provedores externos (subcontratación).

Por un lado, a decisión sobre fabricación ou compra dependerá de factores como o coste de fabricar, a calidade ou servizo entre outros. Na decisión a favor de comprar inflúe a falta de capital, traspaso do risco ao provedor, falta de experiencia na fabricación ou unha selección máis ampla. Na decisión a favor de fabricar destaca a inestabilidade no suministro, a calidade deficiente do suministro, o desexo de manter o proceso en secreto ou o desuso das instalacións no caso de habelas. Na realidade os maiorista e minoristas soen comprar compoñentes e subconxuntos que transforman en produtos, deste xeito compran todo o que vende.

Por outro lado, a subcontratación ou externalización é unha tendencia continuada a aproveitarse da eficiencia que ven da especialización, o provedor subcontratado ten unha especialidade concreta e permite que a empresa se poida centrar nos seus aspectos claves. A externalización supón un risco xa que se transfiren recursos e responsabilidades de determinadas tarefas a unha sociedade externa, polo tanto os xerentes deben considerar seis extratexias:

-Moitos provedores: Estratexia habitual cando os produtos son estándar, enfrontando aos provedores e recaendo o peso de satisfacer as demandas do comprador no provedor. Non se busca asociacións a longo prazo.

-Poucos provedores: Búscase crear relacións a longo prazo con poucos provedores comprometidos e implicados ca empresa, poden proporcionar innovación no deseño e experiencia tecnolóxica. Como factor negativo, o coste de cambiar de socio sería moi alto podendo chegar a converterse en prisioneiros o un do outro.

-Integración vertical: A través da integración vertical as compañías entran en actividades relacionadas co ciclo de produción dun produto ou servizo. As empresas terán capacidade para producir bens e servizos que anteriormente se compraban, ou de feito a compra dun provedor ou distribuidor. Pode tomar forma de integración cara diante, si se encarga de procesos posteriores á elaboración dun ben, ou cara atrás, abordando procesos previos á elaboración do ben. É unha estratexia que funciona mellor cando a empresa ten unha elevada cota de marcado e unha boa xestión para operar de maneira beneficiosa nas actividades do provedor adquirido.  

-Joint ventures (empresas conxuntas):Debido a perigosidade da integración vertical existen as  colaboracións formais entre empresas para mellorar a práctica en novos produtos ou nas súas habilidades tecnolóxicas, as colaboracións tamén son na seguranza do suministro ou na redución de costes. Hai que cooperar sen diluír la marca ni conceder una vantaxe competitiva.

-As redes keiretsu: A palabra keiretsu ten procedencia xaponesa e describe a coalición de empresas formada por parte de provedores. Ten unha parte, colaboración; parte, compra a uns poucos provedores; e parte, integración vertical. Os fabricantes con frecuencia converteranse en apoio financeiro dos provedores mediante a participación na propiedade ou a través de préstamos. É unha relación a longo prazo e espérase que traballen  como socios proporcionando ao fabricante experiencia técnica e produtos de calidade. Pode haber membros keiretsu que teñan os seus provedores de segundo e terceiro nivel como parte da coalición.

-Empresas virtuais: Destaca pola variedade de boas e estables relacións con provedores para proporcionar servizos baixo demanda. As relacións poden ser a corto ou longo prazo, e poden incluír auténticos socios, colaboradores ou simplemente provedores ou subcontratistas capaces. É unha experiencia de xestión especializada, baixa inversión de capital, flexibilidade e rapidez. O resultado é a eficiencia. A oferta dos provedores pode ser variada como por exemplo a xestión de nóminas, a contratación de persoal ou o deseño de produtos.  

Despois de comentalas diferentes estratexias de suministros e antes de meternos nas vantaxes e problemas dunha cadea de suministros integrada hai que mencionar os riscos que existen na cadea de suministros a día de hoxe. Tralo incremento da especialización, o custe baixo das comunicacións e a rapidez do transporte, as empresas fabrican menos e compran máis. O ter menos provedores o cliente vai depender máis dos provedores e viceversa. Neste ambiente de complexidade loxística a globalización supón retos complicados para as organizacións, que ven como pode aumentalo prazo de envío, a loxística pode ser menos fiable e os aranceis e cotas poden impedir a realización de determinados negocios. A isto hai que engadir que as cadeas de suministros internacionais complican os fluxos de información e aumentan os riscos políticos e monetarios. Ante todo isto as compañías teñen que ter resposta aos inevitables problemas que poidan suceder, tendo unhas cadeas de suministros seguras e flexibles. Como solución poden optar por un abastecemento cruzado, diversificación da cadea ou un exceso de capacidade  como resposta.

Imos falar sobre a integración na cadea de suministros pero debemos comentar previamente o efecto látigo:  é un fenómeno observado en canles de distribución. Existe unha tendencia de cambios máis e máis grandes no inventario en resposta a cambios na demanda do cliente, cando un mira as empresas na parte traseira da cadea de suministros para un produto. Pequenas variacións ao comezo da cadea convértense en grandes variacións ao final. Os problemas na dirección dunha cadea de suministros provócanos mentras as oportunidades o reducen.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (14.2 Kb)   pdf (79.8 Kb)   docx (15.2 Kb)  
Leer 8 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com