Proyecto de intervención con adolescentes en riesgo de exclusión
CARLOS PRESASTrabajo24 de Octubre de 2021
1.103 Palabras (5 Páginas)99 Visitas
1.Denominación del proyecto
Proyecto de intervención con adolescentes en riesgo de exclusión en el barrio _________
2.Naturaleza del proyecto
O Proxecto de Reeducación de Adolescentes está basado na detección do Departamento de Servicios Sociais do Concello de Lalín, dun incremento progresivo de demandas e intervencións con adolescentes en situación de conflicto: absentismo escolar, baixo rendemento, conductas agresivas e desordeadas, conductas pre-delictivas ou delictivas…
Demándase unha intervención específica para o cambio de actitudes e pautas de conducta dos adolescentes e das súas familias de procedencia para evita-la exclusión social, aínda que se levan a cabo proxecos dirixidos a esta poboación coma o de Apoio Extraescolar, faise necesario un recurso específico para a integración social deste colectivo e a mellora da sua calidade de vida.
2.Poboación destinataria
Os beneficiados por este proxecto directamente serían adolescentes con problemáticas comúns en situación de conflicto e indirectamente os seus pais e demáis familiares da sua unidade de convivencia.
3.Obxectivos
3.1.Obxectivos xerais
- Capacitar ós adolescentes de aptitudes e actitudes básicas para a súa óptima incorporación social, educativa e laboral
- Proporcionar recursos que permitan un desenvolvemento persoal enriquecedor e positivo
3.2.Obxectivos específicos
- Dotar ós adolescentes de habilidades sociais e dun pensamento crítico
- Traballar a educación para a saúde
- Crear grupos de discusión e autoaxuda para adolescentes con problemáticas comúns
- Dar unha orientación vocacional e formar ós adolescentes en como facer o seu currículum ou como afrontar unha entrevista de traballo
- Incrementar a autoestima dos rapaces
- Motivar a participación dos rapaces en actividades de ocio e tempo libre positivas da comunidade
4.Metodoloxía
O individuo non é un ser illado, o seu benestar físico e psicolóxico depende en gran medida do seu nivel de integración grupal, falar e compartir experiencias é terapéutico, créase un clima de compenetración e entendemento, unha solidariedade grupal porque identifícanse cos demais e todos saben de que se está a falar.
Os beneficios da relación de mediación tal e coma sucede no marco grupal son un pilar fundamental no que se basan os:
- Grupos de Discusión e Autoaxuda
Os grupos destas características son estructuras de pequeno tamaño orientadas á axuda mutua para obter un obxectivo específico.
Establécense reunións grupais que terán unha frecuencia semanal e unha duración aproximada de duas horas.
Os grupos estarán formados por adolescentes de idades similares e con características e problemáticas comúns, o número ideal de asistentes por sesión está entre 10 e 20, xa que un número inferior ou superior non sería operativo á hora de facer dinámicas e técnicas grupais cun grao óptimo de aproveitamento e efectividade. Están formados por iguais que se reúnen para axudarse mutuamente co propósito de cubrir necesidades comúns, obter solucións para supera-los problemas e promover o cambio.
As reunións consistirán nun obradoiro de autocoñecemento onde se pretende conseguir un entendemento positivo e unha mellora progresiva. Pretendemos a cercanía á autorrealización e alcanzamento da plenitude como persoa.
Como instrumentos de traballo utilizaremos dinámicas e técnicas grupais que nos axudarán a coñecer ós rapaces e que se coñezan entre eles para así potencia-lo grupo como axuda terapéutica.
No grupo teremos a oportunidade de:
- Exercer unha influencia positiva
- Observar o comportamento dos demáis
- Participación activa
- Aprendizaxe cooperativa
- Promover o cambio
5.Contidos
Os planteamentos que abordaremos dentro das reunións semanais co grupo de adolescentes seguerán unha serie de fases:
...