ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Protocolo contra la violencia de genero


Enviado por   •  20 de Marzo de 2022  •  Trabajos  •  4.033 Palabras (17 Páginas)  •  50 Visitas

Página 1 de 17

                                                                                                                                 

PROTOCOLO DE ACTUACION FRENTE A LA VIOLENCIA DE GENERO

INFORME DIAGNÓSTICO DE IGUALDAD

Rev 01

  1. PRESENTACIÓN DE LA EMPRESA

XXXXXXXXX. es una empresa de r é unha empresa de recente creación (2014), dedicada á construción e rehabilitación de vivendas e locais comerciais, con sede en A Coruña.

XXXXXXXXX. esta dispón dos medios humanos e técnicos necesarios á hora de executar calquera proxecto, tanto construción como rehabilitación. Está formado por un equipo técnico compacto, constante e con unha dilatada experiencia, o que lles permite afrontar diferentes tipos de proxectos, grandes ou pequenos, con solvencia e flexibilidade á hora de afrontar e decidir as solucións máis apropiadas os problemas que poden acontecer en cada momento.

Estamos presentes en sectores tan diversos como o comercio, a industria, a vivenda o as infraestruturas. Sexa cal sexa a dimensión do proxecto, XXXXXXXXX. aporta valor a cada un deles, tendo en conta o equipo de traballo altamente cualificado e de contrastada experiencia co que conta.

Conscientes da importancia desta nova ferramenta, XXXXXXXXX., procedeu a considerar este PLAN DE IGUALDADE como un novo elemento a incluír dentro do modelo organizativo da empresa.

O papel que vai xogar o PLAN DE IGUALDADE como instrumento de impulso e planificación da política de igualdade dentro da empresa vai ser de gran importancia. A existencia dun marco referencial que estableza os obxectivos a cumprir e as actuacións a desenvolver por parte de todas as áreas implicadas supón non só a posibilidade de establecer que se quere conseguir e como, senón tamén de avaliar, unha vez acabado o seu período de vixencia, o grao de cumprimento alcanzado polo Plan.

  1. INTRODUCCIÓN

El Plan de Igualdad de XXXXXXXXX, no constituye un instrumento aislado sino que se embarca bajo el paraguas institucional y legislativo mas amplio:

NORMATIVA INTERNACIONAL:

A igualdade entre as persoas, sen discriminación por razón de sexo, é un principio xurídico universal recoñecido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos entre os que cabe destacar a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller, aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 1979 e ratificada por España en 1983.

NORMATIVA COMUNITARIA:

A igualdade é un principio fundamental na Unión Europea, desde a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam, do 1 de Maio de 1997, a igualdade entre mulleres e homes, e eliminación da desigualdade entre ambos é un obxectivo transversal que debe integrarse en todas as súas políticas e accións e nas dos seus estados membros.

NORMATIVA NACIONAL:

No noso país, a Constitución de 1978 proclama no seu artigo 14 o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo; e pola súa banda, o artigo 9.2 consagra a obrigación dos poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexa real e efectiva.

O pleno recoñecemento da igualdade formal ante a lei completouse coa aprobación da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo de igualdade efectiva entre mulleres e homes removendo os obstáculos que impiden conseguila.

O art.45.1 da LOIEMH establece a obrigación das empresas de respectar a igualdade de trato e oportunidades no ámbito laboral, a cuxo efecto deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso, acordar, coa representación legal dos traballadores e traballadoras (RLT).

No 2019 dáse un avance máis cara á igualdade coa aprobación do Real Decreto-Lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación. Esta nova lexislación engade o deber de inscribir os Plans de igualdade no Rexistro de Plans de Igualdade das empresas, como parte dos Rexistros de convenios e acordos colectivos de traballo.

NORMATIVA AUTONÓMICA:

No que respecta á Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia, sinala que corresponde aos poderes públicos galegos promover as condicións para que a liberdade e igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación dos galegos na vida política, económica, cultural e social.

A través do desenvolvemento do diálogo institucional entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, o ámbito municipal preséntase como o contexto idóneo para pór en práctica medidas innovadoras para a igualdade entre mulleres e homes, xa que a Administración local é a máis próxima á cidadanía, coñece con maior profundidade as necesidades da poboación e os recursos cos que conta, e a proximidade institucional facilita a acción política que rendibilizará os recursos e garantirá a igualdade de oportunidades.

No ámbito destas competencias, a Lei galega 7/2004, de 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, supuxo importantes avances en defensa da igualdade e contra a discriminación. Coa Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, se pretende dar un paso máis adiante. Ambas foron derrogadas pola actual normativa, o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunicade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Así, a consecución da inserción laboral en clave de igualdade laboral convértese nun dos alicerces craves para facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, xa que este é un dos ámbitos onde, até agora, foi máis visible a desigualdade.

O PLAN DE IGUALADE entre mulleres e homes de XXXXXXXXX. xorde neste marco legal e normativo do cal tomou referencias para contribuír a cumprir cos obxectivos que estes instrumentos marcan.

A igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes debe ser, por tanto, unha prioridade no Plan Estratéxico da empresa, considerándose como un principio fundamental das relacións laborais e da xestión dos recursos humanos da empresa.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (26 Kb)   pdf (155 Kb)   docx (23 Kb)  
Leer 16 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com