ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Resumen Por Capítulos "Cousas" De Castelao


Enviado por   •  15 de Enero de 2015  •  2.782 Palabras (12 Páginas)  •  17.082 Visitas

Página 1 de 12

1.A carón da natureza

Cando se observa unha paisaxe da natureza non se pode ver o que realmente transmite a través da pintura, por iso Castelao prefire ser escritor para expresar mellor as suás ideas.

2.Chamábanlle a “Marquesiña”

Fala dunha rapaza pobre que le chaman a “Marquesiña”, aínda que ela non pusúe de riquezas nin poderes. O que pasa, é que súa nai serve na casa do Marqués, o pai da “Marquesiña”.

3.Onde hai un cruceiro

Onde hai un cruceiro simboliza que nel houbo un pecado e a súa vez un rezo de arrepentimento ao Ceo para que llo perdoen. Nos cruceiros hai miles de historias.

4.O Rifante

O Rifante era un mariñeiro que gañaba moito diñeiro e un gran patrón do seu barco. Traía peixe á aldea, era unha persoa moi importante.

Unha enfermidade obligouno a pasar o barco ao seu fillo maior pero un día quedou atrapado nas pedras. O Rifante non se preocupaba, tiña confianza no mar.

A fame foi chegando ao pobo e un día apareceu na casa dun amigo pedíndollediñeiro. El cría que a vergoña era peor que a fame, por iso gastaría o diñeiro nun balcón novo, e fardar de que a súa familia tiña comida para levar a boca.

O Rifante volveu outro día coa súa familia, o amigo deulle os reás, e acto seguido advirte de que se morre se lle debe diñeiro a ese bo home, ao acabar marcharon.

5.Camiño esquecido

É un camino maldito que leva a un pobo abandoado onde unha lenda conta que roubaron tesouros da vila, e o día seguinte o capitán (xefe dos ladróns) que escondeu estas riquezas apareceu morto e non se soupo máis delas. A partir daquela na aldea non pasaron máis ca desgrazas e todo o que había alí morría.

6.Na noite da derradeira novena de difuntos

A xente seguía a procesión, chorando polos difuntos mortos naqueles días. Todos choraban pola perda dalgún dos seus familiares expepto una rapaza que choraba por non ter familiares por os que chorar.

7.A ponte vella

Rosa era una costureira e Pedro un estudiante de latín. Cruzáronse nunha ponte e Pedro namorouse dela. Pasou o inverno e Pedro volveu aos estudos, pero ela xa non pasaba pola ponte porque deixara a costura. Só a vía ao pasar polos camiños pero Rosa agachaba a cabeza. Pedro oíu que Rosa tiña o mal de San Lázaro, a lepra, por iso Rosa non se acercaba a el porque non o quería contaxiar.

8.No escuro caletre de Martiño

Martiño criouse cun sancristán e cando medrou cambioulle a cerradura ao campanario porque quería vivir alí. Os rapaces non querían que mandara no campanario, por iso un día entraron e romperon con todo. Para vingarse, Mantiño contoulle historias sobre que a Santa Compaña entrara no campanario e así asustalos para nonse meteren máis con el.

9.Aínda eu non nascera

Nun pobo apareceu un raio de luz que proveñía do mar. A xente acudía a vela e cando o médico non daba crédito ao visto todos botaron en pánico e pensaron que era o fin do mundo.

Pero de súpeto aparece o dono da fabrica de salazón portando unha luz eléctrica.

10.Na “cova dos carcamáns”

Un home quere ver a una dona encantada que os mariñeiros contaban, ela se peinaba o pelo nas pedras dunha cova.

Un día viu unha pedras que se asemellaban a unha cabeza con cabelo verde. Decidiu ir a investigala e deuse conta de que era a caveira da muller da lenda.

11.Cando eu era rapaz

É unha sucesión de tres historias relacionadas.

Na primeira se conta como un home chamado Ramón Carballo emigra a varios sitios pero sempre volve pobre ata que unha vez foise e xa non volveu máis.

Na segunda parte conta que neste caso hai unha novela enteira, pero que non a fai porque non se sabe o que pasou.

Na última, explica como un home que vendía restos de persoas ten entre eles un coiro dun peito dun home onde estaba escrito o nome de Ramón Carballo.

12.O alquilador

O alquilador era un home que a xente non se explicaba como podía manter ao seu cabalo, se non tiña comida case nin para el. Pero o segredo do alquilador era que ía ao cemiterio pola noite a pañar a herba, e nonera o único, descubriu que o seu compadre “Furrica” tamén o facía.

13.Dous vellos que tamén tiveron mocedade

Dous vellos casaron por amor e viviron sempre sós. Cando o vello morreu, o levaron catro homes e a súa viúva despediuse cun “deica logo, Eleuterio” provocando a risa do pobo enteiro, sen dacatarse da dor que levaba a velliña por dentro.

14.Todos cantos sabían algo da historia da vila

A siña Siforosa era unha velliña que tódolos días rezaba unha oración por cada morto no mar. Ata rezaba pola xente que morrera fai tempo. Dende que ela morreu só quedan unhas poucas cruces en memoria dos mortos no mar.

15. Aínda eu era médico rural

Un médico subía por un camiño da serra e o lonxe viu unha dama chamada “tola do monte” que di a lenda que era unha rapaza moi bonita pero que foi enfeitizada por unha bruxa. Din que tivo un fillo, e contan que foi o demo.

16. Era un barbeiro de sábado

Un barbeiro de sábado amaba os libros que non entendía e poñíase a profundar en misterios da outra vida para sempre remetar laiándose porque non sabía latín. Ata que un día empezou a profundar en cousas miúdas como o mar, ao que considerou un fenónemo. O barbeiro morreu e deixou de profundar, porque dende aquela xa sabía o todo, sabía o que era a morte.

17. Aínda está no areal

Os vellos máis vellos dunha vila recordan o barco e o aparello que tiñan para pescar no pasado. Agora eran pobres pero eles non aceptaban esmolas, dicían que un mariñeiro sentiríase avergoñado se as pedisen. Os vellos foron morrendo, e os seguintes vellos xa pedían nas casas dos ricos.

18.Cando Bieito quedou orfo

Bieito quedou orfo e un parente das Américas veu a levalo consigo. Antes de partir agochou un ichaviño no monte. Creceu, prosperou e tivo fillos. Cando lembrou do ichaviño volveu a súa terra e o encontrou mesmo onde o deixara provocándolle grande emoción. Despois volveu xunto aos seus fillos, pero co ichaviño consigo.

19.Eu non teño mágoa do picariño

O narrador conta como non ten mágoa do picariño que non corre detrás dos automóviles para velos e só os mira de vez en cando, xa que será feliz; ten mágoa dos que si corren detrás deles e se quedan observando como pasan, eles serán infelices.

20.Se eu fose autor

O narrador conta que se fose autor escribira unha peza de teatro en dous lances; un no que aparece a xente dunha

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (16 Kb)  
Leer 11 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com