ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Tarea sobre discriminación de la mujer


Enviado por   •  19 de Abril de 2022  •  Tareas  •  1.009 Palabras (5 Páginas)  •  46 Visitas

Página 1 de 5

TAREFA SOBRE DISCRIMINACIÓN DA MULLER E SEXUALIDADE

1-Os roles, as formas de sexualidade e os criterios de beleza son naturais ou son culturais?

Eu diría que son todos máis ben culturais. Non creo que sexa pola nosa natureza humana, senón que desde os principios da nosa historia integramos que o home era o líder e o protector e a muller un ser inferior. O implantamos nas nosas cabezas coma se fose, efectivamente, algo natural, pero eu creo que se desde o inicio nos ensinaran que o home e a muller están ao mesmo nivel, nos trataríamos como iguais e non ocorrerían estas loitas reivindicativas porque non farían falta.

Na relixión, por exemplo, Eva sae da costela de Adán, polo tanto é un ser máis tardío e inferior. Se pinta como algo natural e que polo tanto ningún dos dous sexos o podemos evitar, pero ao final a relixión tamén é un concepto cultural. Na miña opinión non é algo que levemos con nós, senón unha mentalidade que adquirimos e que polo tanto podemos moldear.

2-As diferenzas emocionais e psíquicas entre homes e mulleres son mito ou realidade?

É evidente que pode haber algunha que outra diferenza entre como pensa unha muller e como pensa un home, pero creo que se debe máis ben á personalidade da persoa ou a como esta é ensinada a sentir que ao sexo co que nazcas. Hai homes moi sensibles e mulleres sen escrúpulos, e non o define o teu sexo. O máis probable e que as diferenzas emocionais e psíquicas non se deban ao sexo en si, senón á educación que recibes por ser esto ou o outro. ‘Un home non pode chorar porque iso é de nenazas’ se a un neno lle ensinas este tipo de asociacións as tendrá en mente polos prexuízos relacionados con ser home, non con ser home en si.

Por iso eu diría que é máis ben un mito que unha realidade.

3-En función dos visionados realizados. Qué diferencias  percibes entre as relacions de xénero actuais e a das de hai 50 anos. Hai modificacións cos patróns sexuais actuais Qué cambios percibes?

Nas relación de hai 50 anos está claro que estaba normalizado o feito de que a muller sempre fose un paso por detrás do home. O home é o que toma as riendas da parella, e non importa demasiado a idade á que coñeza á muller. Pola contra, naquela época as mulleres tiñan unha especie de fecha de caducidade: normalmente casaban de novas e pasado unha determinada franxa de idade eran consideradas como un fracaso ao ser xa demasiado vellas para casar. Hoxe en día isto esta máis equilibrado, as mulleres e os homes poden casar no momento en que o desexen (para as mulleres desafortunadamente só na maioría dos casos)

Tamén se lles poñían as cousas difícles ás mulleres cando mantiñan unha relación cun home, xa que eles podían salir con calquera sen ningún tipo de compromiso mentres que elas salían con UN home, e se salían era para casarse posteriormente.

Os homes encargábanse de traballar e levar diñeiro a casa, mentre que o rol feminino era cuidar da vivenda, da súa limpeza e dos fillos que tivera, que naqueles tempos usualmente eran bastantes. Para as mulleres non había vida fora do matrimonio. Nestes últimos anos é máis frecuente ver aos homes tomar un rol máis activo no coidado da casa e dos fillos, e as mulleres saen a traballar como calqueira outro. Iso si, cada familia é un mundo.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (6 Kb)   pdf (76.1 Kb)   docx (9.5 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com