ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Lectura obligatoria historia economica


Enviado por   •  7 de Marzo de 2022  •  Ensayos  •  1.071 Palabras (5 Páginas)  •  67 Visitas

Página 1 de 5

Nos tempos da Revolución Industrial, na maior parte dos países os bancos practicamente non aparecían implicados na actividade empresarial de carácter industrial e comercial, coa excepción de Bélxica. Creáronse bancos co fin de velar polos intereses das redes de comerciantes e homes de negocios que se encargaron da súa fundación

En pleno s.XIX vivíase nunha situación de total desacougo, e que conlevaba riscos demasiado elevados a creación de empresas, sendo especialmente destacables a carencia de institucións desenvolvidas e dun sistema de comunicación eficaz que permitirá establecer conexión a longa distancia e exercer un control sobre os empregados e axentes da empresa. Por toso isto, recurriuse ao establecemento de lazos persoais na empresa, co fin de preservar os intereses.

Deste xeito, a maioría das empresas eran de carácter individual ou familiar. Estas últimas mantidas grazas á política matrimonial pechada, nas cales a familia ocupaba postos importantes como socios ou estaban representados no Consello de Administración. Ademais, era a encargada de achegar os recursos necesarios de canles de información, crédito e capital humano que era necesario para o correcto funcionamento das redes de negocios. A causa de todo isto, obtivéronse resultados óptimos na proliferación de empresas británicas de carácter familiar (xa que Inglaterra presentaba unha clara hexemonía deste tipo de organización), o éxito de empresarios católicos ou xudeus…

Esta organización familiar provocou a baixada dos custos de transacción e favoreceu ao dinamismo tecnolóxico da empresa. Deste xeito, predominaron estructuras industriais nas que converxían empresas especializadas que colaboraban para beneficiarse no seu conxunto. Todas estas medidas desembocaron nunha vantaxe competitiva para as empresas, xa que esta mestura da cultura de confianza e cultura de contrato tivo repercusións moi positivas nas organizacións.

Todo isto foi posible polo grado de implicación desta empresas familiares, que sacrificaron en gran medida os beneficios polas perspectivas a longo prazo. É dicir, optaron pola repartición irregular de menores dividendos en comparación coas grandes sociedades anónimas, que tan solo eran ofrecidos cando a familia consideraba que contaba coa suficiente liquidez para facerlles fronte. Esta metodoloxía debiuse ao feito de que estas empresas familiares contaban cunha base menos sólida ca as sociedades anónimas, xa que estas últimas non se mostraban tan sensibles ás variacións producidas no mercado.

A Revolución Industrial implantou moitos cambios. Na sociedade asentáronse 2 clases sociais cad vez máis diferenciadas. Por unha banda estaban os empresarios, e pola outra atopábanse os traballadores. Ademais, xurdiu a visión idealizada e heroica do empresario, que partindo da súa orixe nas clase baixas conseguiu ascender e posicionarse socialmente, como recompensa do seu intenso esforzo e traballo.  Pero, a pesar desta especie de “lenda”, a maioría dos empresarios desta época non pertenecían á clase aristócrata nin obreira, senón que viñan dunha extensa clase media na que a implicación no comercio e industria promoveron que se crearan numerosas empresas. A organización da fábrica estaba intensamente centralizada, xa que era o empresario o que soportaba todas as responsabilidades e xestionaba todas as decisión.

Pero, a pesar desta visión optimista que ofrecía esta Revolución industrial de poder enriquecerse, tamén xurdía a maior probabilidade de fracaso, que foi vivida pola maioría das casas de banca e comercio.

Evidentemente existiron diferencias nos resultados e posta en marcha da Revolución Industrial entre os países, aínda que vemos que entre Inglaterra, EEUU, Alemaña e Francia existiron certas similitudes, como a elevada cantidade de homes de negocios procedentes de familias empresarias (unidas en numerosas ocasión a través de matrimonios, o que permitía asegurar a incorporación dun socio ou ampliar a empresa), nas que o pai era económicamente independente (xa que na época que nos atopamos as mulleres atopábanse sumidas baixo a figura patriarcal do home ou pai, que lles impedía participar activamente no negocio, e sobre todo o recoñecemento deste, xa que moitas veces eran as encargadas da xestión). As mulleres no ámbito empresarial exerceron un papel fundamental, xa que eran as viuvas as que permitían a continuidade da empresa.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (7.3 Kb)   pdf (45 Kb)   docx (9.4 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com