ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Criterios De Organización Do Espazo

palcwoman8 de Abril de 2014

5.114 Palabras (21 Páginas)245 Visitas

Página 1 de 21

Criterios de organización do espazo

Afectivas Hai que crear puntos de referencia que proporcionen seguridade e estabilidade, espazos para o contacto individual do adulto co neno, recantos íntimos, tranquilos, cómodos.

Autonomía

Nesta etapa pásase dunha total dependencia do adulto a un grao importante de autonomía. Terase que ter en conta a existencia de espazos onde o neno poida actuar libremente, facilitándolle o libre acceso aos materiais, eliminando barreiras arquitectónicas e favorecendo que constrúa ou reinvente os seus propios territorios.

Movemento

Nos primeiros anos vai logrando un progresivo control do seu corpo e cada vez maiores habilidades motrices. Debemos proporcionar espazos que favorezan o movemento, con equipamentos diversos, como ramplas, escaleiras, colchóns, espaleiras...

Socialización

O neno precisa relacionarse e comunicarse con outros nenos e con adultos. Proporcionarémoslle espazos para o grupo e tamén individuais.

Fisiolóxicas

Cales son as necesidades básicas na vida do neno e da nena? O centro de educación infantil debe proporcionar resposta para todas elas, polo que propiciará a existencia de zonas axeitadas para o cambio, a hixiene, a alimentación, o descanso...

Descubrimento, exploración, coñecemento, investigación

O neno continuamente aprende do ámbito, explórao, investiga, constrúe, transfórmao. Debemos facilitarlle ámbitos ricos en estímulos e en experiencias, que promovan a exploración e o descubrimento, a investigación con obxectos e outros materiais diversos.

Por outra banda, o espazo do centro tamén ten que favorecer a actividade lúdica, espazos axeitados para o xogo simbólico, xogos de movemento, de

construción, de invención etc.

• Necesidades dos adultos: os pais e as nais, a persoa educadora e o persoal de servizos tamén deben contar con espazos propios e cómodos onde se sentir a gusto no centro.

É necesario habilitar espazos para os encontros do equipo educativo, o persoal non docente, lugar de reunións e zonas de traballo, un lugar cómodo de encontro para intercambiar impresións, unha randeeira ou cadeira de brazos na aula, un lugar para o encontro e comunicación coas familias, un lugar para realizar reunións cos pais en gran grupo, unha zona para recibir os pais individualmente con intimidade e tranquilidade etc.

• Ámbito comunicativo: o centro destinado á educación de cero a seis anos debe promover un ambiente de comunicación, ofrecer un contorno de relaciónsricas e diversificadas. O ámbito físico pode determinar e contribuír en boa medida a creación deste marco de comunicación, contribuíndo a favorecelo e facilitalo coa súa distribución espacial.

• Espazo-tempo: en educación infantil todos os aspectos están relacionados e poden confluír nun mesmo proxecto. A organización dos espazos relaciónase tamén co xeito de organizar o tempo na escola. Os espazos serven entón para marcar un ritmo, unha sucesión de feitos e actividades na vida diaria (momento do almorzo, xogo, comida, sono, merenda...).

Principios de organización do espazo

• Favorecer o contacto e as relacións entre os nenos e entre os nenos e o adulto, logrando satisfacer as necesidades de socialización e afecto. • Favorecer distintos tipos de actividades: de expresión corporal, de expresión musical, de expresión plástica, de lectura, de xogo simbólico, de movemento, de construción, de lectura de contos etc.

• Promover a aprendizaxe, ofrecendo multitude de estímulos, facilitando o xogo, o descubrimento, a observación, a manipulación e a investigación. Adecuar a climatización, ventilación, decoración e iluminación, co fin de reunir as condicións máis idóneas.

• Adaptarse ás características e necesidades individuais. No caso da existencia dalgún tipo de necesidade educativa especial, deberanse tomar as medidas necesarias. Crear zonas illadas e tranquilas para o descanso, adaptadas ás necesidades de cada idade, así como para a hixiene e a alimentación.

• Adecuarse á organización espacial e do mobiliario atendendo á idade dos nenos, tanto en condicións de seguridade coma de materiais, de distribución etc. Adecuación de espazos para adultos como elementos importantes na escola infantil, zonas de recepción de nenos e pais, zonas de traballo para educadores, zonas de encontros con pais e zonas de reunións de grupo.

• Favorecer tamén a existencia dezonas informativas para as familias como paneis nos vestíbulos, aulas etc. Utilizar todas as zonas do centro como parte integrante deste, motivadoras para realización de actividades, murais, e vehículo de información ás familias.

• Distribuír espazos diferenciados para os nenos de diferentes idades en función das súas necesidades. Crear espazos flexibles para poder adecuarse ás decisións do equipo educativo e ás necesidades e características dos nenos.

Requisitos mínimos dos centros de educación infantil

No Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, establécense os requisitos mínimos dos centros de educación infantil.

PRIMEIRO CICLO

• Situación en locais de uso exclusivo e con acceso independente dende o exterior.

• Unha sala por cada unidade cunha superficie de dous metros cadrados por cada posto escolar e que terá, como mínimo, 30 metros cadrados. As salas destinadas a nenosmenores de dous anos disporán de áreas diferenciadas para descanso e hixiene.

• Un espazo axeitado para a preparación dos alimentos.

• Unha sala de usos múltiples de 30 metros cadrados que poderá utilizarse para comedor.

• Un patio de xogos por cada nove unidades ou fracción, de uso exclusivo do centro, cunha superficie maior de 75 metros cadrados.

• Un aseo por sala destinada a nenos de dous a tres anos, que deberá ser visible e accesible dende esta e que contará con dous lavabos e dous inodoros.

• Un aseo para o persoal separado das unidades e dos servizos dos nenos, con lavabo, inodoro e ducha.

SEGUNDO CICLO

• Os centros deberán contar cun mínimo de tres unidades.

• Unha aula por cada unidade cunha superficie de dous metros cadrados por posto escolar e que terá, como mínimo, 30 metros cadrados.

• Un patio de xogos, de uso exclusivo do centro, cunha superficie maior de 150 metros cadrados.

• Un aseo por aula, que contará con lavabo e inodoro.

NÚMERO DE ALUMNOS POR UNIDADE ESCOLAR

• Unidades para nenos menores dun ano: 8

• Unidades para nenos de dous a tres anos: 20

• Unidades para nenos dun a dous anos: 13

• Unidades para nenos de tres a seis anos: 25

Espazos interiores (I)

Entrada

• Facilita a comunicación coas familias. Unha taboleiro ou un mural con información do centro axudará.

• Debe ser alegre, acolledor, cálido, debe crear unha actitude positiva do neno cara á escola, que invite a entrar.

Galerías e corredores • Facilitan a circulación e pódense utilizar paratransmitir información, expoñendo actividades, debuxos en paneis ou murais.

• Se hai luz natural, pódese situar alí o coidado das plantas.

Comedores

Nalgunhas escolas os nenos do primeiro ciclocomen nas aulas, noutras dispoñen de comedores. En ambos os dous casos, han de manterse os seguintes criterios:

• Que non estean masificados, intentando reproducir o ambiente familiar, cunha decoración axeitada.

• Que lles permita aos nenos participar napreparación e recollida, prevendo os lugares e materiais axeitados para iso.

• Que dispoñan de mobiliario axeitado, de pequeno tamaño, mesas non moi numerosas e que lle permitan ao educador axudar os nenos e nenas.

As escolas infantís poden ser de dous tipos:

• Completas: cando teñen, polo menos, tres unidades.

• Incompletas: cando atenden poboacións con características sociodemográficas ou escolares especiais ou municipios con pouca poboación e teñen menos de tres unidades.

Espazos interiores (II)

Servizos Os máis pequenos disporán dun lugar para o cambio de cueiros, situado na propia sala, que disporá de:

• Unha bañeira do tamaño dos nenos, con auga quente e ducha de teléfono.

• Unha repisa ou superficie cuberta por un colchón impermeable (a uns 85 cm do chan cunha barreira para evitar caídas) onde espir, lavar e vestir os nenos.

• Baixo a repisa, espazo para colocar a roupa sucia e os cueiros desbotables.

• Na parte alta da parede, accesible dende a posición do educador, unsestantes ou cuadrículas poden conter a roupa de cambio e os útiles persoais de cada neno.

• Na parede e teito poden colocarse espellos para que os nenos poidan verse durante os cambios.

Sobre os dous anos, os nenos adquiren autonomía no seu acceso e utilización dos servizos, polo que convén situar algún inodoro visible para os nenos de dous a tres anos.

Sala de usos múltiples

Esta sala pode ter diversos usos, pero sinálanse dous como os máis importantes.

• Sala de psicomotricidade. Dotarase de bancos, espaleiras e barras de parede, colchóns, redes de trepar, elementos de gomaespuma, algún módulo de movemento (ramplas, tobogáns etc.).

• Sala de medios audiovisuais. Para iso necesita armarios abondos e seguros para gardar o material (televisión, vídeo, proxector de diapositivas).

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (37 Kb)
Leer 20 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com