ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Tema: A formacion da polis


Enviado por   •  2 de Octubre de 2016  •  Apuntes  •  1.377 Palabras (6 Páginas)  •  297 Visitas

Página 1 de 6
  1. FILOSOFÍA ANTIGA (I). PLATÓN.

I. Marco Histórico conceptual.

  1. A FORMACION DA PÓLIS GREGA.

  1. Introducción.

A pólis é un concepto fundamental para entender a orixe do pensamento filosófico. Como afirma o profesor Emilio Lledó, a pólis é “unha rede de convivencia, de contrastes, de críticas, de información e de ideas”.

  1. Antecedentes históricos da pólis.

Os historiadores distinguen 5 etapas na evolución da Historia do mundo grego que van desde o ano 2000 a.c. atá o 146 a.c. aproximadamente.

  1. Cultura Micénica        2000-1150        a.c..
  2. Época Escura                1150-800        a.c.    
  3. Época Arcaica                800-500        a.c.
  4. Época Clásica                500-338        a.c.
  5. Época Helenística        338-146        a.c.

A cultura micénica era unha civilización guerreira formada por reinos independentes, artellados arredor dun palacio-fortaleza controlado por un rei e unha casta militar que dominaban as aldeas.

A estructura social era vertical e moi xerarquizada e a mayoría da poboación carecía de poder e capacidade de decisión nos asuntos do reino.

Cando desaparece a civilización micénica e a sua estructura SOCIAL, as aldeas independízanse e aparece unha casta de nobres terratenientes que acaparan a riqueza económica e o poder político. Esta nobreza  (aristoi) propiciará unha forma de goberno aristocrática.

Estas aldeas escomezaron a agruparse  por intereses económicos e sociais e constituiron o xérmolo das cidades-estado, é dicir, das pólis.

  1. A formación da pólis.

A formación da pólis ten lugar na época arcaica e desenvólvese con esplendor nos séculos seguintes atá o seu declive no período helenístico.

Entre os anos 750 e 550 a.c. tivo lugar unha expansión colonial dos gregos por todo o Mediterraneo. Esta expansión foi debida a un empeoramento das condicións de vida provocado pola mala distribución das terras e polo incremento da poboación. Como consecuencia prodúcese un grande desenvolvemento da navegación e o comercio e o florecemento dunha nova clase social (os comerciantes) que reclaman maior poder social e político.

As novas colonias constitúense en cidades independentes das pólis gregas e só manteñen con elas relacións de carácter comercial ou meramente afectivas. E será nestas colonias independentes e liberadas dun réxime nobiliario, adicadas a unha actividade económica e práctica, donde nazca no século VI a.c. a ciencia e a filosofía que velozmente se traslada a Atenas e a toda a Grecia continental.

Xunto a aparición dunha clase de comerciantes moi puxante, prodúcese un cambio fundamental na estructura da defensa da pólis coa aparición da infantería militar (Hoplitas) que se incorpora e participa na guerra e na defensa da pólis por un custe asequible, nunha actividade que anteriormente era patrimonio da caballería e da nobreza.

Unha vez que esta nova clase popular participa na guerra e na defensa da pólis, adquire poder  e dereito a participar nas asambleas nas que se deciden os asuntos do goberno.

Esta incorporación provoca a organización de novas formas de goberno novos aparellos lexislativos. Estamos no tránsito dunha oligarquía a unha democracia que vai ser unha das grandes novidades que xurden a partir da formación da pólis.

D) Características e consecuencias da formación da pólis.

  1. Características.

        A pólis é o resultado dunha unión entre pequenas comunidades que se organizan como Estados independentes (Cidades-Estado).

        Cando desaparece o poder central do palacio-fortaleza, cada pólis fórmase como unidade económica, social e política, coas suas propias relacións sociais e modelos de organización. A pesares de compartir idioma, relixión e moitos lazos culturais, estas cidades-estado non poideron (nen quixeron) formar un Estado unificado porque existía unha enorme rivalidade que as mantivo en permanente conflicto durante séculos.

        A característica fundamental que aquí nos interesa salientar, é que o AGORA convértese no centro da vida social, económica e política. ÁGORA será o lugar donde os cidadáns libres comercian, discuten e toman as decisións en asamblea. Este tema resulta crucial para valorar as consecuencias deste profundo cambio.

        Outras características importantes son:

  1. Unha extensión territorial reducida.
  2. Independencia económica e autosuficiente.
  3. Independencia política (autogoberno)
  4. Culto relixioso común.
  5. Defensa do espíritu cívico. O cidadán implícase nos asuntos públicos, aos que se daba absoluta prioridade.
  6. A pólis considérase –e ísto e moi importante- o espazo NATURAL do ser humano: o home é un animal político, dirá Aristóteles.

  1.  Unha estructura social formada por: cidadáns libres que tiñan o dereito a participar na vida política; unha poboación extranxeira (metecos) que eran homes libres pero non formaban parte da vida política, e unha maioría de escravos de diversa índole, que carecían de dereitos civís e podían mercar a súa liberdade en determinadas circunstancias.

2. Consecuencias.

A pesar das contradiccións (dados os estamentos sociais existentes), a pólis xurde como un proceso de solidariedade e apoio mutuo para conseguir un ben común e unha forma de goberno afastada dos intereses particulares. Os cidadáns e os seus gobernantes, decía Aristóteles, deben obrar nobre e xenerosamente, porque na Grecia clásica tamén existían os casos de corrupción política.

Na ÁGORA non só se discute da economía e das finanzas, senón que tamén se dirimen as ideas sobre a mellor e mais favorable forma de goberno. As ideas e a linguaxe adquiren extraordinaria importancia á hora de convencer aos cidadáns.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (8.7 Kb)   pdf (102.4 Kb)   docx (16.5 Kb)  
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com