ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

SOLUCIÓN AO CASO DIAGNÓSTICO DA FUNCIÓN DE RRHH


Enviado por   •  28 de Septiembre de 2022  •  Apuntes  •  1.225 Palabras (5 Páginas)  •  117 Visitas

Página 1 de 5

SOLUCIÓN AO CASO DIAGNÓSTICO DA FUNCIÓN DE RRHH

TEMA 1 DIRECCIÓN DE RRHH

A continuación figuran orientacións sobre a solución ao caso, así como algúns dos erros detectados. A utilidade deste documento é a de chequear a solución aportada polo voso grupo para solucionar erros e aclarar os conceptos.

PREGUNTA 1

ETAPA DA FUNCIÓN ATE A 2021

Presenta características da etapa 1 ou administrativa:

- A empresa non se interesaba pola opinión nin polo nivel de satisfacción dos empregados (clima laboral).

- A participación dos traballadores era nula.

- Non se realizaban actividades de RRHH para motivar os traballadores, excepto a remuneración por encima do sector (motivacións estrictamente do ámbito económico) ou a utilización da contratación indefinida.

- As retribución estaban baseadas en primas vinculadas á produtividade

Poderíamos indicar que avanza algo e ten algúns rasgos que a poderían situar nalgunha etapa posterior, na segunda de relacións humanas, xa que realizan actividades de recrutamento interno e formación para os traballadores, non obstante é importante establecer o seguinte:

A promoción interna non tiña un enfoque de desenvolvemento, xa que non se buscaba que o traballador desenvolvese ao longo da súa vida laboral varios postos de distinto nivel na empresa para progresar na carreira profesional, senón que se recurre ao recrutamento interno solo porque non atopan persoal cualificado no mercado.

A formación tampouco ten un enfoque de desenvolvemento, solo se realizaba nunha área e para cubrir necesidades concretas, inmediatas.

Polo tanto, e como consecuencia de todo o anterior, non parece existir a función de RRHH como tal, en sentido estricto, NUNCA poderíamos situar a función na terceira etapa nin na cuarta etapa.

ETAPA DA FUNCIÓN DENDE 2021

Presenta rasgos ou características da terceira etapa da función, así podemos establecer as seguintes:

Os directivos se sitúan na teoría Y de McGregor xa que pensan que os traballadores poden aportar moito á organización, neste sentido os consideran un recurso.

Prodúcese un cambio importante na visión que ten a empresa, no interese en “promover a confianza dos empregados, o seu compromiso e iniciativa” e en promover a colaboración interna e o traballo en equipo (características da terceira etapa).

 

Se remunera non exclusivamente en base a primas á produtividade, se utiliza a retribución por obxectivos, consensúanse os obxectivos anuais para os traballadores, é dicir, os traballadores participan na fixación dos mesmos.

Os traballadores tamén participarán a través do comité de representantes e traballadores. Se constitúe como ferramenta dito comité tanto para comunicación como para participación.

Se planifica (concretamente a través do programa de captación de talento) cara ao futuro as novas incorporacións tanto cuantitativamente como cualitativamente, xa que se planifica tamén as posibilidades de promoción desas novas incorporacións....ect. Neste sentido se toma en consideración o L/P

Ademais se contrata a unha persoa en exclusiva para tratar os temas de RRHH.

En definitiva se traballan os aspectos principais da terceira fase: participación, motivación, comunicación, coordinación e o elemento humano como recurso.

Podemos considerar que se ten avanzado moito cara a fase catro ao entender o traballador como un recurso, ao planificar algunhas actividades de rrhh cara ao longo prazo, e ao considerar na estratexia da empresa como eixes algúns elementos do ámbito do elemento humano. Si entendemos que o obxectivo fixado no plan estratéxico de “reducir costes laborais vinculado a incremento no beneficio da empresa”, se pode conseguir reducindo os costes da rotación, as taxas de siniestrabilidade e absentismo, tamén poderíamos considerar que estamos na etapa 4.

PREGUNTA 2

ATE 2021

Formación: Mantemento

Recrutamento interno: Provisión

Establecemento de política retributiva en base a primas asociadas á produtividade: Mantemento

Contratación indefinida: Mantemento

DESPOIS DO ANO 2021

Política de retribución baseada en obxectivos: Mantemento

O caso da idea de que se avalía o desempeño dos traballadores anualmente: Control

Investigación laboral: Provisión

Plan de captación de talento: Planificación

Creación de comité de representantes de empresa e traballadores (resolución de conflictos) relacións laborais; (aportación de ideas) - comunicación interna - : Mantemento,

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (8.7 Kb)   pdf (98.1 Kb)   docx (14.1 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com