ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

La Sostenibilidad, Un Compromiso De La Escuela


Enviado por   •  10 de Diciembre de 2013  •  1.757 Palabras (8 Páginas)  •  264 Visitas

Página 1 de 8

ASKASIBAR, I. et al. (2006). La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Barcelona: Graó.

O texto “La sostenibilidad, un compromiso de la escuela” forma parte da colección Claves para a Innovación Educativa da editorial Graó, que presenta temas de actualidade, divulga achegas de recoñecidos especialistas e, a súa vez, proporciona pautas e exemplos de cómo levalos a práctica. Foi creada para axudar, favorecer e fomentar nos docentes e na escola unha innovación educativa real. O libro está dividido en 9 capítulos (trátase de artigos publicados en diversas revistas de índole educativa), estruturados a súa vez en 3 bloques e o seu obxectivo é fomentar na escola una conciencia ecolóxica. Deste xeito, recolle nos mesmos distintas experiencias e boas prácticas de ensinantes e/ou equipos docentes de diversos puntos de España, comprometidos con un comportamento sostible nas accións da vida cotiá e polo tanto, coa preservación e mellora do medio mediante as mesmas.

Por este motivo, cada capítulo do libro ten unha autoría, tal e como se dicía, ensinantes e/ou equipos docentes que nos achegan artigos sobre experiencias e proxectos levados a cabo nos seus centros, no seu entorno, no seu compromiso de educar na sostibilidade.

A parte introdutoria achéganola Francesc López (mestre e profesor asociado da Universidade de Barcelona e actualmente director da colección claves para a Innovación Educativa), na que nos indica referencias de interese sobre como evolucionou, co paso dos anos, a conciencia de responsabilidade dunha actitude sostible por parte de gobernos, políticos e os propios cidadáns de a pé. Neste sentido, fainos conscientes de que aínda queda moito camiño por percorrer e polo tanto, que debemos de adquirir un compromiso de educar na sostibilidade.

O capítulo I “O valor da sostibilidade”, de Teresa Franquesa (forma parte da Dirección de Educación Ambiental e Participación do Concello de Barcelona), fala de cómo é necesario cambiar a mentalidade do “consumidor”, xa que o crecemento é limitado e polo tanto, os recursos tamén, sendo a sostibilidade un reto fundamental do noso tempo. Segundo a autora, a educación (entendida como a capacitación para a acción consciente) é a clave para construír colectivamente unha “cultura de sostibilidade” a través de proxectos reais de transformación do entorno, que proporcionen criterios ós participantes e constitúan unha experiencia lograda.

No capítulo II, “Construír unha escola que eduque para o desenvolvemento sostible”, Rosa M. Pujol (docente da Universidade Autónoma de Barcelona) afirma que a escola debe educar na sostibilidade dende o compromiso tanto colectivo como individual, potenciando e desenvolvendo unha actitude crítica no alumnado. Deste xeito, indica que, educar a capacidade de actuar comporta un esforzo en cambiar os modelos vivencias e interpretativos das persoas, compromete a toda a escola (organización e funcionamento, e ós seus membros), afecta ó currículo (explícito e oculto), e basease no pensamento diverxente, na creatividade e na busca de novos tipos de acción e traballo.

No capítulo III “Sostibilidade: unha idea central unificadora”, Amparo Vilches e Daniel Gil (docentes da Universidade de Valencia) achégannos a idea de que os recursos son limitados e que debemos concienciarnos desta situación. Así, sitúannos no concepto de sostibilidade proposto pola CMMAD (Comisión Mundial do Medio Ambiente e do Desenvolvemento) no ano 1998 que o define como “o desenvolvemento que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer a súas propias necesidades”. Esta definición foi amplamente criticada por diversos estamentos, pero en realidade, todas esas críticas convértense en argumentos que a reforzan.

A partir de aquí iniciase un novo bloque, e o libro intérnase nas propostas e experiencias levadas a cabo no ámbito da Educación Infantil e Primaria. Así, no capítulo IV “A granxa-escola infantil: unha proposta para a educación infantil dende a educación ambiental”, Lorenzo Tiana (coordinador pedagóxico e subdirector dunha granxa-escola Infantil en Madrid) promove na súa escola a concienciación a través de actividades nunha granxa-escola, na que están inmersos dende o ano 1989. O obxectivo que buscan é facilitar ó profesorado a realización de experiencias curriculares de educación ambiental con alumnado de 2º ciclo de educación infantil y 1º ciclo de educación primaria. Desta forma, o que se pretende é potenciar o protagonismo e actividade do alumnado e reforzar actitudes de interese, participación, cooperación e compromiso de actuar sostiblemente.

No capítulo V “A ambientalización da xestión dos centros. Unha estratexia para fomentar unha educación ambiental orientada á acción”, Jaume Sureda (catedrático da Universidade das Illas Baleares) sostén que se fai necesaria unha coordinación no ámbito curricular e organizativo (educación para o desenvolvemento sostible). É dicir, debe existir unha coherencia entre o que se di e o que se fai en canto a ambientalización e xestión nos centros educativos pensamento ecolóxico, actuacións irresponsables). Neste sentido, a introdución da educación ambiental na escola debe preocuparse polo contido curricular e o contexto no que teñen lugar, e a relación de ensinanza-aprendizaxe.

No capítulo VI “Educación para a sostibilidade: un compromiso co futuro”, Mª José Miranda e Coral Regí (subdirectora e directora da Escola Virolai de Barcelona) explican as actividades e proxectos de educación para a sostibilidade e educación na austeridade que está levando a práctica a Escola Virolai. Así, a educación para a sostibilidade defínena como un dos eixes transversais que deben implicar, de forma activa e cooperativa, a toda a comunidade docente no conxunto dos ámbitos

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (11.7 Kb)  
Leer 7 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com